Resolución do 20 de xuño de 2007 pola que se modifican as bases reguladoras das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia, establecidas pola Resolución do 26 de abril de 2007, no que respecta ao prazo máximo de presentación das solicitudes de subvencións.

Diario Oficial de Galicia, 28-06-2007, Núm. 124, Páx. 11196
Resolución do 20 de xuño de 2007 pola que se modifican as bases reguladoras das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia, establecidas pola Resolución do 26 de abril de 2007, no que respecta ao prazo máximo de presentación das solicitudes de subvencións. O Instituto Enerxético de Galicia ditou a Resolución do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2007 (DOG do 28 de maio). No parágrafo primeiro do artigo 6º da devandita resolución fíxase como data límite para presentar as solicitudes de subvención o día 30 de xuño de 2007. Debido a que o prazo de solicitude de subvencións establecido na indicada resolución pode resultar insuficiente para que todos os interesados poidan presentar as súas solicitudes, DISPOÑO: Único.-Modifícase o parágrafo primeiro do artigo 6º da Resolución do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2007, que queda redactado deste xeito: «O prazo de presentación de solicitudes de subvencións comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o día 15 de xullo de 2007». Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2007. Xoán Ramón Doldán García Director do Instituto Enerxético de Galicia
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Clasificación
ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res20062007inega.pdf Castellano
Res20062007inega.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles