Diario Oficial de Galicia, 08-09-2005, Núm. 173, Páx. 15326
Resolución do 4 de agosto de 2005, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto de posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña no Cabo Touriñán, concello de Muxía (A Coruña), promovida por Insuiña, S.L.
En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 7, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental, emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ao proxecto de posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña no Cabo Touriñán, concello de Muxía (A Coruña), promovida por Insuiña S.L., que se resume como anexo a esta resolución.
Para os efectos oportunos, infórmase de que a antedita declaración de impacto ambiental se atopa nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Mariños; (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, rúa do Valiño 63-65. San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela), e no seguinte enderezo:
www.siam-cma.org/expaval/listadoexpedientes.asp?e=2004/0182
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2005.
P.A.
(Orde 30-4-2002)
Alba Paz Boubeta
Subdirectora xeral de Xestión Administrativa e Usos do Litoral
ANEXO - Resumo do proxectado
O proxecto refírese á instalación e explotación dunha planta de acuicultura mariña para o cultivo de peixes planos para acadar unha produción ao redor das 4.000 toneladas anuais, no Cabo Touriñán, dentro do lugar de importancia comunitario (LIC) Costa da Morte, no concello de Muxía. A vida útil da instalación calcúlase nuns 35 anos.
Presentáronse tres alternativas de localización para a granxa e escolleuse finalmente, tras unha análise comparativa, o Cabo Touriñán.
Parte da península de Cabo Touriñán está ocupada polo hábitat prioritario 4040 (Uceiras secas atlánticas costeiras de Erica vagans) de interese comunitario que na península de Cabo Touriñán se presenta pola asociación vexetal Cisto salvifolii-Ulicetum humilis.
Na documentación presentada polo promotor indícase que o proxecto da granxa se instalará, na súa meirande parte, nunha área ocupada na actualidade por formacións de pradarías, con escaso valor ambiental debido á súa orixe antrópica.
A parcela en que se localizará a planta, propiedade da empresa promotora, ten unha superficie de 350.158 m, ocupan as instalacións uns 162.566 m, dos cales 132.733 m corresponden á área de produción, 15.004 m á área de servizos e unha área de infraestruturas de 14.829 m
O plan de execución do proxecto desenvolverase en tres fases: fase I de instalación de todas as infraestruturas e das naves de produción 1, 2, 3 e 4; fase II en que se procederá á instalación dos edificios auxiliares e das naves 5, 6 e 7; fase III de instalación das naves de produción 8, 9 e 10.
A área de produción proxéctase cun deseño modular que permita unha maior adaptación á topografía, fundamentada na instalación de 10 corpos en que se implantarán as 479 piscinas de engorda e 348 piscinas de pre-engorda desmontables. Usaranse materiais como lonas e poliéster que permitan a utilización da cor verde como elemento integrador.
Na área de servizos instalaranse as edificacións auxiliares constituídas por: sala de envasado, cámara de frío e fábrica de xeo, oficinas e vestiarios así como almacéns e taller.
A área de infraestruturas comprende as instalacións necesarias para a captación de auga de mar (a obra de toma proxéctase mediante túnel escavado en rocha que conduce a auga por gravidade ata un foso de bombas), zona de recepción e bombeo, sistema de osixenación, estación de bombeo nº 2, sistema de filtración do efluente e condución de vertedura. A estación de bombeo nº 1 asociada ao pozo de captación disporá de 8 bombas; desde a estación nº 1 a auga conducirase a través de 2 tubaxes que irán soterradas cruzando a estrada, ata acadar o depósito de osixenación. Este depósito alimentará a estación de bombeo nº 2, constituída por 6 bombas, que será a encargada da distribución da auga ás distintas naves de cultivo.
O tratamento proposto para o efluente, estimado en 8,65 m/s, prevé un sistema de filtración a través de dous filtros rotativos e decantadores laminares. A saída final do efluente realizarase mediante unha condución de vertedura, constituíndo o único punto de vertedura ao mar á desembocadura da condución á cota -5.
O pechamento da parcela consistirá na instalación dunha malla metálica de 2 m de altura na parte que estrema coa estrada na parte nordés e leste e na instalación dun poste de madeira, arame vexetal e apantallado con vexetación autóctona, no perímetro oeste da área de produción.
O proxecto presentado inclúe a renovación da estrada de acceso ao faro existente nunha lonxitude aproximada de 275 m, cunha calzada composta por dous carrís de 3 m de largo e unha glorieta de 20 m de raio para resolver o cruzamento da vía principal cos accesos proxectados.
Dado que pola parcela de implantación da granxa atravesa unha liña eléctrica aérea de 20 kV que lle dá servizo ao faro, prevese o seu traslado á marxe dereita da vía de acceso ao faro, en toda a lonxitude de afección á parcela, empregando para iso unha canalización soterrada, discorrendo o trazado paralelo á estrada de acceso ao Faro de Touriñán.
O proxecto incorpora a construción dun aparcadoiro público para seis prazas paralelas á vía de servizo do faro, así como a instalación dun observatorio de aves na franxa SE das futuras instalacións, que se lle cederá ao concello para a súa xestión.
Resumo das medidas protectoras
Durante a fase de deseño do proxecto.
- Pechamento da parcela con pantalla de ocultación de material lixeiro e cores verdosas.
- A ocupación das novas instalacións acadará un pouco máis da metade da superficie da parcela dispoñible, preservándose unha extensa área en boas condicións de naturalidade. A área de ocupación localízase na zona de maior ocultamento.
- Cumprimento do deseño técnico do proxecto no que se refire a pendentes, noiros e morfoloxía, evitando os noiros nus e a introdución de volumes de edificación que distorsionen a morfoloxía da paisaxe.
- Esta nova distribución das instalacións constitúe unha importante proposta de deseño de integración dunha actividade industrial nun ámbito xeogáfico sensible con débil capacidade de acollida. Así, a preservación da biodiversidade na área xeográfica seleccionada está asegurada, procurando en todo momento o desenvolvemento sustentable da franxa da costa.
- Os elementos correspondentes a dotacións de servizo (toma, captación, condución depósito de osixenación, etcétera), quedarán soterradas ou a cota de nivel para minimizar os efectos paisaxísticos.
- O abastecemento de auga realizarase por impulsión e o fluxo de saneamento por gravidade.
- A saída do efluente conta cunha depuración por filtración previa á evacuación da auga mariña en posición e cota axeitada para a súa correcta dilución.
- Instalación dun observatorio de aves.
Durante a fase de construción.
- Unha vez realizado o replanteo do proxecto, ao inicio da fase de obras, definiranse exactamente os elementos mecánicos necesarios para a implementación das instalacións, localizando o parque da maquinaria dentro da área da parcela.
- Previamente ao inicio de obras disporase dun pechamento da parcela con balizamento específico para a zona de obras, proteccións de paso e unha área de amoreamento para a colocación dos elementos de obra.
- Os labores de roza e preparación do terreo débense realizar correctamente separando a terra vexetal das capas subxacentes co fin de reutilizar a cuberta de material edáfico nas tarefas de adecuación ambiental e estética previstas no plan de restauración.
- O amoreamento do solo vexetal farase en cúmulos de forma trapezoidal de 6 m de base inferior, 2 m de base superior e non máis de 3 m de altura, que deben ser regados periodicamente, na época de seca, co fin de que se manteñan activos os procesos biolóxicos e as condicións bioxeoquímicas do solo. O resto de material rochoso que non se utilice nos labores de recheo trasladarase a vertedoiro de estériles nos lugares indicados polo concello.
- Realizarase un control topográfico durante a explanación e escavación para a instalación dos elementos soterrados e cimentacións. Así mesmo, aquilataranse as dimensións de perforacións e voaduras cando sexan necesarias.
- Controlaranse os niveis de presión sonora tal e como se indica no Plan de Seguimento e Vixilancia Ambiental xa que os labores de construción e instalación da granxa comportan a xeración de impactos sonoros, entre os cales cabe destacar os producidos pola perforación mecánica, que será de carácter ocasional. A intensidade sonora, aínda que de curta duración, poderá afectar de xeito leve ás aves nidificadas paseriformes (chasco, papuxa e carrizo) existentes no contorno da zona de actuación, polo que se recomenda que non exista coincidencia no tempo coa época de reprodución (primavera).
- Control exhaustivo da instalación da tubaxe de captación con preservación de derramas ou verteduras de materiais tanto na zona do areal como na zona somerxida.
- Instalación dunha rede de drenaxe perimetral para evitar o arrastre de material na superficie de obra.
- Acondicionamento e rehabilitación das zonas afectadas, incluídas as superficies dos tramos de conducións soterradas, restaurando os solos alterados e favorecendo a reinstalación da vexetación orixinal, mediante a execución do plan de restauracion previsto.
- No que se refire á instalación da liña eléctrica soterrada, procederase á reposición e revexetación da superficie da gabia.
- A pesar da localización da actuación no ámbito do LIC Costa da Morte, non se detectou a presenza de hábitats prioritarios protexidos, polo que non se considera necesario establecer medidas compensatorias. Non obstante, no plan de recuperación e revexetación prevese a posibilidade de introducir a especie de breixo para a restauración última da área afectada.
Durante a fase de funcionamento.
- Mantemento das instalacións, mantendo os elementos en bo estado de conservación posto que, aínda que non de moita afluencia, o Faro de Touriñán é un lugar de atracción e visitantes.
- Control no sistema de captación. Manterase limpa a reixa de filtración de auga de mar para separar as algas. Aplicarase a rede de osixenación de emerxencia cando sexa necesario.
- Controlarase a correcta operatividade do sistema, en todos os procesos de operación tal e como se indica no documento técnico de proxecto.
- Control e seguimento puntual do sistema de circulación de auga e moi especialmente dos procesos asociados á depuración das augas, para minimizar eventuais descargas de contaminación asociada ás augas de vertedura.
- As medidas correctoras para mitigar a presenza de sólidos disoltos na vertedura forman parte do deseño de proxecto cun proceso de filtración, sendo a difusión do efluente alta, polo que non se producirán impactos ao medio mariño. As concentracións atópanse moi por debaixo dos niveis axeitados e recomendados para o uso de baño.
- Evitarase o uso de deterxentes fosfatados para a limpeza dos tanques e instalacións e, de ser o caso, desviaranse as augas procedentes da limpeza á fosa séptica, que será de carácter modular.
- Control de captura ou pesca para o seu correcto tratamento, manufacturación e comercialización do produto. Os restos de animais mortos enviaranse ao xestor autorizado.
Durante a fase de abandono.
- Procederase ao desmantelamento de todas as estruturas, á nivelación do terreo restablecendo no posible a topografía orixinal, restaurando o solo e revexetando con especies axeitadas ao ámbito seguindo as pautas establecidas no plan de restauración.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL