Resolución do 31 de marzo de 2006 pola que se declara a aplicabilidade da do 27 de xaneiro de 2005, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2005, modificada pola Resolución do 12 de agosto de 2005.

Diario Oficial de Galicia, 07-04-2006, Núm. 69, Páx. 5564
Resolución do 31 de marzo de 2006 pola que se declara a aplicabilidade da do 27 de xaneiro de 2005, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2005, modificada pola Resolución do 12 de agosto de 2005. Co obxecto de evitar os incendios forestais afectantes aos montes galegos e de cara a eliminar ou, cando menos, paliar os danos e perdas por eles producidos aprobouse o Decreto 21/2005, do 20 de xaneiro, de prevención de incendios e regulación de aproveitamentos forestais, en uso das facultades preventivas, atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia pola Lei 43/2003, do 20 de xaneiro, de montes. Mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2005, modificada por Resolución do 12 de agosto de 2005, reguláronse unha serie de medidas e prohibicións concretas co fin de previr e evitar a aparición e propagación de incendios nos montes galegos. Na actualidade estase a tramitar unha disposición que, en atención ás necesidades presentes na realidade galega, refunda e actualice a normativa existente en materia de prevención de incendios. No ínterin e co obxecto de clarexar a presente situación resulta conveniente declarar a aplicabilidade da antedita resolución, ata que entre en vigor a norma reguladora das medidas dirixidas a previr e evitar os incendios nos montes galegos. En virtude do anterior, RESOLVO: Declarar a aplicabilidade da Resolución do 27 de xaneiro de 2005, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2005, modificada pola Resolución do 12 de agosto de 2005, ata a entrada en vigor da nova normativa que regule medidas preventivas en materia de incendios forestais. Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2006. Alberte Blanco Casal Director xeral de Montes e Industrias Forestais
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res31032006.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles