Resolución do 31 de xullo de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de rehabilitación do antigo edificio Lagar do Centro de Investigación e Información Ambiental de Galicia (Lourizán-Pontevedra). (Expediente 169/2007).

Diario Oficial de Galicia, 27-08-2007, Núm. 165, Páx. 14361
Resolución do 31 de xullo de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de rehabilitación do antigo edificio Lagar do Centro de Investigación e Información Ambiental de Galicia (Lourizán-Pontevedra). (Expediente 169/2007). 1. Entidade adxudicadora. 1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. 1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral. 2. Obxecto do contrato: obra de rehabilitación do antigo edificio Lagar do Centro de Investigación e Información Ambiental de Galicia (Lourizán-Pontevedra) (expediente 169/2007). Prazo de execución: vinte (20) meses. Orzamento base de licitación: un millón seiscentos cincuenta e seis mil catrocentos oitenta euros (1.656.480 €). Garantía provisional: non se exixe. Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d); grupo C, subgrupo 8, categoría d). Variantes: non se admiten. Criterios de adxudicación: segundo o especificado no punto 3.4 de prego de cláusulas administrativas particulares. 3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación de todas as obras. 3.1. Tramitación: ordinaria. 3.2. Procedemento: aberto. 3.3. Forma: concurso público. 4. Documentación e información. 4.1. Documentación: Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán estas contratacións estarán á disposición dos interesados, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistaría Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, 2 en Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38). Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación, a través da internet no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8546 Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.cma [at] xunta.es, os datos que a continuación se relacionan: -Na epígrafe Asunto: obxecto do prego. -Nome da empresa e número de teléfono. 4.2. Información: 981 54 17 49. 5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación 5.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse, en días e horas hábiles, no prazo máximo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte. 5.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 3.3. dos pregos de cláusulas administrativas particulares. 5.3. Lugar de presentación: a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. b) Enderezo: San Lázaro, s/n. c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781. d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 17 50) no mesmo día. 6. Apertura das ofertas. A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Santiago de Compostela, ás 9.00 horas do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora. 7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2007. Jorge Antonio Santiso Blanco Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res31072007.pdf Galego
Res31072007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles