Diario Oficial de Galicia, 22-07-2005, Núm. 141, Páx. 13164
Resolución do 5 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de repoboación do monte de Trabada, no concello de Trabada (Lugo), promovido pola SAT Monte de Trabada.
O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, regula no seu artigo 5 o procedemento para a declaración de impacto ambiental, establece no punto 2º do dito artigo a necesidade de someter a información pública o estudo de impacto ambiental durante un prazo de 30 días hábiles. Por todo isto,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de repoboación do monte de Trabada, na parroquia de Santa María de Trabada, concello de Trabada, na provincia de Lugo, durante un prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Segundo.-Para os oportunos efectos informativos poñeranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo, Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.
As alegacións formularanse durante o prazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2005.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes e Industrias Forestais
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
MEDIO AMBIENTE XERAL
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL