Resolución do 26 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública o proxecto de orde pola que se declara espazo natural de interese local a zona denominada Voutureira, pertencente ao municipio de San Cibrao das Viñas.

Diario Oficial de Galicia, 24-07-2007, Núm. 143, Páx. 12729
Resolución do 26 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública o proxecto de orde pola que se declara espazo natural de interese local a zona denominada Voutureira, pertencente ao municipio de San Cibrao das Viñas. A Lei do Parlamento galego 9/2001, de 21 de agosto, de conservación da natureza, define como espazos naturais protexidos aqueles espazos que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debidos á acción e evolución da natureza como derivados da actividade humana, e que fosen declarados como tales. O Decreto 124/2005, do 6 de maio, desenvolve os preceptos da Lei 9/2001 relativos ás figuras de espazo natural de interese local e de espazo privado de interese natural. Segundo este decreto a declaración dun lugar como espazo natural de interese local será realizada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, por solicitude do concello en que este espazo se encontre. O concello de San Cibrao das Viñas presentou unha solicitude á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ao abeiro do mencionado decreto para que se tramite a declaración da zona denominada Voutureira como espazo natural de interese local. Esta dirección xeral considera necesario establecer un período de información pública na tramitación desta solicitude con obxecto de cumprir a Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega. Polas razóns explicadas, RESOLVO: Primeiro.-Someter a información pública e audiencia aos interesados o expediente de tramitación da declaración do espazo natural de interese local Voutureira, pertencente ao municipio de San Cibrao das Viñas. Segundo.-Para estes efectos informativos, poranse á disposición dos interesados copias da memoria achegada polo concello de San Cibrao das Viñas, así como do proxecto de orde de declaración provisional do espazo nas seguintes dependencias: -Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. -Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Ourense, rúa Paseo, nº 18, 32003 Ourense. -Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1, 32911 San Cibrao das Viñas, Ourense. Do mesmo xeito, poderase consultar o texto do proxecto de orde de declaración provisional na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (http//:medioambiente [at] xunta.es). Terceiro.-As alegacións formularanse durante el prazo de vinte (20) días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2007. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res26062007.pdf Galego
Res26062007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles