Resolución do 20 de decembro de 2018, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras de concesión de subvencións pola Fundación Biodiversidade.

Boletín Oficial del Estado, 29-01-2019, Núm. 25, Páx. 8001
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar para cada tipo de subvención.
Obxecto
Aprobar as bases reguladoras e a convocatorias de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a realización de proxectos do Programa empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo ( FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020, que figuran como anexo I a esta resolución.

Aprobar as Bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva por parte da Fundación Biodiversidad, para o fomento e impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, no marco do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que figuran como anexo II a esta resolución.
Prazo
Desde o día seguinte á data de publicación da convocatoria e finalizará na data fixada na mesma.