RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2019.

Diario Oficial de Galicia, 05-03-2019, Núm. 45, Páx. 12533
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar o artigo 8 das bases reguladoras (anexo I da resolución).
Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica para o exercicio 2019, que se xuntan a esta resolución como anexo I.

2. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2019 que se xuntan a esta resolución como anexos II a VIII (código do procedemento IN421O).

3. Convocar para o ano 2019, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxía fotovoltaica.
Prazo
Comezará o día 8 de abril ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo.