Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril).

Diario Oficial de Galicia, 19-05-2004, Núm. 95, Páx. 7073
Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril). O Decreto 72/2004, do 12 de abril, declara como zonas de especial protección dos valores naturais os lugares de importancia comunitaria que forman parte da rede Natura 2000 e as zonas de especial protección para as aves, e establece a denominación, superficie de cada unha delas, así como os concellos onde se sitúan. Para darlle unha maior publicidade á delimitación destas zonas, esta dirección xeral ACORDA: Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollan os límites de cada unha das zonas de especial protección dos valores naturais a que fai referencia o mencionado Decreto 72/2004, do 12 de abril. Ademais, os límites dos espacios que conforman as zonas de especial protección dos valores naturais a que fai referencia o citado decreto poden ser consultados na páxina web da Consellería de Medio Ambiente ( http://www.xunta.es/conselle/cma/consnat.htm ) Santiago de Compostela, 30 de abril de 2004. Javier Ruiz de Almirón Schlung Director xeral de Conservación da Natureza Os límites dos espacios que conforman as zonas de especial protección dos valores naturais soamente están dispoñibles no arquivo PDF en galego.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Cartografia_es.pdf Castellano
Cartografia.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles