Diario Oficial de Galicia, 18-02-2004, Núm. 34, Páx. 2205
Resolución do 29 de xaneiro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle autoriza á empresa Somozas Energías y Recursos Medioambientales, S.A. a instalación dunha planta de biomasa no parque empresarial das Somozas (A Coruña). (Expediente IN407A 03/331).
Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Somozas Energías y Recursos Medioambientales, S.A. (Soermasa), con enderezo social para efectos de notificacións en lugar da Igrexa, 15565 As Somozas (A Coruña), resultan os seguintes
Antecedentes de feito
Primeiro.- Con data do 14 de outubro de 2003, a empresa Somozas Energías y Recursos Medioambientales, S.A. (Soermasa) solicitou a autorización administrativa dunha planta de xeración eléctrica utilizando como combustible principal biomasa secundaria de restos forestais e ata un 10% de combustibles convencionais, situada no polígono industrial das Somozas. Xunta á dita solicitude o preceptivo proxecto básico das instalacións.
Segundo.- As características básicas da planta de xeración serán as seguintes:
- Caldeira de vapor cunha turbina de 7.700 kW.
- Alternador síncrono de 8.560 kVA de potencia con cos º 0,90.
- Transformador principal de 8.560 kVA a 20/6 kV e transformador servicios auxiliares de 1.600 kVA e un xerador de enerxía de 250 kVA.
- Instalacións auxiliares de tratamento e almacenamento de biomasa, torre de refrixeración e tratamento de augas e elementos de manobra e central eléctrica.
Terceiro.- De conformidade co establecido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña dictou Acordo do 21 de outubro de 2003 polo que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 26 de novembro, no BOP da Coruña do 6 de novembro, e no diario El Ideal Gallego do 27 de outubro de 2003.
Cuarto.- Durante o periodo en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Quinto.- O proxecto conta co informe favorable de data do 8 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e coas demais que lle son de aplicación.
Fundamentos de dereito
Primeiro.- A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 23/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.
Segundo.- O proxecto, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, foi redactado conforme o esixido polo artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e coas demais disposicións que lle son de aplicación.
Terceiro.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Autorizarlle administrativamente á empresa Somozas Energías y Recursos Medioambientales, S.A. (Soermasa) a construcción dunha planta de xeración de enerxía eléctrica de 7.700 kW, utilizando como combustible principal biomasa secundaria de restos forestais e ata un 10% de combustibles convencionais, no parque empresarial das Somozas, na provincia da Coruña.
Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.1º.5 do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.
O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG desta resolución, o proxecto de execución da planta de biomasa autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
ACTIVIDADES INDUSTRIAIS