Diario Oficial de Galicia, 29-10-2003, Núm. 210, Páx. 13377
Resolución do 21 de outubro de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías Ambientais convocadas no anexo III, da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).
A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo III a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías Ambientais.
De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no número 6 das bases da convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.- Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar en grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, ós beneficiarios que se relacionan no anexo I da presente resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria. As axudas sinaladas con asterisco encádranse nas accións para impulsa-la investigación en materias relacionadas coa conservación do ambiente previstas no convenio de colaboración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a posta en marcha do plan de axudas para Galicia destinada ós afectados pola catástrofe ocasionada polo buque Prestige.
Segundo.- Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos ós que se relacionan no anexo II da presente resolución.
As axudas que se relacionan nos anexos I e II comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución lle supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.
Terceiro.- Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo III da presente resolución.
Cuarto.- Concede-las axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo IV desta resolución.
Quinto.- A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.
Sexto.- Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2003.
P.D. (Orde 21-1-2003)
Jesús Vázquez San Luis
Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS