Resolución do 6 de xullo de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación das asistencias técnicas que se citan.

Diario Oficial de Galicia, 01-08-2007, Núm. 148, Páx. 13165
Resolución do 6 de xullo de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación das asistencias técnicas que se citan. 1. Entidade adxudicadora. 1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. 1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral. 2. Obxecto de cada contrato. 1º Descrición do obxecto: asistencia técnica para elaboración do Plan de ordenación de recursos piscícolas da cunca do río Navia, provincia de Lugo (expediente 154/2007). Prazo de execución: 4 meses. Orzamento base de licitación: corenta e nove mil novecentos setenta e catro euros con sesenta e dous céntimos (49.974,62 €). Garantía provisional: non se exixe. Criterios de baremación: os especificados no apartado 2.2.7 do prego de cláusulas administrativas particulares. 2º Descrición do obxecto: asistencia técnica para elaboración do Plan de ordenación de recursos piscícolas do río Neira, provincia de Lugo (expediente 153/2007). Prazo de execución: 4 meses. Orzamento base de licitación: trinta e cinco mil cento sesenta e catro euros con trinta e un céntimos (35.164,31 €). Garantía provisional: non se exixe. Criterios de baremación: os especificados no apartado 2.2.7 do prego de cláusulas administrativas particulares. 3º Descrición do obxecto: asistencia técnica para elaboración do Plan de ordenación de recursos piscícolas dos ríos Lor, Quiroga e Soldón, provincia de Lugo (expediente 146/2007). Prazo de execución: 3 meses. Orzamento base de licitación: trinta e seis mil oitocentos trinta euros con corenta e cinco céntimos ( 36.830,45 €). Garantía provisional: non se exixe. Criterios de baremación: os especificados no apartado 2.2.7 do prego de cláusulas administrativas particulares. 3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación de todas as subministracións. 3.1. Tramitación: ordinaria. 3.2. Procedemento: aberto. 3.3. Forma: concurso público. 4. Documentación e información. 4.1. Documentación:os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán estas contratacións, estarán á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, na Vicesecretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, sita na rúa San Lázaro, s/n (teléfono 981 54 17 43). Tamén se poderán obter os pregos relativos a estas contratacións a través da internet nas seguintes direccións: 1º http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8414 2º http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8415 3º http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8417 Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.cma [at] xunta.es, os datos que a continuación se relacionan: -No apartado Asunto: obxecto do prego. -Nome da empresa. -Nº de teléfono. 4.2. Información: Teléfono: 981 54 17 49. 5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación. 5.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse, en días e horas hábiles, no prazo máximo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte. 5.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 2.2.5. dos pregos de cláusulas administrativas particulares. 5.3. Lugar de presentación: a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. b) Enderezo: San Lázaro, s/n. c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781. d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou telefax (981 54 17 50) no mesmo día. e) No suposto de que se participe en máis dun concurso destas tres asistencias técnicas, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A a referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral. 6. Apertura das ofertas. A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, ás 9.00 horas do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora. No caso de que o día de apertura coincida entre o día 30 de xullo e o 24 de agosto (ambos os dous inclusive) a apertura de proposicións admitidas terá lugar o día 27 de agosto ás 9.00 horas. 7. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios. Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2007. Jorge Antonio Santiso Blanco Secretario general de la Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res06072007.pdf Galego
Res06072007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles