RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

Diario Oficial de Galicia, 18-08-2025, Núm. 156, Páx. 44635
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas das cales polo menos unha debe ser unha peme, que formen parte dunha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación, no marco do Programa de unidades mixtas de investigación, mediante as seguintes modalidades:

• Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación, procedemento IN853A.
• Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, procedemento IN853B.
• Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación, procedemento IN853C.
Así mesmo, convócanse as ditas axudas para o ano 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva
Prazo
Rematará o 22 de setembro de 2025.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 29-07-2025_gl.pdf Galego
Ext_Res 29-07-2025_gl.pdf Galego
Res 29-07-2025_es.pdf Castellano
Ext_Res 29-07-2025_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles