Resolución do 29 de maio de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación das obras que se citan.

Diario Oficial de Galicia, 05-06-2007, Núm. 107, Páx. 9479
Resolución do 29 de maio de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación das obras que se citan. 1. Entidade adxudicadora. 1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. 1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral. 2. Obxecto de cada contrato. 1º Descrición do obxecto: obra de creación de infraestrutura ambiental e depósito de refugallos para a xestión de RCD en Xunqueira de Espadanedo (Ourense) (expediente 130/2007). Prazo de execución: 4 meses. Orzamento base de licitación: oitocentos dezaseis mil cincocentos noventa e seis euros con noventa céntimos (816.596,90 €). Garantía provisional: non se exixe. Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría d. Grupo A, subgrupo 2, categoría d. Criterios de baremación: segundo o punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares. 2º Descrición do obxecto: obra de ampliación dun punto limpo no concello de Boiro (expediente 129/2007). Prazo de execución: 2 meses. Orzamento base de licitación: cento cincuenta e nove mil setecentos euros con cincuenta e seis céntimos (159.700,56 €). Garantía provisional: non se exixe. Clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría d. Criterios de baremación: segundo o punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares 3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación de todas as obras: 3.1. Tramitación: ordinaria. 3.2. Procedemento: aberto. 3.3. Forma: concurso público. 4. Documentación e información. 4.1. Documentación: Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán estas contratacións, estarán á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistaría Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, 2 en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38). Tamén se poderán obter os pregos relativos a estas contratacións, a través da internet nos seguintes enderezos: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8223 http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8224 Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.cma [at] xunta.es, os datos que a continuación se relacionan: -Na epígrafe asunto: obxecto do prego. -Nome da empresa e número de teléfono. 4.2. Información: 981 54 17 49. 5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación. 5.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse, en días e horas hábiles, no prazo máximo de 26 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte. 5.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 3.3. dos pregos de cláusulas administrativas particulares. 5.3. Lugar de presentación: a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. b) Enderezo: San Lázaro, s/n. c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781. d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación, a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 17 50) no mesmo día. e) No suposto de que se participe en máis dun concurso destas dúas obras, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais en que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, a clasificación, ou solvencia, de ser o caso, e a referencia do concurso en que se presenta a documentación xeral. 6. Apertura das ofertas. A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Santiago de Compostela, ás 12 horas do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora. No caso de que o día de apertura coincida entre o día 30 de xullo e o 24 de agosto (ambos os dous incluídos) a apertura de proposicións admitidas terá lugar o día 27 de agosto ás 12.00 horas. 7. Gastos do anuncio: pola conta dos adxudicatarios. Santiago de Compostela, 29 de maio de 2007. Jorge Antonio Santiso Blanco Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res29052007.pdf Castellano
Res29052007.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles