Resolución do 21 de xuño de 2005, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental da ampliación dunha granxa mariña en Cervo (Lugo), propiedade de Acuidoro, S.L.

Diario Oficial de Galicia, 27-07-2005, Núm. 143, Páx. 13275
Resolución do 21 de xuño de 2005, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental da ampliación dunha granxa mariña en Cervo (Lugo), propiedade de Acuidoro, S.L. En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 7, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 6 de xuño de 2005, relativa ao proxecto para a ampliación dunha granxa mariña no concello de Cervo (Lugo), promovido por Acuidoro, S.L., que se resume nos anexos a esta resolución. Celeiro-Viveiro, 21 de xuño de 2005. Pablo Ramón Fernández Asensio Delegado territorial de Lugo ANEXO I - Resumo do proxecto. O proxecto refírese á ampliación da granxa para a cría e o engorde de rodaballo que Acuidoro, S.L. posúe nunha parcela (nº 154) de 94.720 m do polígono industrial de Cuíña, lugar de Coído (San Cibrao), no concello de Cervo (Lugo), para acadar unha produción final arredor das 1.300 toneladas anuais de rodaballo. A ampliación abrangue a dotación e posterior explotación de: - Novas naves de cría e engorde que irán situadas anexas ás actuais, en dirección leste ocupando para iso unha superficie de 27.705 m. - Un edificio auxiliar de 1.016 m na planta baixa e 1.023 m na planta alta, para o envasado do peixe. - Nova canle sobreelevada (3ª) de condución de auga de mar a depósitos de oxixenación. - Novo depósito (2º) de oxixenación de auga de mar. - Nova canle secundaria de condución de auga de mar desde os depósitos de oxixenación ás novas naves de cría e engorde. - Nova canle de evacuación de auga salgada usada nas piscinas ata conectar cunha arqueta existente, a cal esta conectada ao emisario existente que verte ao mar. - O proxecto considera tamén a modernización das instalacións actuais. Neste senso, mellorarase o filtrado de auga de mar e automatizaranse os seguintes equipamentos: alimentación ás piscinas, clasificación e envasado do peixe, adición de xeo en escamas, movemento e paletizado das caixas de peixe, entrada á cámara de conservación e expedición a clientes. Tanto as conducións de captación como de vertedura existen e dimensionáronse no momento da súa instalación para as necesidades de futuras ampliacións como a que se planifica. A captación está constituída por dúas conducións de 1.800 m de lonxitude, totalmente soterradas no fondo do mar ata a súa entrada no pozo de captación e bombeo situado en terra firme. A condución de vertedura está constituída por unha condución de 390 m soterrada en practicamente todo o seu percorrido. Tanto a captación como a vertedura do criadeiro de crías de rodaballo Alrogal, S.A., situado a 100 metros das instalacións de Acuidoro, S.L., no mesmo polígono industrial, farase a través das instalacións desta última. A auga doce procederá da acometida de auga potable do polígono industrial. As augas residuais industriais, tras o seu paso polas piscinas, pasarán a través duns filtros colocados á súa saída e verteranse ao mar a través da condución existente, mentres que as augas residuais fecais e de lavado, tras o seu tratamento nunha fosa séptica existente dotada de dixestor-decantador e filtro biolóxico, son infiltradas no terreo por medio dunha gabia filtrante. A parcela atópase na actualidade desmontada e achandada e conta con peche perimetral. ANEXO II - Resumo das medias protectoras e correctoras. Durante a fase de execución. * Sobre os solos. - Implantación de instalacións axeitadas de recepción e evacuación de residuos tanto sólidos como líquidos. - Os aceites, combustibles ou outros residuos xerados serán entregados a un xestor autorizado legalmente. * Sobre as augas. - Os aseos e vestiarios da obra conectaranse á fosa séptica con pozo biolóxico e gabia filtrante. * Sobre a atmosfera. - Empregaranse medios contra o po e/ou humectación dos depósitos de materiais ao aire libre susceptibles de transmitir po á atmosfera. * Sobre a vexetación. - As gabias que se abran nas zonas de servidume de protección volverán cubrirse con materiais procedentes da escavación e reporase o manto vexetal inicial. - Os noiros non serán en ningún caso superiores a 3 m e plantaranse igualmente as especies vexetais correspondentes. * Sobre a paisaxe. - Paralelamente á zona de servidume de tránsito e ao peche da parcela, plantarase unha franxa de cupressocyparis leylandii, cunha distancia de 70 cm entre si, que contribuirá á integración paisaxística da instalación no contorno. En calquera caso as construcións previstas, aínda tendo un carácter industrial, coidarán o seu aspecto exterior. - Disporanse estacións de lavado de pneumáticos para os camións que abandonen as obras co obxecto de evitar a sucidade nas calzadas próximas. Durante a fase de funcionamento. * Sobre os ruídos. - O local de grupos electróxenos levará un peche e bloque de fomigón de 20 cm ao exterior e unha manta de la de roca de 80 mm e chapa metálica microperforada. A cuberta será unha forxadura de formigón de 25 cm de espesura e por enriba fibrocemento ondulado tipo granonda. * Sobre as vibracións. - Todas as máquinas susceptibles de producir vibracións serán provistas de tacos antivibratorios na súa base co obxecto de garantir que as vibracións se atopen por debaixo do valor límite recollido na lexislación. * Sobre os residuos. - Os peixes mortos serán eliminados periodicamente no biodixestor (máquina de compostaxe de residuos orgánicos) que para tal fin posúe a empresa. - Os aceites usados procedentes de toda a maquinaria serán acumulados en recipientes estancos selados e en locais illados ata a súa retirada polo xestor autorizado legalmente. - Os plásticos procedentes dos sacos de penso serán acumulados ata a súa retirada polo xestor autorizado. - Levarase a cabo unha correcta manipulación dos sacos para evitar a porcentaxe de po presente nestes. - Clasificación periódica dos exemplares para conseguir que os de cada piscina sexan de peso similar, optimizando así o volume de penso que hai que engadir. * Sobre a auga. - Á saída de cada estanque situaranse filtros para reter os residuos que se poidan producir. * Sobre os fondos mariños. - Minoración de residuos fecais e de penso co sistema automático de alimentación e o uso de pensos extruídos altamente dixeribles. * Sobre a socioeconomía. - Absorción de man de obra, cursos de formación. - Integración das instalacións no polígono industrial. Durante a fase de abandono. Baleirado de: - Os aceites das máquinas, procedendo á súa retirada ao exterior polo xestor autorizado legalmente. - Os peixes das piscinas, almacenados en cámaras frigoríficas e procedendo á súa retirada ao exterior polo xestor autorizado legalmente. - Todas as materias orgánicas ou inorgánicas susceptibles de contaminación (pensos, desinfectantes, material de laboratorio, etcétera) procedendo á súa retirada ao exterior polo xestor autorizado legalmente. - Os depósitos de oxíxeno e de desgasificación procedendo á súa limpeza, efectuarán estas operacións empresas legalmente autorizadas. - Limpeza e desinfección das instalacións. - Desmontaxe das bombas de impulsión da auga de mar. - Precintado das instalacións. Para os efectos oportunos infórmase que a antedita DIA se atopa nas dependencias da Delegación Territorial de Lugo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (avda. de Ramón Canosa s/n 27863 Viveiro(Lugo) e na seguinte ligazón: http://www.siam-cma.org/expaval/pdf.asp?id documento=881.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res21062005.pdf Castellano
res21062005.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles