RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento AU100A).

Diario Oficial de Galicia, 24-06-2019, Núm. 118, Páx. 29908
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos, mancomunidades e consorcios responsables dos sistemas de abastecemento á poboación. Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de concellos, que a través dun convenio ou outro instrumento xurídico, xestionen conxuntamente un sistema de abastecemento.
Obxecto
A finalidade das axudas é que as entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación conten cun instrumento básico de planificación para xestionar os posibles episodios de seca, de tal xeito que se garanta o abastecemento á poboación e se somente o emprego eficiente dos recursos hídricos.
Prazo
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.