Diario Oficial de Galicia, 01-07-2005, Núm. 126, Páx. 11813
Resolución do 21 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o Catálogo galego de especies ameazadas.
A adopción das medidas necesarias para garantir a conservación, protección e recuperación das especies de flora e fauna que viven en estado silvestre en Galicia, con especial atención ás autóctonas, é un dos principios xerais da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Para iso regula no seu título II a catalogación de especies creando no artigo 48 o Catálogo galego de especies ameazadas.
Sendo o fomento da participación pública un dos principios inspiradores da Lei de conservación da natureza, considérase necesario someter a información pública o proxecto normativo que regulará o Catálogo galego de especies ameazadas.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública e audiencia aos interesados o Catálogo galego de especies ameazadas.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse exemplares á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:
-Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade:
San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela.
-Delegacións territoriais da Consellería de Medio Ambiente:
A Coruña, praza Luís Seoane, s/n. 15008 A Coruña.
Lugo, rolda da Muralla, nº 70. 27071 Lugo.
Ourense, rúa do Paseo, 18-5º. 32003 Ourense.
Pontevedra, rúa Nova de Abaixo, 2. 36071 Pontevedra.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do seguinte día ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2005.
Javier Ruiz de Almirón Schlung
Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA