RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U).

Diario Oficial de Galicia, 08-07-2019, Núm. 128, Páx. 31999
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a seguir:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Obxecto
Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, recollidas como anexo I desta resolución e se procede a convocatoria para a anualidade 2019
(IN421T IN421U).
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2019 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado
desta resolución.
Prazo
Comezará o 30 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ext Res 26-7-2019.pdf Castellano
Res 26-7-2019_gl.pdf Galego
Ext Res 26-7-2019_gl.pdf Galego
Res 26-7-2019_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles