Diario Oficial de Galicia, 04-09-2007, Núm. 171, Páx. 14741
Resolución do 9 de agosto de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de adecuación de infraestruturas de uso público no parque natural Serra da Enciña da Lastra, cofinanciada polo Feder. (Expediente 175/2007).
1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto de cada contrato:
1º Descrición do obxecto: obra de adecuación de infraestruturas de uso público no parque natural da Serra da Enciña da Lastra cofinanciada polo Feder (nº expte. 175/07).
Prazo de execución: 9 meses.
Orzamento base de licitación: setenta e catro mil corenta e nove euros con noventa e dous céntimos (74.049,92 €).
Garantía provisional: non se exixe.
Clasificación: non se exixe.
Criterios de baremación: segundo punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación da obra:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Documentación e información:
4.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán estas contratacións estarán á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistaría Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38).
Tamén se poderán obter os pregos relativos a estas contratacións a través da internet no seguinte enderezo:
1º http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8613
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.cma [at] xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-Na epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa e número de teléfono.
4.2. Información: 981 54 17 49.
5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
5.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse, en días e horas hábiles no prazo máximo de 26 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte.
5.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 3.3 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.
5.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou telefax (981 54 17 50) no mesmo día.
6. Apertura das ofertas:
A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Santiago de Compostela, ás 9.00 horas do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.
7. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago, 9 de agosto de 2007.
Jorge Antonio Santiso Blanco
Secretario xeral da Consellería de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL