Diario Oficial de Galicia, 22-03-2007, Núm. 58, Páx. 4604
Resolución do 27 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se fai pública a inviabilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Avión de someterse ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.
En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira, no seu punto 2º, da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a declaración de inviabilidade da obriga de someterse ao procedemento establecido no seu artigo 7, do Plan de Ordenación Municipal do Concello de Avión, aprobado provisionalmente o 27 de xullo de 2006, no pleno do concello.
Esta resolución pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no seguinte enderezo da internet: http://medioambiente.xunta.es/aea/avaliacion.jsp.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2007.
Emilio M. Fernández Suárez
Director xeral de Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL