RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022 pola que se invita os posibles beneficiarios para que manifesten o seu interese en acceder a axudas para actuacións en materia de residuos cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU) para o período 2022-2026.

Diario Oficial de Galicia, 11-07-2022, Núm. 131, Páx. 39364
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Os municipios ou outras entidades locais (mancomunidades, deputacións, etc.), ou os consorcios constituídos polas ditas entidades locais, que teñan asumida a competencia de prestar os servizos de recollida ou de tratamento de residuos e que presenten proxectos sobre os servizos da súa competencia para o seu financiamento.
b) As entidades xurídicas públicas e privadas (empresas, asociacións, gremios, fundacións, entidades sen ánimo de lucro, escolas e universidades, etc.) que xeren residuos comerciais non perigosos ou domésticos xerados nas industrias, e presenten un proxecto de recollida separada; ou
c) Os xestores de residuos.
Obxecto
Obxectivo axudar á concreción das liñas estratéxicas de actuación, cos seus mecanismos de financiamento ou outros mecanismos de apoio, así como os parámetros técnicos que deben rexer, se é o caso, a avaliación ou selección das actuacións, así como aquelas entidades interesadas en desenvolvelas.
Prazo
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 30-06-2022_axudas_residuos_gl.pdf galego
Res 30-06-2022 ayudas_residuos_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles