Diario Oficial de Galicia, 29-07-2005, Núm. 145, Páx. 13476
Resolución do 22 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o Plan de ordenación dos recursos naturais da zona de especial protección dos valores naturais dos Ancares-O Courel (lugar de importancia comunitaria ES1120001).
A conservación e defensa da natureza debe compatibilizarse co necesario desenvolvemento socioeconómico das poboacións que habitan no contorno dos espazos protexidos. Para conseguir harmonizar os valores de conservación co desenvolvemento sustentable, a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais, da flora e fauna silvestres, configura no seu título II os plans de ordenación dos recursos naturais.
Estes plans están tamén regulados no título I da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
O artigo 7º desta lei establece a necesidade de someter estes plans a información pública e audiencia dos cidadáns.
Por todo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública e audiencia aos interesados o Plan de ordenación dos recursos naturais da da zona de especial protección dos valores naturais dos Ancares-O Courel (lugar de importancia comunitaria ES1120001).
Segundo.-Para os mencionados efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguientes dependencias:
* Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade-Consellería de Medio Ambiente, San Lázaro s/n, 15781-Santiago de Compostela.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo, edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, 27071-Lugo.
* Tamén poderá ser consultado na páxina web da Xunta de Galicia: www.xunta.es.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2005.
Javier Ruíz de Almirón Schlung
Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
MEDIO AMBIENTE XERAL
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA