RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

Diario Oficial de Galicia, 20-02-2020, Núm. 35, Páx. 12193
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación beneficiaria dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha das convocatorias dos anos 2016 e 2017 e que non desfrutaran ou estean a desfrutar de axudas para a súa consolidación.
Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a consolidación das unidades mixtas de investigación creadas e postas en marcha ao abeiro das convocatorias de axudas de Gain dos anos 2016 e 2017.
O obxectivo das axudas convocadas é a consolidación, o fortalecemento e o mantemento da actividade investigadora e innovadora destas unidades mixtas de investigación, dando así continuidade e evolución ás expectativas, obxectivos e resultados das súas liñas de investigación e traballo co desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 31-12-2019. IN835B_gl.pdf Galego
Res 31-12-2019. IN853B_es.pdf Castellano
Extracto Res 31-12-2019. IN835B_gl.pdf Galego
Extracto Res 31-12-2019. IN853B_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles