Resolución do 26 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se convoca a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan.

Diario Oficial de Galicia, 21-10-2003, Núm. 204, Páx. 13108
Número do Dog: 204 Páxina do Dog: 13.108 Data da Disposición: 26 de setembro de 2003 Sección: VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA Organismo: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE Rango: Resolución Título: Resolución do 26 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se convoca a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan. Resolución do 26 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se convoca a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan. Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, da Consellería de Medio Ambiente e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (DOG do 16 de setembro). A poxa terá lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, avda. da Habana, nº 79, baixo, Ourense. Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran nos expedientes correspondentes no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense, sito na rúa do Paseo, 18, 3º desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG desta resolución. As ofertas poderanse presentar durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG desta resolución, no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense ou en calquera das formas legalmente establecidas. A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas. Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B coa oferta económica. O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se realizan ante a mesa e na mesma sesión. Deberá conte-la seguinte documentación. 1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. 2. Os xustificantes acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. 3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. 4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador. 5. Os que acrediten encontrarse ó día do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes. No caso de que o licitador estea dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os xustificantes acreditativos das fianzas provisionais. O sobre B, recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual. O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva, agás os lotes nos que o motivo sexa rareo, nos que a fianza definitiva será do 10% do prezo de adxudicación. Dentro dese mesmo prazo deberá aboar: 1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa. 2. O importe das taxas. 3. Os gastos proporcionais deste anuncio. 4. Os demais que se establezan nos pregos particulares do aproveitamento. O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, a porcentaxe que corresponda, segundo o réxime especial ou xeral que aplique a propiedade do monte, en concepto de IVE. Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003. Justo de Benito Basanta Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente ANEXO: Dispoñible soamente na versión PDF
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Resolucion_poxa_outubro.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles