RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas a asociacións e fundacións de Galicia, ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) pola que esta consellería fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975L).

Diario Oficial de Galicia, 12-08-2022, Núm. 154, Páx. 43835
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar Anexo
Obxecto
Consultar a Orde do 13 de decembro de 2021 (DOG nº 238, do 14 de decembro) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras.
Prazo
Consultar bases