RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B).

Diario Oficial de Galicia, 14-06-2024, Núm. 115, Páx. 36044
Data norma
Organismo
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas que estean dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria e que sexan titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Axencia de Turismo de Galicia para actuacións de eficiencia enerxética e economía circular, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas turísticas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TU986B).
Prazo
Cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 05-06-2024_gl.pdf Galego
Res 05-06-2024_es.pdf Castellano
Ext Res 05-06-2024_gl.pdf Galego
Ext Res 05-06-2024_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles