RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408N).

Diario Oficial de Galicia, 30-01-2026, Núm. 220, Páx. 8790
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias ou perceptores finais das axudas reguladas nestas bases as empresas industriais, entendendo como tales aquelas sociedades mercantís ou agrupacións destas que exerzan unha actividade industrial ou de servizos de apoio industrial.
Obxecto
Constitúe o obxecto das presentes bases reguladoras a concesión de axudas a fondo perdido cofinanciadas no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX), para o financiamento de proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas de Ordes, Eume e Ferrol ou municipios da Laracha, Carral, Ortigueira, Cerdido ou Mañón, que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5 destas bases.
Prazo
Tres meses
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 27-01-2026_gl.pdf galego
Ex Res 27-01-2026_gl.pdf galego
Res 27-01-2026_es.pdf castelán
Ex Res 27-01-2026_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles