RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Diario Oficial de Galicia, 06-02-2019, Núm. 26, Páx. 7641
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente resolución:
a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.
b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2019. O seu código de procedemento é MR331A.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 26-12-2018_es.pdf Castellano
Res 26-12-2018 PDR_gl.pdf Galego
Extracto Res 26-12-2018_es.pdf Castellano
Extracto Res 26-12-2018 PDR_gl.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles