Resolución do 20 de maio de 2020, da Subsecretaría, pola que se acorda a tramitación dos procedementos de convocatoria para a concesión de subvencións en 2020 a entidades do terceiro sector ou organizacións non gobernamentais, que desenvolvan actividades de interese xeral consideradas de interese social en materia de investigación científica e técnica de carácter ambiental, e para a concesión de subvencións en 2020 a sindicatos de traballadores do sector ambiental para o desenvolvemento das súas actividades de colaboración e representación ante a Administración Xeral do Estado, a Unión Europea e Institucións Internacionais, e para a realización de proxectos de especial interese para o desenvolvemento e mellora dos traballadores do citado sector.

Boletín Oficial del Estado, 22-05-2020, Núm. 144, Páx. 33942
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar a resolución.
Obxecto
Tramitar os procedementos de convocatoria de concesión das subvencións en 2020 correspondentes ás ordes AAA/1433/2016, do 5 de setembro (BOE núm. 216, do 7, modificada pola Orde APM/566/2018, do 21 de maio (BOE núm. 132, do 31 de maio de 2018) e Orde AAA/1579/2012, do 2 de xullo (BOE do 17), modificada á súa vez pola Orde AAA/1239/2015, do 23 de xuño (BOE do 25 ).
Prazo
Consultar a resolución.