Resolución do 23 de xaneiro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Couto de San Sebastián, nos concellos da Estrada e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Fomensa Hispania, S.L. (Expediente IN661A 99/1-4).

Diario Oficial de Galicia, 05-03-2004, Núm. 46, Páx. 3000
Resolución do 23 de xaneiro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Couto de San Sebastián, nos concellos da Estrada e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Fomensa Hispania, S.L. (Expediente IN661A 99/1-4). En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 11 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Couto de San Sebastián, nos concellos da Estrada e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Fomensa Hispania, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas ANEXO Modificación con data do 11 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa á Resolución do 20 de xuño de 2002, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Couto de San Sebastián, nos concellos da Estrada e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Fomensa Hispania, S.L. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do Parque Eólico Couto de San Sebastián o 3 de decembro de 2001, modificada posteriormente con data do 20 de xuño de 2002. O dito parque foi autorizado pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas mediante Resolución do 14 de febreiro de 2002, na que se establece unha limitación da potencia que se lle vai outorgar ó interesado de 19,5 MW e se indica que terá que presentar un proxecto modificado na contía de potencia especificada na autorización. Con data do 2 de outubro de 2003 ten entrada no rexistro da Consellería de Medio Ambiente o documento titulado «Proxecto oficial Parque Eólico Couto de San Sebastián. Modificado nº 1. Agosto 2003», presentado polo promotor co obxecto de adapta-lo proxecto constructivo ó antedito requirimento. A adaptación resólvese no proxecto modificado mediante a eliminación de 8 aeroxeradores, os numerados do 1 ó 7 e o número 13 no proxecto inicial, quedando a potencia final nos 19,5 MW autorizados. Examinada a documentación presentada, esta dirección xeral considera que non existen obxeccións, para os únicos efectos ambientais, á modificación solicitada, toda vez que consiste únicamente na eliminación de posicións recollidas na DIA. Dado que no expediente non concorren outras circunstancias significativas para os efectos ambientais, cómpre modificar novamente a declaración de impacto ambiental, nos termos que a continuación se indican: En relación co ámbito da declaración: 1. O Parque Eólico Couto de San Sebastián quedará constituído por 15 aeroxeradores modelo Bazán-Bonus de 1.300 kW de potencia unitaria. A potencia total instalada redúcese de 29,9 a 19,5 MW. 2. Na listaxe de coordenadas UTM que figura no punto 4 da modificación da DIA con data do 20 de xuño de 2002 elimínanse as dos aeroxeradores 1 ó 7 e o número 13. 3. De acordo coa renumeración do proxecto modificado, as coordenadas UTM dos 15 aeroxeradores para instalar son as seguintes: Aeroxerador       UTM X         UTM Y 1                    553.591      4.727.851 2                    553.559      4.727.637 3                    553.647      4.727.550 4                    553.737      4.727.459 5                    553.828      4.727.370 6                    553.968      4.727.066 7                    554.012      4.726.936 8                    554.131      4.726.882 9                    554.281      4.726.857 10                  554.385      4.726.780 11                  554.495      4.726.747 12                  554.571      4.726.605 13                  554.662      4.726.506 14                  554.525      4.726.265 15                  554.569      4.726.068 4. A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle no plano «Parque Eólico do Couto de San Sebastián. Plano planta xeral. Plano EMI03521PPLI0013», incluído no documento «Proxecto oficial Parque Eólico do Couto de San Sebastián. Modificado nº 1. Agosto 2003». Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003. José Manuel Álvarez-Campana Gallo Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res23012004.pdf Galego
RES23012004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles