RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do Programa Neotec e Neotec Mulleres Emprendedoras do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación E.P.E. (CDTI) nas súas convocatorias do ano 2022, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. Programa Recuperación Excelencia Neotec (código de procedemento IN870A).

Diario Oficial de Galicia, 20-06-2023, Núm. 116, Páx. 38483
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Terán a consideración de beneficiarias as pequenas empresas innovadoras que, presentando unha solicitude de axuda ás convocatorias de referencia, resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento dispoñible para financiar o proxecto con cargo á devandita convocatoria conforme a Resolución definitiva da Presidencia do CDTI da convocatoria dos programas Neotec e Neotec Mulleres Emprendedoras do ano 2022.
Obxecto
Aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas á posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxía ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora e nos cales a estratexia de negocio se basee no desenvolvemento de tecnoloxía, rescatando para iso aqueles proxectos presentados ás convocatorias de referencia (Programa Neotec e Neotec Mulleres Emprendedoras) que superaron os limiares mínimos recollidos nas devanditas convocatorias do ano 2022 pero que non adquiriron a condición de beneficiarias por insuficiencia de crédito (código de procedemento IN870A).
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ext Res 02-06-2023_gl.pdf Galego
Res 02-06-2023_gl.pdf Galego
Res 02-06-2023_es.pdf Castellano
Ext Res 02-06-2023_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles