Resolución do 29 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se fai pública a inviabilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal de someterse ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio.

Diario Oficial de Galicia, 08-01-2007, Núm. 5, Páx. 318
Resolución do 29 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se fai pública a inviabilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal de someterse ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira, no seu punto 2, da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio, faise pública a declaración de inviabilidade da obriga de someterse ao procedemento establecido no seu artigo 7, do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal aprobado provisionalmente polo Pleno Extraordinario do Concello o 29 de decembro de 2005 e corrixido mediante acordo deste mesmo órgano municipal na sesión ordinaria celebrada o 27 de xullo de 2006. Esta resolución pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no seguinte enderezo da internet: http://medioambiente.xunta.es/aea/avaliacion.jsp Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2006. Emilio Manuel Fernández Suárez Director xeral de Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL
Resolución do 29 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se fai pública a inviabilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal de someterse ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira, no seu punto 2, da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio, faise pública a declaración de inviabilidade da obriga de someterse ao procedemento establecido no seu artigo 7, do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal aprobado provisionalmente polo Pleno Extraordinario do Concello o 29 de decembro de 2005 e corrixido mediante acordo deste mesmo órgano municipal na sesión ordinaria celebrada o 27 de xullo de 2006. Esta resolución pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no seguinte enderezo da internet: http://medioambiente.xunta.es/aea/avaliacion.jsp Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2006. Emilio Manuel Fernández Suárez Director xeral de Desenvolvemento Sostible
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
resIII29112006.pdf Galego
resIII29112006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles