RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022 pola que se regula a xestión en Galicia do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para promotores públicos e privados distintos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

Diario Oficial de Galicia, 07-02-2023, Núm. 26, Páx. 12051
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras deste programa contidas no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, coas especificacións recollidas nesta resolución.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular a xestión do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro), para promotores públicos e privados, distintos do IGVS, que se tramitará co código de procedemento VI406J.
Prazo
Ata o 6 de outubro de 2023
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 30-12-2022_axudas_vivenda_gl.pdf galego
Ex Res 30-12-2022_ayudas_vivienda_es.pdf castellano
Res 30-12-2022_ayudas_vivienda_es.pdf castellano
Ex Res 30-12-2022_axudas_vivenda_gl.pdf galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles