Resolución do 25 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2005 destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos a estacións de transferencia ou plantas de xestión.

Diario Oficial de Galicia, 25-01-2007, Núm. 37, Páx. 2542
Resolución do 25 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2005 destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos a estacións de transferencia ou plantas de xestión. De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese pola presente á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente ao abeiro da Orde de 8 de abril de 2005, destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas, cuxo importe é igual ou superior a 3.000 euros. Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, o seguinte: a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 8 de abril de 2005, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas (DOG nº 73, do 18 de abril de 2005). b) Aplicación orzamentaria: 15.04.342A.760.0. c) Crédito orzamentario: 425.000 euros. d) Finalidade da axuda: contribuír a abaratar os custos de transporte que teñen que sufragar os concellos polo transporte dos seus residuos sólidos urbanos ata a estación de transferencia ou planta de selección correspondente cando esta dista máis de 25 quilómetros da casa do concello. e) Destinatarios: concellos, mancomunidades e agrupacións de municipios legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpren os requisitos fixados pola orde da convocatoria. f) Entidades beneficiarias e importe das axudas: Concello de Monfero: 3.889 euros. Concello de Lobios: 4.884 euros. Concello de Marín: 16.082 euros. Concello de Outes: 3.697 euros. Concello de Xermade: 3.167 euros. Concello de Vilaboa: 3.160 euros. Concello de Guitiriz: 7.392 euros. Concello de Curtis: 5.481 euros. Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense: 8.007 euros. Concello da Pastoriza 5. 211 euros. Concello da Pontenova: 5.867 euros. Concello de Covelo: 4.113 euros. Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2007. Joaquín Lucas Buergo del Río Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RES25012007.pdf Galego
res25012007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles