Diario Oficial de Galicia, 24-11-2006, Núm. 227, Páx. 17381
Resolución do 9 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se fai pública a inviabilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Paderne de Allariz de someterse ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.
En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira, no seu punto 2, da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a declaración de inviabilidade da obriga de someterse ao procedemento establecido no seu artigo 7, do Plan de Ordenación Municipal do Concello de Paderne de Allariz, aprobado provisionalmente o 9 de xuño de 2006, no pleno do concello.
A dita resolución pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no seguinte enderezo da internet:
http://medioambiente.xunta.es/aea/avaliación.jsp
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2006.
Emilio Manuel Fernández Suárez
Director xeral de Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL