Diario Oficial de Galicia, 10-07-2007, Núm. 133, Páx. 11820
Resolución do 2 de xullo de 2007, da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2007, do 3 de abril, da rede de parques nacionais.
Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificada pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta secretaría dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2007.
Antonio Losada Trabada
Secretario xeral e de Relacións Institucionais
ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei do Estado 5/2007, do 3 de abril, da rede de parques nacionais.
A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión celebrada o día 2 de xullo de 2007, adoptou o seguinte acordo:
1. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas sobre o artigo 16.2º da Lei 5/2007, do 3 de abril, da rede de parques nacionais.
2. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.
3. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do próximo día 4 de xullo de 2007, por calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2º da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos que no propio precepto se recollen, así como inserir este acordo no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
Madrid, 2 de xullo de 2007.
Ministro de Administracións Públicas: Jordi Sevilla Segura.
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar: Anxo Manuel Quintana González.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL