Diario Oficial de Galicia, 08-05-2024, Núm. 90, Páx. 28198
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.
Obxecto
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos ou subprodutos, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso noutros procesos produtivos; e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organizacións.
Prazo
Ata as 14.00 horas do día 15 de setembro de 2024
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
