Resolución do 30 de maio de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública o proxecto de decreto, polo que se crea o Observatorio Galego da Biodiversidade e se determinan as súas funcións, composición e funcionamento.

Diario Oficial de Galicia, 05-06-2007, Núm. 107, Páx. 9480
Resolución do 30 de maio de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública o proxecto de decreto, polo que se crea o Observatorio Galego da Biodiversidade e se determinan as súas funcións, composición e funcionamento. A conservación da biodiversidade, na súas formas xenética, de especies e de comunidades, debe de ser un dos obxectivos prioritarios da política vixente, contexto no que se enmarcan tanto a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, como o Decreto 88/2007 polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Para o desenvolvemento de dita tarefa do xeito máis eficaz posible é aconsellable que a Administración dispoña da información máis completa e actualizada posible da situación da nosa biodiversidade. Neste contexto a Administración galega pretende crear un órgano asesor denominado Observatorio Galego da Biodiversidade coa función específica de acadar toda a información posible sobre a situación da nosa biodiversidade e que sirva de mecanismo de cooperación nese ámbito entre a consellería competente en materia de ambiente, as universidades, institutos de investigación e outras organizacións que poidan achegar información sobre o tema. Sendo o fomento da participación pública un dos principios inspiradores da Lei 9/2001, de conservación da natureza, considérase necesario someter a información pública o proxecto normativo polo que se crea o Observatorio Galego da Biodiversidade e se determinan as súas funcións, composición e funcionamento. Por todo o exposto, RESOLVO: Primeiro.-Someter a información pública o proxecto de decreto polo que se crea o Observatorio Galego da Biodiversidade e se determinan as súas funcións, composición e funcionamento. Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse exemplares do proxecto de decreto á disposición dos interesados nas seguintes dependencias: -Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela. -Delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: * A Coruña, praza Luís Seoane, s/n. 15008 A Coruña. * Lugo, rolda da Muralla, nº 70. 27071 Lugo. * Ourense, rúa do Paseo, 18-5º. 32003 Ourense. * Pontevedra, rúa Nova de Abaixo, 2. 36071 Pontevedra. Así mesmo, poderase consultar o texto da proposta na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: (http://medioambiente.xunta.es/participacion.do). Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do seguinte día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 30 de maio de 2007. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res30052007.pdf Galego
Res30052007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles