Diario Oficial de Galicia, 27-11-2006, Núm. 228, Páx. 17437
Resolución do 30 de outubro de 2006, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, do 13 de outubro de 2006, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e relativa ao proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Atención Especial a Persoas con Parálise Cerebral en Sada (A Coruña), promovido pola Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace). (Clave 0253/2006).
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do 13 de outubro de 2006, pola que se formula a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Atención Especial a Persoas con Parálise Cerebral en Sada (A Coruña), promovido pola Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace), que de seguido se transcribe xunto cos seus dous anexos.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2006.
Ramón Saúl Lueje Espina
Director xeral de Urbanismo
Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 13 de outubro de 2006, relativa ao proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Atención Especial a Persoas con Parálise Cerebral en Sada (A Coruña), promovido pola Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace), (clave 0253/2006).
Antecedentes.
O Consello da Xunta de Galicia acordou o 27 de xullo de 2006 declarar como de incidencia supramunicipal o proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Atención Especial a Persoas con Parálise Cerebral promovido pola Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace).
O Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, establece a obrigatoriedade de someter a unha avaliación de impacto ambiental os proxectos declarados como de incidencia supramunicipal.
En aplicación da referida normativa, corresponde o sometemento do proxecto sectorial para a ampliación do centro de atención especial a persoas con parálise cerebral promovido pola Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace) ao trámite de avaliación de impacto ambiental.
O obxecto do proxecto é a ampliación das instalacións que Aspace posúe na parroquia de Osedo, no concello de Sada, (A Coruña) e que dedica a centro de atención especial a persoas afectadas de parálise cerebral, coa finalidade de cubrir a demanda de prazas existente na actualidade.
Mediante Anuncio do 2 de agosto de 2006, (publicado no DOG nº 154, do 10 de agosto) a Dirección Xeral de Urbanismo, someteu a información pública o estudo ambiental do proxecto sectorial para a ampliación do centro de atención especial a persoas con parálise cerebral, no concello de Sada (A Coruña) promovido pola Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace).
O 2 de outubro de 2006 recíbese na Consellería de Medio Ambiente o expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, no cal se inclúe ademais do seu informe, o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, non constando a formulación de alegacións durante o período de información pública.
Posteriormente a Dirección Xeral de Conservación da Natureza remítenos o seu informe.
Cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, (e posteriores correccións de erros), formula unicamente para os efectos ambientais, a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto sectorial para a ampliación do centro de atención especial a persoas con parálise cerebral, no concello de Sada (A Coruña) promovido pola Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace).
No anexo I resúmese o proxectado e no anexo II as medidas correctoras propostas no estudo ambiental.
Declaración de impacto ambiental.
Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto presentado é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente DIA, prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, de manifestarse calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano -a iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo-, poderá ditar unicamente para os efectos ambientais condicionados adicionais ao anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor co obxecto de incorporar medidas que fornezan unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, presentando a documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
1. Ámbito da declaración.
A presente declaración refírese en exclusiva ás actuacións previstas no documento «Proxecto Sectorial. Ampliación de Centro de Atención Especial a Persoas con Parálise Cerebral. Maio 2006» que se desenvolverán nunha parcela na rúa de Casteliño, nº 24, na parroquia de Osedo, no concello de Sada (A Coruña).
2. Condicións xerais.
2.1. Sobre a protección da atmosfera.
2.1.1. Cumprirase, tanto na fase de obras como na de funcionamento, co disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, no caso de que dispoña dela, co establecido na ordenanza do Concello de Sada.
2.1.2. A maquinaria empregada no proceso construtivo cumprirá coa normativa de emsións que lle resulte de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ao respecto.
2.1.3. Co fin de minimizar a emisión de po á atmosfera, ademais das medidas previstas no estudo ambiental, os camións de transporte de terras e outros materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar; asemade, procederase ao lavado das rodas e baixos previamente á súa saída ás estradas públicas.
2.1.4. Queda prohibida a queima de restos ou de calquera tipo de material procedente da obra sen o oportuno permiso.
2.2. Sobre a protección do solo.
2.2.1. Os labores de mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de contaminación por derramos accidentais. No caso de que isto non fose posible e estas tarefas se realizasen na zona de obras, previamente deberán dispoñerse os medios necesarios para evitar a chegada de verteduras accidentais ao solo, facilitando a súa recolla.
2.2.2. Para a localización das instalacións auxiliares á obra (parque de maquinaria, zona de almacenamento de materiais, etcétera) seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental que se dotará dos equipamentos necesarios para asegurar un funcionamento ambientalmente seguro das instalacións.
2.2.3. Ao finalizar as obras, e antes da posta en funcionamento das instalacións, a zona debe quedar totalmente limpa, téndose retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.
2.2.4. Na fase de abandono, de ser o caso, unha vez finalizada a explotación das instalacións, levaranse a cabo todas as accións necesarias para recuperar a zona ocupada polas instalacións tendo en conta os usos futuros da área afectada, contemplando con carácter xeral a retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación e sendo entregados todos estes elementos a un xestor autorizado para a súa correcta xestión.
2.3. Sobre a xestión dos residuos.
2.3.1. Todos os residuos que se xeren como consecuencia da construción e explotación das instalacións deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reutilización fronte á reciclaxe e ambas fronte á vertedura.
2.3.2. Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo aos criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presenza.
2.3.3. Estudarase a posibilidade de que, no caso de que se xeren residuos de construción e demolición, sexan reciclados co fin de utilizalos na obra. En caso de que isto non sexa posible serán entregados a xestor autorizado.
2.4. Sobre a protección das augas.
2.4.1. Durante a execución dos traballos terase especial coidado en evitar fugas de formigóns e cementos ás augas, non se permitirá que as formigoneiras se desfagan do sobrante de formigón, nin que limpen o contido das cubas, nin as ferramentas nas proximidades de correntes de auga por moi pequenas que estas sexan.
2.4.2. Se non se prevé a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde estación ou estacións localizadas fóra da zona de obras e que conten coas debidas autorizacións.
2.4.3. As augas residuais que se xeren nas casetas de obra, de ser o caso, deberán ser conducidas ata un sistema que garanta o seu axeitado tratamento, que deberá ser mantido periodicamente para asegurar o seu correcto funcionamento, entregando os residuos xerados a un xestor autorizado.
2.5. Sobre a protección da fauna e da vexetación.
2.5.1. A roza, movementos de terra e outros traballos que puideren perxudicar a fauna na súa época de cría, farase fóra do dito período. No caso de imposibilidade de evitar esa época, no desenvolvemento dos traballos, estes iniciaranse antes do comezo do período máis sensible, evitando así que a afección se produza sobre animais en reprodución.
2.5.2. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra.
2.5.3. Na xestión da biomasa vexetal eliminada prevalecerá a súa valorización, evitando a queima destes restos que, de ser o caso, terá que contar coa preceptiva autorización. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, procederase á súa trituración e esparexemento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ao solo, diminuír o risco de incendios forestais e evitar a aparición de doenzas ou pragas.
2.5.4. No caso de ser necesaria a utilización de fitosanitarios para o mantemento do axardinamento, estes deberán ser sempre os autorizados pola normativa vixente, biodegradables e de baixa toxicidade.
2.6. Sobre as infraestruturas.
2.6.1. Se con motivo da execución do proxecto ou calquera actividade relacionada con este (tránsito de maquinaria, transporte de material, etcétera) se producise a deterioración de estradas, camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente, deberá restituírse a súa calidade aos niveis previos ao inicio da execución.
2.7. Sobre a integración paisaxística.
2.7.1. Integraranse paisaxisticamente as instalacións e demais actuacións proxectadas coa contorna, de xeito que harmonicen coas características e paisaxe da zona onde se desenvolven. Neste senso, na selección dos complementos, así como para os acabamentos finais, terase en conta que sexan concordantes cos existentes, de xeito que se garanta a súa continuidade.
2.7.2. As sementeiras e/ou plantacións proxectadas levaranse a cabo con especies autóctonas locais, tendo en conta as características físicas da zona de actuación e a composición da vexetación da súa contorna inmediata.
2.8. Sobre o programa de vixilancia e seguimento ambiental.
2.8.1. Levarase a cabo un programa de vixilancia e seguimento ambiental co obxectivo de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e todos aqueles condicionados que se deriven desta DIA, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ambiental ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
2.8.2. No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, ao órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
2.8.3. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo.
2.8.4. Ao final das obras, o promotor comunicará ao órgano substantivo a data prevista para a utilización das instalacións e presentará a seguinte documentación:
a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos realizados, medidas protectoras e correctoras levadas a cabo durante as obras e resultado destas (control de eficacia), e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a todos os aspectos incluídos no estudo ambiental e no condicionado desta declaración. Asemade, indicaranse as incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas.
b) Plano en coordenadas UTM, a escala axeitada, onde se reflictan todas as obras realizadas e os distintos elementos implantados.
c) Reportaxe fotográfica que recolla os aspectos máis salientables da actuación e que reflicta o estado final da obra.
2.8.5. Previamente ao abandono, nun prazo de seis (6) meses previos á finalización do uso das instalacións, remitirase un programa de abandono das instalacións, que conterá as accións previstas polo promotor en cumprimento do punto 2.2.4. desta DIA.
2.8.6. Posteriormente ao abandono, nun prazo máximo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono das instalacións, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención da xestión aplicada aos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono.
A antedita documentación deberá estar asinada polo/s técnico/s responsable/s da súa elaboración, coa supervisión -se é o caso- do responsable do control do seguimento ambiental.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2006.
Joaquín Lucas Buergo del Río
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I - Resumo do proxectado
Segundo se deriva da documentación presentada e información dispoñible o proxecto refírese á ampliación que Aspace proxecta nas instalacións que posúe na parroquia de Osedo, no concello de Sada (A Coruña) dedicadas á atención de persoas con parálise cerebral, co obxecto de cubrir a demanda de prazas existente.
Para o desenvolvemento da súa actividade Aspace conta na actualidade cunha residencia e cun centro de día onde se leva a cabo o labor asistencial. As instalacións compleméntanse cunha área pechada e cuberta dedicada a xogos e deportes para o mantemento e desenvolvemento da capacidade psicomotriz, unha piscina para tratamentos rehabilitadores, así como diversos invernadoiros e espazos exteriores dedicados a labores agropecuarios que facilitan a integración en grupos de traballo e desenvolvemento persoal.
A parcela onde se levarán a cabo as actuacións conta cunha superficie de 11.812,022 m que limita ao norte e ao leste con predios de propiedade privada, ao sur cunha vía asfaltada de sección rodada que conduce á antiga estrada de Sada e ao oeste cun camiño veciñal.
A ampliación ocupará unha superficie duns 750 m e afectará a área residencial (aumentándoa en 16 prazas) e a área educativa (separándoa funcionalmente en dúas áreas segundo idades).
O proxecto inclúe as obras de urbanización nas vías e no aparcadoiro, nunha superficie total de 1.506,58 m procedendo, no sistema viario principal, ao asfaltamento da sección viaria e aparcadoiro e á pavimentación da superficie de beirarrúas e, no viario secundario, ao asfaltamento con pavimentos brandos que non desvirtúen o carácter de camiño que ten na actualidade.
Prevese destinar unha superficie de 1.465,83 m a zona verde, deixándoa como está na actualidade excepto a plantación de arboredo e a creación do muro de contención desta na súa estrema leste.
No referente ás infraestruturas, os medios existentes de saneamento (rede de fecais e rede de pluviais) abastecemento de auga, rede eléctrica e de iluminación pública son suficientes, non necesitándose, polo tanto, obras complementarias.
O terreo sobre o cal se desenvolverán as actuacións dedícase na actualidade a invernadoiros lixeiros para o cultivo de flores e hortalizas de consumo propio, ocupando nestes momentos unha superficie de 600 m.
ANEXO II - Resumo das medidas correctoras
Sobre o medio aéreo.
- No caso de que as obras coincidan coa estación seca, procederase á rega das superficies afectadas.
- Afastamento das máquinas con emisión de ruídos elevada (compresores, etcétera) das vivendas próximas habitadas e da área de arboredo próximo.
Sobre o medio hídrico.
- Control das verteduras de restos do material empregado na fase de obra.
- Control periódico na fase de funcionamento dos niveis de concentración de produtos fitosanitarios nas verteduras realizados á rede de pluviais.
Sobre o medio edáfico.
- Durante os movementos de terra, farase amoreamento da capa de terra vexetal en pequenos montes, sen compactar e de espesor non superior aos 1,5-2 metros para posibilitar a aireación das capas da base, procurando amorear independentemente os materiais de peor calidade correspondentes á extracción de terras de capas máis profundas, por debaixo dos 20-30 centímetros da superficie. Unha vez realizadas as obras de construción, estas terras deberán reutilizarse en zonas verdes e xardíns de parcelas, poñendo especial coidado en que sexa a capa de terra vexetal de boa calidade a que se estenda en último lugar.
Sobre a paisaxe.
- Crearase unha pantalla arbórea na ladeira norleste da edificación proxectada para minimizar os posibles efectos visuais.
- Darase un tratamento de xardinaría colgante ao muro de contención da zona verde.
- O camiño situado na estrema oeste da actuación tratarase con terra batida ou con terra-cemento para a súa consolidación con pequenas actuacións de control das pluviais que eviten a súa deteriorización. O criterio das accións que se produzan sobre el deben partir da base da conservación do seu carácter de camiño.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL