Diario Oficial de Galicia, 06-07-2006, Núm. 130, Páx. 10931
Resolución do 27 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para o complexo industrial de Repsol YPF na Coruña, nos concellos da Coruña e Arteixo (A Coruña). Titular: Repsol Petróleo, S.A. (Clave 2005/0180 NAA/IPPC).
Antecedentes de feito.
Primeiro.- O 6 de maio de 2005 Rafael Ángel Rubio Fernández (DNI 28346312-P), actuando en nome e representación do complexo industrial de Repsol YPF na Coruña (CIF A-28047223), solicita autorización ambiental integrada para o citado complexo industrial.
Segundo.- Á solicitude xúntaselle a documentación indicada no artigo 12 da Lei 16/2002, de prevención e control integrados da contaminación, e copia das solicitudes dos informes de compatibilidade urbanística e contestacións remitidas polos concellos da Coruña e de Arteixo.
Terceiro.- Con data 6 de xullo de 2005 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de xuño de 2005, desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación obxecto da presente resolución; para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Cuarto.- Con datas 17 de agosto, 8 de setembro e 20 de decembro de 2005 recíbense os certificados de información pública emitidos, respectivamente, pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Coruña, polo Concello de Arteixo e polo Concello da Coruña. No expediente consta a presentación dunha alegación, por parte do delegado sindical e do delegado de prevención da Confederación Intersindical Galega (CIG) na refinaría de Repsol Petróleo, S.A., dentro do período establecido.
Quinto.- Concluído o período de información pública, e en cumprimento dos artigos 17 e 18 da Lei 16/2002, solicítase informe aos órganos que se considera que deben pronunciarse sobre as diferentes materias da súa competencia.
Sexto.- Os organismos que emiten informe durante a tramitación da autorización son: organismo autónomo Augas de Galicia; Dirección Xeral de Saúde Pública; subdireccións xerais de Calidade Ambiental, de Tecnoloxía e Control Ambiental e de Avaliación Ambiental todas elas da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; os concellos da Coruña e Arteixo; e Departamento de Enxeñaría Química da ETS de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.
Sétimo.- Tras reunión mantida o día 10 de novembro de 2005 entre representantes da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e de Repsol, o día 25 do mesmo mes o titular da instalación presenta documentación que inclúe información relativa a emisións á atmosfera e calidade do aire.
O 22 de decembro de 2006, tras a solicitude formulada por esta dirección xeral o 25 de novembro de 2006 consonte o informe emitido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental, Repsol achega o informe preliminar de situación de solos. Finalmente, o 17 de febreiro de 2006 recíbese documentación complementaria relativa á xestión e produción de residuos e á proposta de control de solos (aspectos que se completan o 20 de febreiro).
Oitavo.- Con data 10 de abril de 2006 recíbese o xustificante de pagamento de taxas para a expedición da autorización ambiental integrada, o certificado do seguro de responsabilidade civil ambiental e os certificados de recepción de residuos non perigosos emitido por xestor. E o 26 de abril de 2006, o xustificante do depósito das fianzas ambientais correspondentes ás actividades de produción e xestión de residuos perigosos.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.- A instalación de referencia está afectada pola Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (anexo I, grupo 1.2 e grupo 1.1).
Segundo.- De conformidade co disposto no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada (AAI).
Terceiro.- A instalación está afectada polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Cuarto.- De conformidade co disposto no capítulo II do antedito Decreto 2414/1961, correspóndelle ao concello conceder licenza para o exercicio da actividade, polo que, conforme o establecido no artigo 29 da Lei 16/2002, recae neste a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade.
Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo previsto
RESOLVO:
Primeiro.- Conceder a Repsol Petróleo, S.A. a autorización ambiental integrada co número de rexistro 2005/0180 NAA/IPPC 016 para a explotación do complexo industrial da Coruña pertencente a Refino e Marketing, unidade de negocio de Repsol YPF, cos requirimentos que se fixan no anexo IV desta resolución.
Segundo.- Inscribir no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, a Repsol Petróleo, S.A. como:
- Xestor de residuos perigosos na actividade de valorización consistente na recepción e tratamento de residuos MARPOL das categorías A e B dos buques que opera no terminal petroleiro da Coruña, con número de rexistro SC-RP-P-XV-09234, segundo o indicado no punto 5.1.a do anexo IV da presente resolución.
- Produtor de residuos perigosos co número de rexistro SC-RP-P-P-00032 para os residuos indicados no punto 5.1.b do anexo IV da presente resolución.
Terceiro.- Establecer a obriga de que se notifiquen a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con carácter anual, nas datas que lle sexan definidas por este organismo, os datos sobre as emisións á atmosfera e á auga, para efectos da elaboración e actualización do inventario de emisións e fontes contaminantes EPER, de acordo co establecido no artigo 8.3º da Lei 16/2002. Así mesmo, a empresa deberá adaptar o contido da información presentada ao inventario PRTR (segundo o establecido no Regulamento (CE) Nº 166/2006 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xaneiro de 2006 relativo ao establecemento dun rexistro europeo de emisións e transferencias de contaminantes e polo que se modifican as directivas 91/689/CEE e 96/61/CE do Consello) que substituirá ao actual inventario EPER. Os valores deberán ser xustificados na declaración segundo os termos que sexan definidos por esta dirección xeral, tanto se esta se realiza mediante datos de medición, cálculo ou estimación.
Cuarto.- Establecer un prazo de vixencia da presente AAI de sete (7) anos contados a partir do día seguinte a facerse pública esta resolución no DOG. Transcorrido o dito prazo seguirase o disposto no artigo 25 da Lei 16/2002.
Quinto.- Establecer a obriga de que o titular lle comunique á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera modificación que se pretenda levar a cabo na instalación, indicando razoadamente, en atención aos criterios sinalados no artigo 10.2º da Lei 16/2002, se considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, acompañándose dos documentos xustificativos oportunos. Para estas modificacións aplicarase o sinalado nos artigos 10.4º e 10.5º da citada lei.
Sexto.- Establecer a obriga de que o cambio de titularidade lle sexa comunicado a esta dirección xeral, presentándose documentación que o acredite.
Sétimo.- Determinar a posibilidade de modificación desta resolución tanto de oficio, conforme os supostos establecidos no artigo 26 da Lei 16/2002, como por solicitude motivada do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio.
Oitavo.- Darlle publicidade á presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Noveno.- Notificar esta resolución a Repsol Petróleo, S.A., ao Concello da Coruña e ao Concello de Arteixo, para os efectos oportunos.
Fronte a esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na súa redacción dada pola Lei 16/2002, ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a facer pública esta resolución.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2006.
Joaquín Lucas Buergo del Río
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I - Datos do expediente
1. Datos da empresa matriz:
Razón social: Repsol Petróleo, S.A. (en diante Repsol).
CIF: A-28047223.
Domicilio social: Paseo de la Castellana, 278-280.
Poboación: Madrid.
Código postal: 28046.
Provincia: Madrid.
2. Datos da instalación:
Instalación: complexo industrial da Coruña pertence a Refino e Marketing, unidade de negocio de Repsol YPF.
Localización: complexo industrial da Coruña. Bens, s/n.
Concello: A Coruña.
Código postal: 15008.
Provincia: A Coruña.
Coordenadas UTM indicativas da localización das instalacións:
Instalación: Refinaría
Punto // Coordenadas UTM (X // Y)
1 // 543956,87 // 4799316,07
2 // 544698,68 // 4799962,57
3 // 544748,76 // 4800534,38
4 // 545210,63 // 4799907,06
5 // 545661,10 // 4800308,76
6 // 545004,74 // 4801061,77
7 // 544320,28 // 4801139,49
8 // 544442,70 // 4800578,79
9 // 543859,40 // 4799387,50
Terminal marítimo
10 // 549792,61 // 4800369,51
11 // 549939,03 // 4800523,70
12 // 549589,24 // 4800856,42
13 // 549467,23 // 4800726,58
Representante legal: Rafael Ángel Rubio Fernández (acreditado por escritura notarial do 7-5-2003).
DNI: 28346312-P.
Actividade económica principal: refino de petróleo.
C.N.A.E.-93: 23-200.
3. Datos do expediente:
Clave: 2005/0180 NAA/IPPC.
Tipo de solicitude: instalación existente.
Categoría IPPC principal: anexo I, grupo 1.2.
NOSE-P principal: 105.08. transformación de produtos petrolíferos (fabricación de combustibles).
Categoría IPPC secundaria: anexo I, grupo 1.1.
NOSE-P secundario: 101.02 (procesos de combustión ) 50 MW e '300 MW, grupo completo).
Código centro (EPER): 1526
4. Declaracións ambientais:
A Unidade de Refino e Marketing, situada no complexo industrial da Coruña conta coas seguintes declaracións ambientais:
- Acordo do 24 de xullo de 1991, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula o ditame de efectos ambientais do proxecto de «Instalación dunha unidade de coxeración e outra de baleiro-asfaltos».
- Acordo do 2 de novembro de 1994, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto G-09 «Proxecto de desulfuración de gasóleos».
- Resolución do 3 de agosto de 1999 pola que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de «Adaptación de la calidade dos combustibles ao ano 2000».
- Resolución do 22 de decembro de 1999 pola que se formula a declaración de efectos ambientais do «Proxecto G-23. Unidade de coxeración por ciclo combinado U-408».
- Orde MAM/2940/2004, do 6 de agosto, pola que se formula a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto «Hidrotratamento de carga a FCC» para a adaptación aos niveis de xofre en produtos exixidos pola UE.
5. Seguros e fianzas:
Repsol dispón dunha póliza de responsabilidade civil ambiental por un importe superior a 515.879 A que cobre o risco de indemnización polos posibles danos causados a terceiras persoas ou ás súas cousas, derivado do exercicio das actividades de produción e xestión de residuos, segundo os termos establecidos no artigo 15 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño. En todo caso, o seguro cobre: as indemnizacións derivadas por morte; lesións ou enfermidades das persoas, as indemnizacións debidas por danos ás cousas; os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado.
Así mesmo, ten constituída unha fianza ambiental, na forma establecida no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, para responder dos posibles danos que se poidan causar ao medio e do seu custo de restauración. Esta fianza conta coas seguintes partidas:
a) Pola actividade de xestión de residuos perigosos nunha contía de 121.322 A.
b) Pola actividade de produción de residuos perigosos nunha contía de 47.305 A.
ANEXO II - Resumo do proxecto e do medio
O complexo industrial da Coruña obxecto da presente autorización pertence a Refino España, unidade de negocio de Repsol YPF.
A posta en marcha inicial das instalacións tivo lugar no ano 1964 cunha capacidade de destilación de 2 millóns de t/ano, ben que desde entón realizáronse sucesivas ampliacións ata chegar en 1978 a 6,5 millóns de t/ano, sendo o grao de utilización medio da capacidade produtiva do 85%.
Actualmente este complexo está formado por:
1) Refinaría, situada no polígono industrial da Grela-Bens.
2) Terminal marítimo, situado no porto da Coruña.
3) Oleoduto, que une a refinaría e o terminal marítimo.
As principais materias primas son:
Materia prima // Cantidade (ano 2003) // Unidades
Cru // 5.514,8 // KTm/ano
Fuel lixeiro conversión // 107,6 // KTm/ano
Fuel pesado conversión // 79,7 // KTm/ano
Hidróxeno // 22,4 // KTm/ano
Fracción pesada petroquímica // 103 // KTm/ano
Coque verde // 107,7 // KTm/ano
Bioetanol // 19,4 // KTm/ano
Alquilato/Isomerato // 4,4 // KTm/ano
Gasóleos // 133,9 // KTm/ano
Fueis // 35,1 // KTm/ano
Aditivos // 0,7 // KTm/ano
Os principais produtos da instalación son:

Enerxía eléctrica // 742.819,9 // MWh
GLP // 269,4 // KTm/ano
Propileno // 62,4 // KTm/ano
Gasolina // 999,2 // KTm/ano
Queroseno // 33,9 // KTm/ano
Gasóleo // 2.472,1 // KTm/ano
Fuel // 660,6 // KTm/ano
Xofre // 34,8 // KTm/ano
Betumes/Asfalto // 245,5 // KTm/ano
Coque // 440,9 // KTm/ano
Naftas // 333,9 // KTm/ano
A continuación descríbense as principais unidades:
1) Da refinaría:
- Unidades de destilación de cru 1 e 2: o cru procedente dos tanques de almacenamento fracciónase, por destilación atmosférica, en distintos produtos que se diferencian polo seu punto de ebulición e que teñen características específicas: GLP, nafta lixeira, nafta pesada, extraccións laterais e residuo atmosférico. Algúns destes produtos son tratados antes de almacenalos e outros serven de materia prima a distintas unidades de proceso. A capacidade total de destilación de crus é de 6.500.000 t/ano.
- Unidade de tratamento de naftas lixeiras e compoñentes de gasolinas: estas naftas sométense a un proceso de adozamento para transformar os compostos de xofre presentes, quedando así aptas para formular gasolinas. A capacidade de tratamento da instalación é de 445.000 t/ano.
- Tratamento de queroseno: neste tratamento sométese o queroseno a un proceso de endulzamento transformando os mercaptanos en disulfuros por medio dunha reacción catalítica. A capacidade instalada é de 415.000 t/ano.
- Unidades de unifining e platforming: as naftas pesadas procedentes das unidades de destilación teñen compostos de xofre que desactivan o catalizador que se empregará nas unidades de reformado catalítico. Nas unidades de unifining 1 e 2, mediante hidroxenación catalítica, redúcese o seu contido de xofre ata os niveis requiridos polo catalizador de reformado. Estas unidades teñen unha capacidade de tratamento de 820.000 t/ano.
Posteriormente, nas unidades de platforming 1 e 2 procésanse estas naftas pesadas e a fracción media da nafta FCC, unha vez hidrotratadas para eliminarlles os compostos de xofre e as olefinas. O proceso desenvolvido é un proceso catalítico de leito fixo mediante o que se obtén unha gasolina de alto número de octano que se usa para producir, por mestura, as gasolinas comerciais. A capacidade de reformado catalítico é de 820.000 t/ano.
- Unidades de desulfuración (HDS 1 e 2): empréganse para reducir o xofre dos destilados obtidos nas unidades de cru e conversión ata o nivel requirido para producir os gasóleos comerciais. A capacidade delas é de 2.150.000 t/ano.
- Unidades de baleiro 1, 2 e 3: o residuo atmosférico da destilación é sometido de novo a destilación, pero a presión inferior á atmosférica, obténdose un destilado coñecido como gasóleo de baleiro que se utilizará como alimentación á unidade de FCC, e un residuo que servirá para alimentar a planta de coquización ou para producir asfaltos, segundo os casos. A capacidade conxunta das unidades de baleiro é de 3.000.000 t/ano.
- Unidade de hidrotratamento da carga a FCC: a función desta planta é a desulfuración dos gasóleos pesados procedentes das unidades de baleiro e coquización, mediante un proceso de hidrodesulfuración. Os gasóleos pesados producidos nesta planta, cun porcentaxe de xofre moi baixo, alimentan a unidade de FCC para obtención de gasolinas, gasóleos e fueis de baixo xofre. A capacidade de deseño da planta é de 1.400.000 t/ano.
- Unidade de craqueo catalítico en leito fluído: utiliza como alimentación os gasóleos de baleiro. É un proceso catalítico fluído mediante o que a alimentación se converte en fraccións máis lixeiras por craqueo en presenza dun catalizador en leito fluidificado e a elevada temperatura, obténdose: GLP, fraccións lixeiras que se empregan para a fabricación de gasolinas e destilados medios que se empregan na fabricación de gasóleo, co que se consegue un mellor aproveitamento do cru para producir produtos de maior demanda no mercado, diminuíndo a produción de fuel. A capacidade da unidade é de 1.650.000 t/ano.
- Unidade de coquización: o residuo das unidades de baleiro, por medio dun craqueo térmico de alta severidade, transfórmase en coque, gases, naftas e destilados lixeiros que se empregan na fabricación de gasolinas e gasóleos que pasarán polas respectivas unidades de tratamento, antes da súa comercialización. A capacidade da unidade é de 1.080.000 t/ano.
- Unidade de calcinación: parte do coque procedente da unidade de coquización trátase termicamente para eliminar os hidrocarburos lixeiros que poidan acompañalo e a humidade. A capacidade da unidade é de 170.000 t/ano.
- Unidade de gases: os gases procedentes de destilación, reformado ou conversión, sofren un proceso de compresión, absorción e destilación para recuperar GLP e pequenas fracciones de nafta lixeira, obténdose propano, butano e gasolina de baixo número de octano. Os gases incondensables, despois dun proceso de purificación con aminas, pasan ao sistema de fuel gas. A capacidade instalada de recuperación de gases é de 1.500.000 t/ano.
- Unidade de propano/propileno: o propano olefínico procedente das unidades de conversión destílase nunha torre cun alto grao de fraccionamento, separándose en propano e propileno de gran pureza. A capacidade de destilación é de 111.000 t/ano.
- Unidade de hidroxenación de butadieno: a corrente de butano olefínico procedente das unidades de conversión hidroxénase nun proceso catalítico de leito fixo para eliminar os butadienos e así cumprir as especificacións do butano comercial. A capacidade de hidroxenación de butadieno é de 164.000 t/ano.
- Unidade de hidroxenación de benceno: o obxectivo desta unidade é a redución do contido de benceno na gasolina reformada, por hidroxenación selectiva. Esta redución leva implícito unha diminución no índice de octano deste compoñente de alto octano para o blending de gasolinas do complexo, o que se verá compensado coa produción de isopentano, recuperado da corrente de nafta lixeira da unidade recuperadora de gases na unidade desisopentanizadora. A capacidade desta unidade é de 470.000 t/ano de nafta reformada.
- Unidade desisopentanizadora: o obxectivo desta unidade é a recuperación de isopentano na nafta lixeira, compoñente moi valioso para a formulación de gasolinas polo seu alto índice de octano. A capacidade desta unidade é de 335.000 t/ano.
- Unidade de ETBE/MTBE: o isobuteno procedente das unidades de conversión faise reaccionar con etanol, en presenza dun catalizador, para obter ETBE. Este produto oxixenado substitúe os aditivos con chumbo para mellorar a octanaxe das gasolinas, posibilitando a fabricación de gasolinas sen chumbo, contribuíndo así a reducir o potencial contaminante delas (redución de chumbo e utilización de catalizador). A unidade podería obter MTBE partindo de metanol. A capacidade de produción de ETBE é de 57.000 t/ano.
- Unidades de aminas: proceso de absorción con aminas polo que se elimina o SH dos gases. Estes gases sen xofre envíanse ao sistema de fuel gas, como combustible da refinaría.
- Plantas de recuperación de xofre: o SH procedente das unidades de aminas transfórmase en xofre elemental, sólido, por oxidación parcial nos reactores Claus. Dúas das plantas dispoñen de etapa Euroclaus para incrementar a recuperación de xofre. A finalidade destas plantas é claramente ambiental. A capacidade conxunta das plantas de recuperación de xofre é de 93.000 t/ano.
- Instalacións auxiliares:
* Unidades de coxeración 1 e 2: no complexo hai dúas unidades de coxeración que empregan diferentes tipos de combustible para xerar unha potencia global de 93,78 MW. Esta enerxía eléctrica é suficiente para abastecer o complexo e exportar á rede nacional. Así mesmo, a enerxía térmica dos gases procedentes da turbina de gas aproveitase para producir ata 135 t/h de vapor de alta presión para os servizos do complexo.
* Planta de hidróxeno: produce hidróxeno mediante o reformado dunha alimentación de nafta, butano ou de gas natural, para a súa utilización nas unidades de hidrodesulfuración. A capacidade de produción de hidróxeno é de 12.860 t/ano.
* Outras: sistema de fuel, con almacenamento, calefacción e distribución aos fornos das unidades. Torres de refrixeración, para arrefriar a auga utilizada en eliminar a calor das unidades de proceso. Distribución de auga, para as redes contraincendio e de planta. Tratamento de auga de caldeiras que se empregan fundamentalmente para producir vapor de auga en caldeiras e xeradores de vapor. Almacenamento e distribución de aire e nitróxeno. Xeración de vapor de auga, que se emprega para accionar turbinas, en calefacción e para stripping. Distribución de aire comprimido para as redes de aire de plana e instrumentos. Sistema de recuperación de condensados da rede de vapor de auga.
- Outras instalacións:
* Parques de almacenamento: o número de tanques e esferas, instalado na refinaría e o terminal marítimo é de 110, cunha capacidade total de almacenamento de 550.000 m de cru e 1.200.000 m de produtos. As áreas de almacenamento de sólidos e silos teñen unha capacidade de 72.500 m.
* Cargadoiros: no complexo industrial existen tres cargadeiros, un destinados a asfaltos, outro a xofre e outro a coque.
* Planta de tratamento de augas residuais: as augas residuais procedentes dos procesos sofren un tratamento de desaceitado por decantación física. As augas desaceitadas reciben un tratamento baseado en homoxenización, coagulación, floculación e flotación. Finalmente, reciben un tratamento secundario de oxidación biolóxica por lodos activos, dando lugar a un efluente de calidade adecuada que se verte ao mar a través do emisario. A capacidade da planta é de 7.000.000 m/ano.
2) Do terminal marítimo:
- Catro pantaláns de atraque para carga e descarga de gases licuados e produtos petrolíferos, ata unha capacidade máxima de 120.000 TPM, e de dúas instalacións adicionais de carga a buques, unha para coque e outra para xofre.
- Un parque de almacenamento de cru e produtos acabados.
- Unha instalación de recepción, recollida e tratamento de auga de deslastres procedente dos buques que operan no terminal marítimo. Co fin de cumprir os límites de vertedura as augas decántanse nun tanque un mínimo de 48 horas e despois sepárase a auga dos restos oleosos utilizando un separador tipo API e a depuradora WENCO.
A través destas instalacións lévase a cabo a recepción de cru e algunhas materias primas, así como a expedición dunha gran parte dos produtos producidos no complexo industrial.
3) Do oleoduto:
- Catorce conducións (con diámetros entre 6" e 24") a través das que se realiza o movemento de cru e produtos entre o terminal marítimo e a refinaría.
O complexo industrial de Repsol YPF na Coruña sitúase nun contorno totalmente industrializado, como é o polígono industrial da Grela Bens e o Porto da Coruña. Nas zonas próximas ao complexo desenvolven a súa actividade numerosas industrias de diferentes sectores que inflúen na calidade do contorno, tanto atmosférico como acuático. A superficie ocupada atópase en terreos dos concellos de Arteixo e A Coruña.
ANEXO III - Resumo das mellores técnicas dispoñibles e medidas propostas para a protección ambiental
O complexo industrial obxecto da presente autorización cos seguintes certificados:
- De aprobación do sistema de xestión medioambiental, de acordo doa Norma UNE EN ISO 14001:2004.
- De aprobación do sistema de xestión da calidade de acordo coas Normas UNE EN ISO 9001:2000, aplicable a «Actividades de refino para a produción de combustibles líquidos, gases licuados, fuel gas, asfalto, coque e xofre. Operación das unidades de coxeración para a produción de enerxía eléctrica».
- Segundo a norma Pecal/AQAP 2120 «Requisitos da OTAN de aseguramento da calidade para a produción» para combustibles de aviación tipo queroseno.
Na documentación presentada considéranse a adopción das seguintes medidas:
- Redución en orixe de contaminantes e caudal de correntes portadoras. A modo de exemplo destas medidas, cabe mencionar a unidade de hidrotratamento de carga a FCC, que permite diminuír en gran medida o xofre contido nos produtos finais.
- Eliminación final dos contaminantes a través da planta de tratamento de augas residuais da refinaría e a planta de tratamento de augas de deslastre da terminal marítima. Así mesmo, as catro plantas de recuperación de xofre tratan as correntes gasosas que conteñen o xofre eliminado nos diferentes procesos, transformándoo en xofre sólido evitando así a súa emisión á atmosfera.
- Todas as unidades e equipamentos do complexo industrial están suxeitas a programas periódicos de mantemento preventivo e/ou correctivo. Para iso o complexo establece plans de mantemento que inclúen: plans de mantemento preventivo, plans de paradas de unidades e plans de intervención en tanques de almacenamento.
- Entre as actuacións destinadas á formación no complexo realízase: formación para acceder aos postos de traballo, un plan anual de formación, proposta de accións non previstas no plan anual e accións de sensibilización. Ademais de realizar xornadas de portas abertas e accións formativas externas o complexo ten establecido un procedemento de comunicación dos sistemas de xestión.
- Planifícanse paradas periódicas de mantemento en función do seu estado para a produción, os ciclos estándar entre paradas programadas de cada unidade e as necesidade dos plans de produción establecidos.
- O complexo ten implantado un sistema de xestión de seguridade que cumpre cos requisitos establecidos no anexo III do Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban as medidas de control dos riscos inherentes os accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas.
- O complexo ten establecida a sistemática a seguir para identificar e xestionar adecuadamente todos os procesos que poidan incidir na seguridade das persoas, instalacións ou contorno.
- O complexo ten establecida unha metodoloxía de análise na fase de enxeñaría tanto para grandes proxectos como para modificacións da planta.
- O complexo ten elaborado un plan de emerxencia interior segundo os requisitos establecidos no Decreto 1196/2003, polo que se aproba a directriz básica de protección civil para o control e planificación ante o risco de accidentes graves nos que interveñen substancias perigosas.
- O complexo conta con sistema de avaliación de cumprimento de obxectivos do sistema de xestión de seguridade, e planifica e realiza de forma periódica auditorías internas del.
- Ademais, o complexo ten implantadas as seguintes ferramentas informáticas para optimizar os traballos e a información: TDC-3000 de Honeywell, Plant Information system: software, o Petrofine, o PIMS, ORION (Scheduling), SPC, SQLLIMS, AIM Intergraph e MAXIMO.
Técnicas de control de emisións á atmosfera:
- De SO:
1. Actuación sobre o combustible: axuste dos combustibles consumidos e mellora da eficiencia enerxética dos procesos mediante control das condicións de operación das unidades, instalación de prequentadores de aire, de intercambiadores de placas. Así mesmo, teñen establecido un «plan de redución de consumos».
2. Actuación sobre o FCC: control do proceso e aditivación de superdesox, que diminúe as emisións de SO na rexeradora.
3. Unidade de hidrotratamento de carga a FCC (HDT) para a redución do contido en xofre e nitróxeno desta corrente, en funcionamento.
4. O complexo dispón de catro PRA para o tratamento del HS recuperado que é convertido a xofre sólido.
- De CO:
1. Adecuada combustión nos fornos e caldeiras, mediante control en continuo.
2. Regulación dos rexistros de aire dos acendedores.
3. Control e mantemento dos acendedores dos fornos.
- De NO:
1. Control das condicións de proceso da combustión.
2. Instalación de queimadores de baixo NO nas unidades novas.
3. Instalación de sistemas para a inxección de vapor nas coxeracións.
4. Deseño do rexerador de FCC en contracorrente.
5. Unidade de HDT para a desnitrificación da carga a FCC.
- De COVs:
1. Na rede de conducións e depósitos: mantemento axeitado e inspeccións; instalación de válvulas, conducións e accesorios adecuados; e conexión dos venteos de unidades á fachada.
2. Na planta TAR: recollida de augas aceitosas en rede de drenaxes seladas, minoración do tempo de exposición dos hidrocarburos ao aire, e adecuada aireación na balsa de homoxeneización.
3. Nos tanques de almacenamento: instalación de dobres selos en tanques de selo flotante, pintado que garanta a reflectancia mínima en función do tipo de tanque, inspeccións periódicas, instalación de bombas con dobre peche mecánico, cambio de empaquetaduras de válvulas, e definición dos procedementos específicos de toma de mostra.
4. Nas instalacións de carga e trasfega: operacións de carga e descarga por fondo e definición de procedementos para o movemento de produtos.
- De partículas:
1. Control das condicións de proceso da combustión e seguimento en continuo da opacidade, exceso de oxíxeno nos fumes, seguimento das chamas, regulación dos rexistros de aire, e adecuado mantemento dos acendedores.
2. Control de partículas procedentes da manipulación de sólidos: ciclóns para reducir as emisións do rexerador de FCC, filtros de mangas para a retención de partículas en coque, regado das zonas de almacenamento de produtos sólidos, sistema de lavado de camións á saída da zona de coque, e ambos sistemas cerrados na terminal marítima para almacenaxe e carga de xofre e coque a buques.
O tratamento das augas residuais da refinaría faise na planta de tratamento de augas residuais (TAR) do complexo, evacuándose ao mar a través dun emisario submarino. As MTD aplicadas inclúen:
1. Xestión integral das augas residuais: xestión da auga seguindo un programa para diminuír o seu consumo. Maximización da recirculación.
2. Sistema de auga e drenaxe: redes independentes de drenaxe de augas aceitosas e pluviais, o que permite un tratamento máis efectivo delas. A planta TAR dispón dunha balsa de emerxencia para o control de verteduras que non poden ser enviados directamente á planta.
3. Auga de chuvia: a rede de augas aceitosas deseñouse para recoller tamén as augas pluviais procedentes de áreas de proceso, canalizándoas á planta TAR onde reciben o tratamento das augas aceitosas.
4. Redución dos consumos de auga: instalación de aerorrefrixerantes por deseño e de bombas de anel líquido, funcionamento das torres de refrixeración de forma que se maximicen os ciclos de concentración, recuperación en quente dos condensados limpos para o seu aproveitamento nas caldeiras, da auga de fachada, etc.
5. Integración de correntes acuosas: recirculación de augas tratada ás torres de refrixeración, sistema contraincendios, sistemas de rego das zonas de almacenaxe e desalgadores de cru; consideración por deseño da tecnoloxía de pinzamento, e recuperación de todos os condensados limpos. O complexo ten catro stripper de augas ácidas nos que se tratan as augas con alto contido en H2S para a súa posible reincoporación ao proceso.
6. Augas de deslastre: estas verteduras son puntuais, dependendo a súa frecuencia da cantidade de auga de lastre recibida, e proceden do tratamento destas antes da súa vertedura á ría.
7. Auga contraincendios: o sistema aliméntase das augas tratadas na planta TAR. As augas, tras o seu uso para simulacros ou nun incidente, son recollidas na rede de aceitosas e enviadas á planta para o seu tratamento.
8. Reciclado das purgas: maximízase a recirculación interna da auga de refrixeración, tantas veces como as características da auga permitan un bo funcionamento dos equipamentos.
9. Depuración final, planta TAR: a planta de tratamento inclúe areeiros, separadores de auga aceite (API), balsa de homoxeneización, coagulación-floculación, flotación, tratamento biolóxico, balsa final e emisario submarino. Ademais inclúe un sistema de tratamento de lodos para posibilitar a súa incorporación ao proceso na unidade de coque.
As actuacións encamiñadas a reducir a xeración de residuos inclúen:
1. Reprocesado continuo dos lodos da planta TAR que se incorporan á unidade de coquización, ou de correntes fóra de especificación e lubricantes de diferentes equipamentos, que poden ser reprocesados nas propias unidades.
2. Uso esporádico da granalla de chorreado de tanques como árido na formulación de formigóns de uso interno no complexo.
3. Para a redución dos residuos sólidos-pastosos e lodos aceitosos emprego de novas técnicas de limpeza de tanques, que permiten reducir a cantidade de residuos xerada.
4. A redución das terras manchadas con hidrocarburos realízase evitando calquera incidente, mediante accións formativas do persoal, co perfeccionamento do mantemento das instalacións e a pavimentación de áreas de traballo susceptibles de sufrir ensuciamentos.
5. Redución dos recipientes metálicos de toma de mostra para o que se lavan as latas de produtos que así o permiten.
ANEXO IV - Autorización ambiental integrada
1. Sobre a atmosfera.
O complexo conta na actualidade cos seguintes focos emisores á atmosfera:
Foco // Unidade // Localización (coordenadas UTM) // Altura (m) // Diámetro (m)
RF-1 // Cru-1
Baleiro-1 // X:545.400 / Y:4.800.150 //140 // 2,25
Hidróxeno
RF-2 // Cru-2
HDS-1 // X: 545.405 / Y: 4.800.352 // 140 // 3,3
HDS-2
URG-2
Platformado-2
PRA-1
CON // Coque
Calcinación // X: 544.438 / Y: 4.799.744 // 140 // 4,6
Baleiro-2
FCC (forno)
PRA-2
Caldeiras
FCC // FCC (Rexenerador) // X: 544.468 / Y: 4.799.897 // 80 2,74
VC-3 // Baleiro-3 ducto 1: baleiro-3
Baleiro-3 ducto 2: sen uso // X: 545.153 / Y: 4.800.040 // 125 // 0,85
Baleiro-3 ducto 3: sen uso
PT-1 // Platformado-1 // X: 545.345 / Y: 4.800.067 // 40 // 1,14
COG 1 // Coxeración // X: 544.301 / Y: 4.799.589 // 50 // 4,21
COG 2 // Coxeración 2 // X: 544.226 / Y: 4.799.589 // 50 // 4,21
COQ // Sistema de captación de finos de coque // X:544.625 / Y:4.799.838 // 47 // 2
TM1 // Caldeira terminal marítimos // X:549.650 / Y:4.800.688 // 6 // 0,87
HDT // HDT ducto hidrotratamento de carga a FCC // X: 544.245 / Y: 4.799.589 // 164 // 1,1
HDT ducto 2: PRA-4
HDT ducto 3: sen uso
PRA-3 // PRA-3 // X: 545.200 / Y: 4.800.150 // 64 // 1,27
1.1. Valores límite de emisión.
Para determinar os valores límites de emisión da instalación obxecto da presente resolución, tívose en conta:
- O Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico:
* Anexo IV, punto 27, actividades industrias diversas non especificadas neste anexo. Aplicables ao foco COQ.
* Anexo IV, punto 2.2. Instalacións que utilizan gasóleo, aplicables á caldeira de terminal marítima.
* Anexo IV, punto 7. Refinarías de petróleo. (Continua vixente en HS, CO, opacidade).
- O Real decreto 547/1997, do 20 de febreiro, sobre modificación do anexo IV do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei de protección do ambiente atmosférico. (Modifica os niveis de emisión en partículas en rexeneración de catalizadores das unidades de craqueo catalítico en leito fluído (FCC), establecidos no anexo IV, punto 7, do Decreto 833/1975.
- O Real decreto 1800/1995, do 3 de novembro, polo que se modifica o Real decreto 646/1991, do 22 de abril, polo que se establecen novas normas sobre limitación ás emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes de grandes instalacións de combustión e se fixan as condicións para o control dos límites de emisión de SO, nas plantas de recuperación de xofre mediante a regulación do seu rendemento.
- O Real decreto 430/2004, do 12 de marzo, polo que se establecen novas normas sobre limitación de emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes de grandes instalacións de combustión, e se fixan certas condicións para o control das emisións á atmosfera das refinarías de petróleo. Estas están reguladas no capítulo III-refinarías de petróleo e disposición derradeira primeira que modifica o Decreto 833/1975, anexo IV, punto 7. Refinarías de petróleo.
- Acordo do 2 de novembro de 1994, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto G-09 «Proxecto de desulfuración de gasóleos".

- Os valores de calidade de aire establecidos no Real decreto 1073/2002, do 18 de outubro, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxido de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono.
- As características técnicas da instalación, a súa implantación xeográfica e os resultados do estudo de dispersión de contaminantes atmosféricos.
Tendo en conta o anterior, considérase establecer os valores límite de emisión indicados na seguinte táboa:
Foco // Substancia // Unidades // Valor // Oxíxeno referencia (%V) // Lexislación
RF1 // Partículas // mg/Nm // 120 // 3 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7
Emisión global ou burbulla de SO // mg/Nm // 1.700 // 3 // Real decreto 1800/1995 (1)
CO // ppm // 1.500 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7
HS // mg/Nm // 5 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7
RF2 // Partículas // mg/Nm // 120 // 3 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7

CON // Partículas // mg/Nm // 120 // 3 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7

FCC // Partículas // mg/Nm // 150 // 6 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7 (2)
SO mg/Nm // 2.500 // 6 // Declaración 02/11/1994 (2)
CO // ppm // 500 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7

VC3 // Partículas // mg/Nm // 120 // 3 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7

PT1 // Partículas // mg/Nm // 120 // 3 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7

COG 1 // Partículas // mg/Nm // 120 // 15 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7
Emisión global ou burbulla de SO // mg/Nm // 1.700 // 15 // Real decreto 1800/1995 (1)

COG 2 // Partículas // mg/Nm // 120 // 15 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7

COQ // Partículas // mg/Nm // 150 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 27
TM1 // SO // mg/Nm // 850 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 2.2
CO // ppm // 1.445 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 2.2
Opacidade dos fumes // Escala Bacharach // 2 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 2.2
HDT // Partículas // mg/Nm // 120 // 3 // Decreto 833/1975, anexo IV punto 7

PRA1 (20 t/día) // Rendemento planta // % // 95,5 // Real decreto 1800/1995, artigo 2 punto 5
PRA2 (21 t/día) // Rendemento planta // % // 96,5 // Real decreto 1800/1995, artigo 2 punto 5
PRA3 (108 t/día) // Rendemento planta // % // 98,5 // Real decreto 430/2004, artigo 18 (3)
PRA4 (122 t/día) // Rendemento planta // % // 98,5 // Real decreto 430/2004, artigo 18
(1) Emisión global ou burbulla de SO: de acordo do Real decreto 1800/1995, artigo 2, punto 1º: O nivel de emisións de SO á atmosfera do conxunto das instalacións de combustión da refinaría de petróleo será de 1700 mg/Nm, e estará sometido ao artigo 14 do Real decreto 430/2004.
O nivel anterior aplicarase ao conxunto total de instalacións de combustión de acordo co artigo 2 do Real decreto 430/2004, así como ás instalacións de combustión de potencia térmica inferior a 50 MW e ás plantas de coxeración que formen parte do complexo industrial no que se desenvolve a actividade de refino.
O valor das emisións de SO calcularase como a media ponderada da masa de contaminante emitida por todas as unidades de combustión respecto á suma do volume dos efluentes gasosos, referidos estes nas mesmas condicións que se fixan no Real decreto 430/2004, do 12 de marzo, capítulo II artigo 3, letra c).
(2) A valoración dos resultados destas emisións estará supeditada ao recollido no artigo 14.1º, 2º e 4º do Real decreto 430/2004.
(3) Valor indicado na Orde MAM/2940/2004, do 6 de agosto, pola que se formula a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto «Hidrotratamento de carga a FCC» para a adaptación aos niveis de xofre en produtos exixidos pola UE.
Nota: de acordo co Real decreto 430/2004, artigo 17 punto 2º, os niveis de emisión a que se refire o Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, e que sexan aplicables ás refinarías de petróleo, non terán en consideración os períodos transitorios de arranque, parada e soprado.
- No que respecta aos valores límite de emisión para gases de efecto invernadoiro, e estando a actividade pretendida entre as incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2004, do 27 de agosto, seguirase o disposto na autorización de emisións de gases de efecto invernadoiro formulada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible o 28 de febreiro de 2005, e as súas posteriores modificacións.
1.2. Sistemas e procedementos para o tratamento e/ou minimización das emisións.
- No relativo ás emisións de hidrocarburos procedentes de tanques de almacenamento, deberán evitarse as perdas de hidrocarburos volátiles dos tanques de almacenamento de produtos lixeiros e cru, para o que estes se dotarán de teitos flotantes.
- Actualmente Repsol dispón de sistemas de rega manual das campas de coque e xofre. Esta rega realízase cunha periodicidade variable en función da meteoroloxía. Co fin de mellorar os resultados deste sistema analizarase a viabilidade técnica (compatibilidade do sistema coas especificacións do produto: coque e xofre) de instalar un sistema que automatice as regas mediante o emprego de sonda por humidade. No prazo de doce (12) meses desde o outorgamento da presente autorización presentarase, ante esta dirección xeral, os resultados desta análise e, no caso de que se determine a viabilidade desta técnica, o prazo para a súa implantación.
1.3. Vixilancia e control ambiental.
- Programa anual de controis manuais á atmosfera e parámetros e substancias que hai que controlar en cada foco.
Foco // Controis ao ano // Control // Unidades
RF1 // 6 (1) - 4(2) // Temperatura dos fumes // ºC
RF2 // 6 (1) - 4(2) // Humidade // %V
CON // 6 (1) - 4(2) // Presión // mmHg
VC3 // 6 (1) - 4(2) // Velocidade dos gases // m/s
PT1 // 6 (1) - 4(2) // Caudal de fumes en condicións normais en base seca // Nm/h
HDT // 2 // Emisión de partículas // mg/Nm
FCC // 2 // Emisión de partículas referidas ao 3% de oxíxeno // mg/Nm
COG1 // 2 // Carga partículas // kg/h
COG2 // 2 // Emisión de SO // mg/Nm
2 // Emisión de SO referido ao 3% de oxíxeno // mg/Nm
2 // Carga SO // kg/h
2 // Emisión de HS // mg/Nm
2 // Carga HS // kg/h
2 // Emisión de NO // ppm e en mg/Nm
2 // Carga NO // kg/h
2 // Emisión de CO // ppm
2 // Carga CO // kg/h
6 (1) - 4(2) // O // %V
6 (1) - 4(2) // CO2 // %V
2 // Exceso de aire %// V
2 // Isocinetismo // %V
COQ // 2 // Temperatura dos fumes // ºC
2 // Humidade // %V
2 // Presión // mmHg
2 // Velocidade dos gases // m/s
2 // Caudal de fumes en condicións normais e base seca // Nm/h
2 // Emisión de partículas // mg/Nm
2 // Carga partículas // kg/h
2 // O // %V
2 // CO // %V
2 // Isocinetismo // %V
TM1 // 2 // Temperatura dos fumes // ºC

2 // Opacidade dos fumes // Escala bacharach
2 // Emisión de SO // mg/Nm
2 // Carga SO // kg/h
2 // Emisión de NO // ppm e en mg/Nm
2 // Carga NO // kg/h
2 // Emisión de CO // ppm
2 // Carga CO // kg/h
2 // O // %V
2 // CO // %V
2 // Exceso de aire // %V
(1) Número de controis para os focos: RF1, RF2, CON.
(2) Número de controis para os focos: VC3, PT1, HDT, FCC, COG1, COG2.
- Programa de controis en continuo das emisións á atmosfera:
- Foco Parámetros de emisión Parámetros de proceso
de explotación
RF1 // SO // Oxíxeno
NO // Temperatura
Partículas // Presión
RF2 // SO // Oxíxeno
NO // Temperatura
Partículas // Presión
CON // SO // Oxíxeno
NO // Temperatura
Partículas // Presión
FCC // SO // Oxíxeno
NO //
Partículas
VC 3 // SO // Oxíxeno
NO
Partículas
PT 1 // SO // Oxíxeno
NO
Partículas
COG1 // SO // Oxíxeno
NO
Partículas
COG2 // SO // Oxíxeno
NO
Partículas
HDT // SO // Oxíxeno
NO
Partículas
Nota 1. O parámetro oxíxeno controlarase en continuo, en todos os focos que teñan referenciados os seus valores límite de emisión ao dito parámetro.
Nota 2. Dado que os analizadores miden en base seca, non é necesaria a instalación de medidores de humidade.
- Os procedementos de medición, tanto manuais como en continuo, e o tratamento dos datos dos sistemas de medición en continuo, así como a súa valoración, axustaranse ao establecido non anexo VIII e artigo 14 do Real decreto 430/2004.
- As medicións manuais e en automático, así como o calibrado e a verificación dos sistemas de medición en continuo, realizaranse de acordo a normas EN, EN-UNE, en caso de non disporse, de acordo a normas ISO ou outras normas nacionais ou internacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalente.
- Os sistemas de medición continua estarán suxeitos a control por medio de medicións paralelas cos métodos de referencia polo menos unha vez ao ano.
- Os datos de emisións en continuo enviaranse en tempo real ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia. Co fin de cumprir esta condición, no prazo de seis (6) meses desde o outorgamento da presente autorización, Repsol presentará un plan de implantación, prazos e elaboración de protocolo para o envío de información ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
- Os resultados das medicións manuais e en continuo remitiranse mensualmente, en soporte electrónico ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia. A primeira destas remisións deberá efectuarse nun prazo de tres (3) meses contados dende o outorgamento da presente autorización.
- Analizaranse de xeito individualizado as características de cada foco de emisión para establecer as necesidades, en materia de seguridade, para a realización das medicións manuais. No prazo de seis (6) meses desde o outorgamento da presente autorización presentarase ante esta dirección xeral un plan de implantación de medidas que cómpre adoptar para cubrir estas necesidades en cada un dos focos.
- Ás estacións de vixilancia de inmisión asociadas a Repsol deberá incorporarse unha nova estación:
Estación // Localización // Parámetros controlados
Pastoriza // X: 543008 - Y: 4798672 // SO - HS - NO
Arteixo // X: 541228 - Y: 4795113 // SO - HS - Partículas PM10
- Tendo en conta que a localización destas casetas e a selección dos parámetros de medida foi indicada polo Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial, en escrito de data 12 de xullo de 1989, á vista do tempo transcorrido e analizados os datos obtidos ata a data, considérase preciso adecuar e mellorar o sistema de control de inmisión da instalación, para o que Repsol:
* Instalará unha nova caseta de control que se situará no núcleo de poboación de Arteixo, co fin de avaliar a calidade do aire, coa premisa principal de protexer a saúde humana.
Con este fin, no prazo de seis (6) meses desde o outorgamento da presente autorización presentarase, ante esta dirección xeral, unha proposta de localización e plan de implantación para a súa aprobación.
Terase en conta na elaboración da proposta que a caseta deberá equiparse con sistemas de medición de SO, SH, NO, partículas PM10 e ozono e integrarse na Rede de Control de Calidade do Aire de Repsol e que os datos obtidos nela serán enviados ao Sistema de Información da Rede Galega de Calidade do Aire seguindo os protocolos que actualmente se están utilizando para o intercambio de información de calidade do aire entre o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia e Repsol.
* Realizará unha campaña de determinación de compostos orgánicos volátiles (COV) -incluíndo o benceno- para avaliar a súa incidencia nos principais núcleos de poboación situados no contorno da planta.
Con este fin, no prazo de tres (3) meses desde o outorgamento da presente autorización presentarase, ante esta dirección xeral, unha proposta na que se incluíran: períodos de mostraxe, puntos de localización nos que se realizarán as medicións e técnicas de medición (tendo en conta que para a realización desta campaña se empregarán captadores pasivos).
* No prazo de vinte e catro (24) meses desde o outorgamento da presente autorización instalará un sistema de predición da contaminación atmosférica, isto é, un modelo de dispersión de contaminantes atmosféricos funcionando en continuo. Este modelo alimentarase dos datos das emisións dos focos e de datos meteorolóxicos, e os seus resultados serán tidos en conta, na medida do posible, no proceso produtivo da planta co fin de previr episodios contaminantes con especial atención a aqueles que se puidesen producir nos núcleos de poboación situados na área de influencia da planta.
2. Sobre o nivel de presión sonora.
2.1. Valores límite.
-Con carácter xeral a actividade industrial do complexo industrial de Repsol non poderá emitir nin transmitir niveis de ruído tales que produzan valores de recepción superiores aos determinados no capítulo II do anexo á Lei 7/1997; en todo caso, seguirase o que dispoñan os concellos afectados nas súas ordenanzas municipais.
2.2. Sistemas e procedementos para minimizar a contaminación acústica.
- Calquera actividade puntual programable, que poida supor un incremento nos niveis de presión sonora, realizarase en período diúrno.
2.3. Vixilancia e control ambiental.
- Repsol realizará estudos hixiénicos de niveis de ruídos en todas as unidades do complexo cunha periodicidade anual. Estes estudos deberán permitir comprobar a idoneidade do mapa de ruídos realizado no ano 2001, e das medidas preventivas adoptadas.
- No caso de modificacións nas unidades de proceso que podian afectar os niveis de presión sonora, realizarase unha campaña de control, determinando o nivel de presión sonora xerado coa nova unidade.
- Realizaranse dúas (2) campañas de medición do ruído ambiente exterior, en horario diúrno e nocturno, coincidindo con períodos de máxima actividade, cunha frecuencia mínima anual, os resultados destas campañas remitiranse á DXCAA co fin de analizalos e establecer unha nova periodicidade.
- As medicións indicadas no parágrafo anterior serán realizadas por unha entidade homologada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible seguindo para elo os procedementos establecidos no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. Adoptaranse, se é o caso, as medidas correctoras precisas para cumprir os valores límite.
3. Sobre as verteduras líquidas.
3.1. Valores límite de vertedura.
- O caudal máximo de vertedura de augas residuais e o punto de vertedura delas será:
Centro de traballo // Localización punto de vertedura (coordenadas UTM) // Medio receptor // Caudal // Unidades
Refinaría // X: 543.892 - Y: 4.801.146 // Costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas // 5.900.000 // m/ano
Terminal marítimo // X: 549.747 - Y: 4.800.878 // Ría da Coruña // 216.000 // m/ano
- Tendo en conta as análises presentadas polo titular desde a data da resolución de autorización de vertedura de augas residuais outorgada por Augas de Galicia así como o establecido nos BREF redactados para este sector industrial, os límites de concentración na vertedura á saída das instalacións de depuración de cada centro serán os que se detallan a continuación:
Centro de traballo // Parámetro // Valor límite // Unidades
Refinaría // pH // 5,5-9,5 // Sörensen
Sólidos en suspensión // 100 // mg/l
DQOtotal // 500 // mg/l
DBO5 // 200 // mg/l
Fenois // 4 // mg/l
Sulfuros // 3 // mg/l
TPH // 15 // mg/l
Nitróxeno amoniacal // 50 // mg/l
Ni // 10 // mg/l
Zn // 3,5 // mg/l
V // 2 // mg/l
Terminal marítimo pH // 5,5-9,5 // Sörensen
Sólidos en suspensión // 100 // mg/l
TPH // 15 // mg/l
Para o resto de parámetros, os límites máximos permitidos serán os establecidos:
* No Real decreto 258/1989 (anexo I-sección A), do 10 de marzo, polo que se establece a normativa xeral sobre verteduras de substancias perigosas desde terra a mar e nas súas ordes de desenvolvemento (Orde do 31-10-1989 e Orde do 28-10-1992), para a refinaría.
* E na Lei 8/2001 (anexo IV) límites de emisión de verteduras de augas residuais ás rías de Galicia, para o terminal marítimo.
- Con independencia dos límites establecidos, nos puntos de control fixados no medio receptor deberanse cumprir os valores de calidade de augas establecidos na seguinte lexislación:
* Lei 8/2001 (anexo II): obxectivos de calidade das augas das rías de Galicia.
* Real decreto 258/1989 (anexo I-sección B): normativa xeral sobre verteduras de substancias perigosas desde terra a mar e nas súas ordes de desenvolvemento (Orde do 31-10-1989 e Orde do 28-10-1992).
* Real decreto 734/1988 (anexo): normas de calidade das augas de baño.
3.2. Sistemas e procedementos para o tratamento e a minimización de verteduras.
- Complementariamente ás medidas indicadas, a empresa debe considerar medidas que favorezan a redución de consumos de auga excesivos ou que poidan danar as instalacións de depuración da instalación. A instalación contará con sistemas de retención de efluentes en situación de emerxencia ou avarías e fallos na instalación con capacidade suficiente de almacenamento superior aos requirimentos habituais da instalación.
- As verteduras de augas residuais industriais xeradas nas dúas plantas industriais existentes no complexo serán depuradas, antes da súa vertedura ao dominio público, nos seguintes sistemas de depuración:
* Refinaría:
Liña de auga:
+ Arqueta de repartición, na que se reciben as augas aceitosas e se regulan os caudais de entrada aos separadores API.
+ Separadores API. Tres separadores API de dobre canle, cunha función de primeira separación gravimétrica do aceite e os lodos.
+ Balsa de homoxeneización. Posúe dúas zonas: unha balsa previa e unha zona de homoxeneización propiamente dita. Esta balsa está dotada dun sistema de aireación.
+ Coagulación-Floculación. Sistema formado por dous depósitos separados por un bafle. Os sistemas de inxección do coagulante e do floculante constan dun tanque de preparación e outro de adición.
+ Unidade de flotación DAF. Depósito circular dotado de sistema de inxección de aire desde caldeira e rascador superficial.
+ Oxidación biolóxica. Mediante un sistema aerobio de lodos activos dotado dun sistema de axitación e aireación consistente en catro aireadores de superficie. Procédese á adición de ácido fosfórico como nutriente.
+ Clarificadores secundarios. Dous decantadores circulares con separación por gravidade e funcionamento en paralelo, dotados de brazos xiratorios provistos de pas para a recollida de espumas.
+ Balsa de retención final. De 10.000 m de capacidade.
+ Balsa de retención de augas pluviais. A esta balsa chegan as augas pluviais non contaminadas de Bens e Nostián. No extremo final do areeiro disponse dun bafle para reter os posibles aceites depositados na superficie.
Liña de lodos
+ Espesador primario. Recibe os lodos non recirculados ao reactor biolóxico. Consiste nunha cuba cilíndrica con fondo cónico e sistema de ponte xiratoria con rasquetas para a concentración gravimétrica dos fangos.
+ Dixestores aerobios. Recibe os lodos procedentes do espesador primario, sobrenadantes do DAF e lodos de fondo dos separadores API. Está formado por dúas cámaras equipadas con catro turbinas aireadoras e funcionamento alterno.
+ Espesador secundario. Recibe os lodos procedentes do dixestor aerobio, por medio dun cilindro central. A súa forma é similar á do espesador primario pero, a diferenza daquel, non posúe un sistema de arrastre de escumas superficiais.
+ Foso de recollida final de lodos. Recolle os lodos procedentes do espesador secundario e recibe as escumas flotantes orixinadas no espesador primario. Está equipado cun mecanismo de axitación para evitar a solidificación dos lodos dixeridos e concentrados. Desde este foso envíanse os lodos mediante bombeo á Unidade de Coquización.
Emisario submarino
+ O efluente procedente dos clarificadores xúntase na balsa de retención final coas augas pluviais, dende onde se descargan ao mar a través dun pozo de bombeo e mediante un emisario submarino das seguintes características, de acordo co Plan de Vixilancia Ambiental presentado polo solicitante:-Lonxitude: diferéncianse catro zonas:
* Tramo terrestre (fóra da influencia mareal; cota superior: + 4 m BMVE): 30 m.
* Tramo marítimo-terrestre (zona entre cota + 4 m e cota 0 m): 272 m.
* Tramo submarino (zona entre cota 0 m e final do emisario): 220 m.
* Tramo de difusores: dúas ramas de 30 m separadas en ángulo de 120º, con cinco difusores en cada rama. Os difusores sitúanse a unha altura de 1,5 m do fondo mariño.-Dilución inicial: en función dos caudais medio e máximo de vertedura, acadaranse os seguintes valores de dilución:
* Dilución inicial = 484.7 (caudal= 500 m/h).
* Dilución inicial = 238.1 (caudal= 900 m/h).
* Terminal marítimo:
- Balsa de recollida de augas pluviais e drenaxes.
- Decantación en tanque con sistema de quecemento con vapor, de 10.532 m de capacidade e tempo de retención de 26 horas.
- Separador Wenco de flotación por aire disolto.
- Tanque de recollida de slops con 242 m de capacidade, provisto de sistema de recirculación de efluentes.
3.3. Vixilancia e control ambiental.
- Á saída de cada unha das dúas instalacións de tratamento das augas residuais disporase de arquetas para o control das verteduras, con acceso directo para a súa inspección por parte da Administración. Estas arquetas de mostraxe non sufrirán dilución pola carreira de marea.
- Deberá existir un libro de rexistro (físico ou informático, adecuadamente protexido contra dano ou contra modificación non autorizada) á disposición da Administración, no que se anotarán:
* Tomas de mostras realizadas e resultados analíticos obtidos nos ensaios en laboratorio efectuados consonte o establecido na presente resolución.
* Incidencias ocorridas na operación que poidan influír nas condicións de operación e tratamento de augas, na calidade das verteduras ou na calidade do medio receptor. Calquera incidente será comunicado no momento de producirse, por escrito, á DXCAA.
- A empresa designará un responsable técnico para cada unha das instalacións de depuración de cada un dos centro de traballo.
- A frecuencia mínima coa que se controlarán os límites dos parámetros característicos da vertedura nas arquetas á saída dos sistemas de depuración, será a seguinte:
Centro de traballo // Parámetro // Frecuencia de control // Unidades
Refinaría (1) // Sólidos en suspensión // Semanal (3) // mg/l
DQOtotal // Semanal (3) // mg/l
DBO5 // Quincenal (4) // mg/l
Fenois // Quincenal (4) // mg/l
Sulfuros // Quincenal (4) // mg/l
TPH // Semanal (3) // mg/l
Nitróxeno amoniacal // Quincenal (4) // mg/l
Ni // Quincenal (4) // mg/l
, Zn // Quincenal (4) // mg/l
V // Quincenal (4) // mg/l
Terminal marítimo (2) // Sólidos en suspensión // Mensualmente (5) // mg/l
TPH // Mensualmente (5) // mg/l
(1) As frecuencias indicadas na táboa refírense a controis a realizar pola empresa. Non obstante, seis (6) veces ao ano (espaciando as medidas cunha periodicidade bimestral sempre que a meteoroloxía o permita) deberá realizarse un control destes parámetros por un órgano de control externo.
(2) Os controis indicados na táboa deberán ser realizados por un organismos de control externo.
(3) Nas mostras con frecuencia semanal, a medición realizarase alternativamente cada día da semana, con intervalo entre toma de mostra de oito días naturais contados a partir do día seguinte á anterior toma.
Naqueles parámetros de medición semanal que desen en todas e cada unha das análises practicadas durante 2 meses seguidos valores inferiores ao 30% do valor máximo autorizado, poderán solicitar (expresamente e por escrito) o seu paso a unha periodicidade quincenal.
(4) A mostraxe que se vai realizar cunha frecuencia quincenal deberá facerse coincidir coa correspondente mostraxe semanal.
(5) Controlaranse no primeiro día de vertedura de cada mes.
* No caso de non efectuarse analítica nalgún mes por non producirse vertedura, notificarase este feito á DXCAA.
* Para os dous centros, a mostraxe das augas será integrada, garantindo a representatividade dos resultados que se obteñan.
* No que respecta ao control do pH e do caudal de vertedura, a empresa posuirá instrumentos ou elementos para o control en continuo destes dous parámetros na refinaría, mentres que no terminal marítimo serán medidos ambos os parámetros polo organismo de control externo acreditado, durante o período de mostraxe. Estes elementos deberán garantir a rastrexabilidade a patrón recoñecido conforme os estándares metrolóxicos establecidos.
* A empresa manterá en servizo e calibrará os devanditos instrumentos con métodos adecuados.
* Os resultados do pH e caudal vertedura remitiranse expresando un valor medio diario a incorporar no informe mensual de vertedura. A media mensual, realizada a partir das medias diarias non poderá superar os límites establecidos no punto 3.1 da presente resolución.
* A Administración poderá efectuar, cando o coide oportuno, análises de comprobación da calidade das verteduras para cotexar que se cumpren as condicións expostas na presente resolución. Estas análises serán efectuadas por un laboratorio recoñecido por Augas de Galicia, sendo por conta do autorizado os gastos que por tal motivo se ocasionen en tales comprobacións.
- Control estrutural do emisario:
* Unha vez ao ano, inspeccionarase o emisario submarino da refinaría en toda a lonxitude do tramo somerxido e dos seus principais elementos mediante o emprego de mergulladores ou instrumental mergullable.
* A inspección realizarase coa máxima carga hidráulica posible.
- Mostraxe e análise de control da calidade das augas receptoras, que será realizada por organismo externo:
Centro de traballo // Punto de mostraxe // Descrición // Localización
(coordenadas UTM) // Frecuencia de control // Parámetros
Refinaría:
* RF-MR 1 // Ao final do emisario, na superficie das augas // X: 543.789 - Y: 4.801.444 // Seis (6) veces ao ano espaciando as medidas cunha periodicidade bimestral sempre que a meteoroloxía o permita* // -pH-Sólidos en suspensión-Carbono orgánico total-TPH-Nitróxeno amoniacal-Fenois-Sulfuros
* RF-MR 2 // A 50 m da arrinca do emisario, na marxe esquerda da costa // X: 543.909 - Y: 4.801.243 //
* RF-MR 3 // Na arrinca do emisario // X: 544.105 - Y: 4.801.216 //
* RF-MR 4 // A 50 m da arrinca do emisario, na marxe dereita da costa // X: 543.947 - Y: 4.801.476 //
RF-MR 5 // Entre a saída do efluente e a costa X: 543.945 - Y: 4.801.340 //
RF-MR 6 // En zona de non afección // X: 544.200 - Y: 4.802.800
Terminal marítimo
* TM-MR 1 // Saída da condución de desaugamento, na superficie das augas X: 549.752 - Y: 4.800.757 // Semestral * // -pH-Sólidos en suspensión
* TM-MR 2 // Sobre a liña de costa, a 50 m da arrinca da condución, en sentido norte // X: 549.712 - Y: 4.800.789 // -TPH
* TM-MR 3 // Sobre a liña de costa, a 50 m da arrinca da condución, en sentido sur // X: 549.791 - Y: 4.800.726
* TM-MR 4 // En zona de non afección // X: 552.082 - Y: 4.800.726
* Sobre unha mostra integrada a partir doutras dúas submostras tomadas en media baixamar e media preamar; e coincidindo na mesma data que un dos controis do efluente.
- Mostraxe e análise de sedimentos e organismos, que será realizada por organismo externo:

Refinaría
RF-SD-ORG 1 // Zona non influída polo emisario // X: 543.444 - Y: 4.802.395 //
RF-SD-ORG 2 // Zona con poboacións abundantes de organismos representativos // X: 543.677 - Y: 4.801.785 //
RF-SD-ORG 3 // X: 543.496 - Y: 4.801.936
Anual* //b-TPH-Nitratos-Nitritos-Fósforo total
- Inventario das poboacións de organismos presentes
RF-SD-ORG 4 // Zona de influencia do emisario, marxe esquerda // X: 543.794 - Y: 4.801.467 //
RF-SD-ORG 5 // Punto en zona de influencia do emisario, marxe dereita // X: 543.662 - Y: 4.801.320
Terminal marítimo
TM-SD-ORG 1 // Zona saída condución, acumulación de sedimentos X: 549.749 - Y: 4.800.832
TM-SD 2 ORG 2 // X: 544.850 - Y: 4.800.762 // Anual*
TM-SD 3 ORG 3 // Zona de poboacións representativas da zona (diques) // X: 550.693 - Y: 4.801.776
TM-SD 4 ORG 4 // Zona de non afección // X: 558.082 - Y: 4.800.726
TM-SD 5 ORG 5 // Zona de poboacións representativas da zona (praias) // X: 551.254 - Y: 4.799.365
* Coincidindo cun dos controis do efluente.
Cos datos recollidos anualmente, correspondentes á evolución da configuración do complexo e do propio emisario submarino, así como cos caudais e calidades detectadas, remitiráselle á DXCAA un estudo de dilución que corrobore o cumprimento das calidades do medio receptor establecidas no punto 3.1 da presente resolución.
- Presentación de resultados:
As análises correspondentes aos controis indicados na presente resolución e a presentación dos resultados obtidos, deberanse realizar seguindo a frecuencia que se resume na seguinte táboa.
Frecuencias de control // Frecuencias de presentación de resultados
Control interno // Control externo (1) // Control interno // Control
externo (1)
Verteduras
Refinaría // Segundo táboa // Seis veces ao ano (2) // Mensual (3) // Seis veces ao ano (2) //
Terminal // --- // Mensual // --- // Mensual
Augas receptoras
Refinaría // --- // Seis veces ao ano (2) // --- // Seis veces ao ano (2) e anual (4)
Terminal // --- // Semestral // --- // Semestral e anual (4)
Sedimentos e organismos
Refinaría // --- // Anual // --- // Anual
Terminal // --- // Anual // --- // Anual
Control estrutural do emisario

(1) Todas as mostraxes e análises serán realizadas por laboratorio recoñecido por Augas de Galicia.
(2) E cunha periodicidade bimestral sempre que a meteoroloxía permita a toma de mostras con esta frecuencia.
(3) Os resultados analíticos destes controis comunicaranse por medio dun informe asinado por responsable analítico e selado pola empresa que se lle remitirá mensualmente á DXCAA, antes da finalización do mes seguinte ao de control. Conxuntamente co primeiro informe mensual de control da vertedura enviaráselle á DXCAA, para a súa aprobación, o plan de calibración dos instrumentos empregados por Repsol para a realización dos controis en continuo. Os resultados das calibracións enviaráselle á DXCAA xunto cos resultados das mostraxes.
(4) Anualmente elaborarase un informe, que lle será remitido á DXCAA antes do día 1 de abril do ano posterior ao do estudo, que conteña: os resultados analíticos do control estrutural do emisario, do medio receptor e dos sedimentos para a refinaría; os resultados analíticos do control do medio receptor e dos sedimentos e organismos para o terminal marítimo e os resultado do estudo de dilución.
4. Sobre a protección do solo e das augas subterráneas.
4.1. Sistemas e procedementos para evitar a contaminación.
- Os tanques e esferas que conteñan produtos perigosos disporán de cubetos de dimensións axeitadas para garantir a retención dos produtos no caso de accidente. Os cubetos estarán conectados á rede de drenaxe do complexo, de tal xeito que as posibles fugas de produto sexan recollidas e canalizadas á planta de tratamento de augas residuais.
- Os fondos dos tanques de nova construción estarán impermeabilizados cunha membrana de polietileno de alta densidade, quimicamente resistente ao contido do tanque e que en caso de fuga evite o paso de contaminantes ás augas subterráneas.
- As superficies das zonas de almacenamento de residuos perigosos estarán impermeabilizadas e contarán cunha rede de drenaxe e recollida de perdas ou derrames, de forma que se garanta a súa adecuada xestión.
- As prácticas e operacións con produtos perigosos realizaranse sobre superficies impermeables provistas de fosos de retención de verteduras accidentais.
4.2. Vixilancia e control ambiental.
- A instalación está recollida no anexo I do Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, polo que se deberán cumprir as obrigas derivadas da entrada en vigor do citado real decreto. A este respecto facer constar que se considera que a documentación achegada para a solicitude da AAI cumpre os requisitos mínimos do informe preliminar de solos definido no dito decreto.
- Co obxecto de prever e controlar posibles fugas realizaranse inspeccións periódicas con sistemas electrónicos naquelas zonas que presenten un maior risco potencial de producir derrames ou fugas: tanques, encanamentos, zonas de carga e descarga e oleoduto.
- Elaborarase un plan básico de inspeccións e revisións periódicas de mantemento, que inclúa: as instalacións que se vaian inspeccionar e/ou revisar (tanques, encanamentos, zonas de carga e descarga e oleoduto); os procedementos para realizar as inspeccións e revisións; e a súa periodicidade. Este plan e os rexistros das inspeccións e revisións arquivaranse e manteranse na instalación á disposición da Administración.
- Considerando as condicións de localización dos establecementos industriais, dispoñerase dunha rede de control das augas subterráneas que inclúa a refinaría e o terminal marítimo, de modo que se poida avaliar a influencia de cada un deles. Esta rede incluirá, polo menos, os piezómetros indicados a continuación:

(coordenadas UTM) // Parámetros
Refinaría
RF-AS 1 // Branco do Val de Bens // X:544824 - Y:4800307 //
RF-AS 2 // Branco do Val de Nostián // X:544535 - Y:4799604 //
RF-AS 3 // Control da drenaxe xeral da área da refinaría que inclúa ambos os dous vales // X:544271 - Y:4801078 //
RF-AS 4.1 // Dous piezómetros, que permitan controlar a calidade de drenaxe do Val de Bens // X:544817 - Y:4800908
pH - Condutividade - COT - Fósforo total - Nitróxeno total - TPH - Metais (Cd, Cu, Cr, Ni, Pb, Zn, As, V e Hg) - AOX - BTEX
RF-AS 4.2 // X:544679 - Y:4800807
RF-AS 4.3 // Dous piezómetros, que permitan controlar a calidade de drenaxe do Val de Nostián // X:544597 - Y:4800740
RF-AS 4.4 // X:544542 - Y:4800683 //
Terminal marítimo
TM-AS 1 // Dous puntos de control que permitan, como mínimo, controlar a drenaxe ao dominio público marítimo-terrestre // X:549775 - Y:4800725
TM-AS 2 // X:549625 - Y:4800750 //
- Cada piezómetro estará executado consonte a estándares recoñecidos e alcanzará o nivel do acuífero na área de instalación.
- A mostraxe das augas subterráneas será representativa das condicións do acuífero e incluirá os pertinentes bombeos de volume de auga adecuado para garantir a súa representatividade. Todas as mostraxes e análises serán realizadas por laboratorio recoñecido por Augas de Galicia.
- Realizarase un informe que lle será remitido á DXCAA para a súa aprobación no que se describa: a localización dos piezómetros, diámetros e técnica de perforación empregada, materiais e condicións de implantación, a primeira toma de mostra e caracterización da calidade das augas subterráneas en cada piezómetro.
- Unha vez concedida AAI, e durante os dous primeiros anos, a empresa realizará e remitirá trimestralmente a esta DXCAA os resultados das analíticas efectuadas en cumprimento do disposto nos puntos anteriores. En función dos resultados acadados durante este período, esta dirección xeral poderá modificar en anos posteriores a frecuencia e a relación de parámetros que se vaian analizar.
- En cada campaña, o técnico responsable da instalación deberá avaliar os resultados e, no caso de detectar variacións significativas, estudará a situación buscando as razóns do cambio, adoptando, se fose preciso, medidas para a súa corrección.
5. Sobre a xestión e a produción de residuos.
5.1. Procedementos de xestión, vixilancia e control ambiental.
a) Respecto da xestión de residuos perigosos:
- As operacións de xestión autorizadas consisten na recepción e tratamento de residuos Marpol categorías A e B, dos buques que operan no terminal petroleiro do porto da Coruña; con decantación por gravidade e separación auga-hidrocarburos; bombeo de hidrocarburos á refinaría e vertedura das augas separadas.
- O residuo que abrangue a presente inscrición no rexistro relaciónase a continuación codificado segundo a Orde MAM/304/2002, do 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorización e eliminación de residuos e a lista europea de residuos:
Código LER // Tipo de residuo
130703 // Outros combustibles (incluídas mesturas)
- Esta xestión de residuos queda suxeita ao cumprimento das seguintes condicións:
* As prescricións que sobre residuos se establecen na Lei 10/1998, do 21 de abril, no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, no Real decreto 952/1997 do 20 de xuño, no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, así como en cantas disposicións fosen ditadas ou se diten na Administración do Estado e na Administración da Xunta de Galicia en materia de residuos.
* Levar un rexistro en que conste a cantidade, a natureza, o código de identificación, a procedencia, os métodos e os lugares de tratamento e a data de aceptación e recepción dos residuos (de acordo co disposto no artigo 37 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, e no artigo único, puntos 2º e 3º, do Real decreto 952/1997, do 20 de xuño).
* Cumprir as obrigas que se derivan do cumprimento do disposto nos artigos 31 e seguintes do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, sobre admisión, notificación de traslado de residuos perigosos e documentos de control e seguimento.
* Elaborar unha memoria anual de actividades, que deberá presentala anualmente, antes do 1 de marzo e segundo o modelo oficial, na DXCAA.
b) Respecto da produción de residuos perigosos:
- Os residuos perigosos que se prevé xerar de forma habitual coa actividade son:
Código LER // Descrición // Proceso xerador
160601 // Baterías de Pb // Pilas e baterías gastadas
160602 // Acumuladores de Ni-Cd
160603 // Pilas que conteñen Hg
160604 // Pilas alcalinas
160802 // Catalizador gastado de tratamento de queroseno // Tratamento de queroseno
170503 // Terras contaminadas con hidrocarburos // Almacenamento, mestura e movemento de materiais
050199 // Obxectos contaminados con hidrocarburos
050105 // Hidrocarburos pesados tipo asfalto
050103 // Residuos sólido-pastosos contaminados con hidrocarburos
150110 // Recipientes metálicos de toma de mostra
150110 // Recipientes metálicos de aditivos baleiros
050103 // Lodos aceitosos se Pb
120116 // Granalla de chorreado de tanques
150202 // Residuos contaminados de limpeza // Limpeza de maquinaria e eq.
200121 // Tubos fluorescentes (1) // Servizos xerais
160802 // Catalizador gastado Ni-Mo // Desulfuración
160802 // Catalizador gastado Co-Mo
160802 // Catalizador gastado Cu/Al/Bi
160802 // Catalizador gastado de óxido de Zinc
180103 // Residuos médicos biosanitarios // Residuos médicos
180108 // Residuos médicos citotóxicos
(1) A xestión destes residuos rexerase polo Real decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos e a xestión dos seus residuos.
- A produción destes residuos (excepto o correspondente ao LEER 200121) queda suxeita ao cumprimento das seguintes condicións:
* As prescricións que sobre residuos se establecen na Lei 10/1998, do 21 de abril, no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, no Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, e no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, así como en cantas disposicións fosen ditadas ou se diten na Administración do Estado e na Administración da Xunta de Galicia en materia de residuos.
* Cumprir as normas técnicas vixentes relativas ao envasado, etiquetaxe e almacenamento de residuos perigosos.
* Entregar os residuos producidos a un xestor de residuos autorizado.
* Levar un rexistro en que conste a cantidade, a orixe, a natureza, o código de identificación, os métodos, os lugares de tratamento e a data de xeración e cesión dos residuos (de acordo co disposto no artigo 17 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, e no artigo único, punto 1º, do Real decreto 952/1997, do 20 de xuño).
* Rexistrar e arquivar os documentos de aceptación dos residuos, xunto cos exemplares do documento de control e seguimento da orixe e destino dos residuos, durante un tempo non inferior a cinco anos, de acordo cos artigos 16.2º e 16.3º do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.
* Cumprir as obrigas que se derivan do disposto nos artigos 20, 21 e 41 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, sobre admisión, notificación de traslado de residuos perigosos e documentos de control e seguimento.
* Formalizar unha declaración anual de actividades e presentala antes do 1 de marzo segundo o modelo oficial, na DXCAA, conforme o establecido no artigo 18 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.
* Presentar cada catro anos desde a obtención desta autorización un estudo de minimización de acordo co contido establecido na Orde do 11 de maio de 2001.
* Almacenar os residuos por un período máximo de seis meses. Este tempo computarase a partir do momento en que o contedor estea cheo, sempre que se trate de contedores axeitados que permitan o seu peche e precintado unha vez cheos.
c) Condicións xerais:
- Calquera modificación relativa á xestión dos residuos, en canto ás operacións de produción e valorización autorizadas, deberá de ser comunicada a este centro directivo para a súa aprobación.
- Os residuos entregaranse a xestores autorizados e inscritos no Rexistro de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Priorizarase a entrega a xestores que realicen operacións de valorización e que se atopen máis preto á planta.
- O titular da instalación deberá conservar os documentos que garantan a recepción dos residuos perigosos polo xestor receptor.
- En canto á produción de residuos urbanos ou asimilables a urbanos, estes entregaránselle ao concello ou empresa adxudicataria da xestión de residuos municipais nas condicións fixadas nas correspondentes ordenanzas. No caso de que a entidade local xustificadamente lle obrigue á xestión dalgún tipo de residuo desta natureza á empresa, esta xestionaraos a través de xestores autorizados de residuos sólidos urbanos.
- Estudaranse os procesos produtores de residuos non perigosos (tanto industriais como urbanos), cuantificando as cantidades xeradas neles.
- Adoptaranse as medidas técnicas e economicamente viables para reducir a cantidade de residuos xerados no proceso.
- O período de almacenamento dos residuos (non perigosos) non superará un ano cando o seu destino final sexa a eliminación ou dous anos cando o dito tratamento sexa a valorización.
- Os traslados dos residuos realizaranse mediante empresas transportistas inscritas no rexistro para o efecto. No caso concreto dos residuos perigosos realizaranse do xeito indicado no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.
6. Medidas para adoptar en situacións de funcionamento anormal.
- Con carácter xeral, de detectárense anomalías no funcionamento da instalación que deriven no incumprimento das condicións impostas nesta autorización procederase á determinación inmediata da orixe do problema e á súa corrección acreditando perante a DXCAA que adoptou as medidas axeitadas para emendar as causas que o motivaron. No caso de persistir, paralizarase a actividade causante da anomalía.
Se estas anomalías implican riscos para a saúde das persoas ou poden prexudicar gravemente o equilibrio dos sistemas naturais, suspenderase inmediatamente a actividade, quedando obrigado a comunicarllo á Protección Civil da provincia. En todo caso, as incidencias seranlle comunicadas inmediatamente a esta dirección xeral.
Todo o anterior sen prexuízo das responsabilidades en que poida inorrer.
- A empresa incluirá dentro do seu Plan de Seguridade ante Emerxencias a protección da calidade das augas, tanto respecto do mantemento da calidade das verteduras como respecto da protección do medio receptor nas augas superficiais e subterráneas. Así a empresa disporá de medidas para a actuación entre outras situacións para:
* Protección de derrames ou desbordamento de recipientes e depósitos industriais.
* Revisión e mantemento en bo estado de liñas de circulación de fluídos con carga contaminante que poidan alcanzar liñas de pluviais ou afectar a calidade do medio receptor.
* Controlar as achegas de verteduras industriais en caso de emerxencia ao sistema de depuración e adaptar as condicións de operación para garantir a ausencia de verteduras sen controlar ao exterior da instalación.
* Controlar a calidade da vertedura no caso de mal funcionamento das instalacións de proceso.
* Velar pola protección da calidade das augas no caso de darse unha situación de emerxencia. Esta protección incluirá as precaucións necesarias durante a emerxencia así como a retirada posterior dos materiais danados e dos restos dos axentes de extinción de incendios ou de mitigación dos seus efectos ou da propagación.
7. Condicións adicionais.
- Proponse manter unha análise continuada da implantación de MTD, tanto das aplicables directamente ao sector do refino como as aplicables aos procesos auxiliares.
- Salvo indicación expresa noutro sentido, as tomas de mostras e as análises serán efectuadas por organismo de control autorizado ou entidade homologada, seguindo a metodoloxía establecida en normas EN, UNE-EN, UNE e, en ausencia destas, noutras normas internacionais ou nacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalentes.
- Os resultados da totalidade dos controis serán arquivados na planta e mantidos durante un período mínimo de cinco (5) anos a partir do final do ano de referencia de que se trate e deberánselle facilitar á Administración en caso de que esta os requira.
- A información de seguimento que se solicita na presente resolución:
* Presentarase ante esta DXCAA achegando un (1) exemplar do documento en papel e catro (4) exemplares en CD.
* Os documentos que cumpra presentar deberán vir asinados polos técnicos competentes responsables da súa elaboración.
* Os exemplares que se presenten en CD deberán presentar unha estrutura que permita unha lectura congruente da información.
* Todos os documentos estarán correctamente identificados e incluirán, se fose o caso, o número de revisión que corresponda e indicando sempre a súa data de elaboración.
* Como os exemplares en CD deben conter a mesma información que os exemplares en papel, ambos deberán identificarse cos mesmos títulos debendo ser a única diferenza o formato en que se presentan.
- O cumprimento das condicións da presente resolución non exime o titular da actividade que se autoriza da posible responsabilidade civil, penal ou administrativa polos danos que poidan causar as súas emisións ao medio.
ANEXO V - Glosario de siglas
AAI. Autorización ambiental integrada.
AOX. Compostos orgánicos haloxenados.
AS. Augas subterráneas.
BTEX. Benceno, tolueno, etilbenceno e xileno.
CON. Foco xeral de Nostián.
COG. Coxeración.
COQ. Sistema de captación de finos de coque.
COT. Carbono orgánico total.
DAF. Flotación por aire disolto.
DBO. Demanda biolóxica de oxíxeno.
DQO. Demanda química de oxíxeno.
DXCAA. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
EPER. Rexistro Europeo de Emisión de Contaminantes.
FCC. Craqueo catalítico en leito fluído.
HDT. Hidrotratamento da carga a FCC.
GLP. Gases licuados de petróleo.
ETBE. Etilterbutiléter.
MR. Medio receptor.
MTBE. Metilterbutiléter.
MTD. Mellor tecnoloxía dispoñible.
ORG. Organismos.
PIMS. Process Industry Modeling System.
PRA. Planta de recuperación de xofre.
PRTR. European Pollutant Release and Transfer Register.
PT. Platformado.
RF. Refinaría.
SD. Sedimentos.
SPC. Sistema de produción do complexo.
TAR. Planta de tratamento de augas residuais.
TPH. Hidrocarburos totais de petróleo.
TM. Terminal marítimo.
VC. Baleiro.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL