RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se aproba a convocatoria da consulta preliminar ao mercado no marco do proxecto SICLE-CO2: solucións innovadoras para a compensación local de emisións de CO2.

Diario Oficial de Galicia, 02-11-2022, Núm. 208, Páx. 57441
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
CONCURSOS PÚBLICOS
Obxecto
O obxecto da presente consulta preliminar do mercado é recompilar a información necesaria para preparar unha ou varias eventuais contratacións públicas no marco do proxecto SICLE-CO2: solucións innovadoras para a compensación local de emisións de CO2, e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e requisitos de contratación.
Esta consulta busca promover a participación de persoas físicas ou xurídicas para a presentación de solucións destinadas a dar resposta aos retos publicados no anexo I da presente resolución mediante a utilización de tecnoloxías que superen as prestacións das existentes actualmente no mercado.
A través do perfil do contratante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estará dispoñible toda a documentación de relevancia neste procedemento, aloxado na Plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG), accesible a través da páxina web www.contratosdegalicia.com
Prazo
Dende o día seguinte ao da publicación desta resolución , ata o 26 de novembro ás 23.59.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 19-10-2022_es.pdf Castellano
Res 19-10-2022_gl.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles