RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V).

Diario Oficial de Galicia, 22-08-2019, Núm. 158, Páx. 37232
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia. En concreto os seguintes:
a) Empresas que teñan a consideración de peme ou grande empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que acheguen este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican na letra a), repercutindo, en todo caso, a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.
Consultar o artigo 3 da resolución.
Obxecto
A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2020 para a concesión de axudas do Programa estatal para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (consultar o artigo 1 da resolución).
Prazo
12 de setembro de 2019 ás 9.00 horas ata o 31 de decembro de 2020.