RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301D).

Diario Oficial de Galicia, 07-09-2022, Núm. 170, Páx. 47681
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables de sistemas de saneamento cunha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes, segundo cifras de poboación acordes co establecido no Real decreto 1065/2021, do 30 de novembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2021.
Obxecto
Bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento AU301D).
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.