Resolución do 26 de marzo de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2006 pola que se establecen e regulan axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia.

Diario Oficial de Galicia, 30-04-2007, Núm. 83, Páx. 6870
Resolución do 26 de marzo de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2006 pola que se establecen e regulan axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia. De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 11 da Orde do 21 de xullo de 2006 pola que se establecen e regulan axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia, procédese pola presente á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ao abeiro da citada orde. Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o seguinte: a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 21 de xullo de 2006 pola que se establecen e regulan axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia. b) Aplicación orzamentaria: 15.02.342.A.780.1. c) Crédito orzamentario: 100.000 €. d) Destinatarios: titulares de tecores galegos de carácter particular ou societario e as agrupacións destes que, aínda carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. e) Entidades beneficiarias, importe e finalidade das axudas que se detallan no anexo. Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2007. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza Ver referencia pdf "08300D006P014.PDF"
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res26032007.pdf Galego
res26032007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles