Resolución do 19 de abril de 2005, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental da ampliación dunha granxa mariña en Xove (Lugo), propiedade de Insuamar, S.L.

Diario Oficial de Galicia, 26-04-2005, Núm. 79, Páx. 7028
Resolución do 19 de abril de 2005, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental da ampliación dunha granxa mariña en Xove (Lugo), propiedade de Insuamar, S.L. En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 7º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 21 de marzo de 2005, relativa ao proxecto para a ampliación dunha granxa mariña no concello de Xove (Lugo), promovido por Insuamar, S.L., que se resume nos anexos a esta resolución. Celeiro-Viveiro, 19 de abril de 2005. Pablo Ramón Fernández Asensio Delegado territorial de Lugo ANEXO I - Resumo do proxecto O proxecto refírese á ampliación da granxa de rodaballo existente na praia de Lago, no concello de Xove (Lugo) para acadar unha produción final á beira das 2.200 toneladas anuais de rodaballo. O proxecto, localizado na marxe esquerda do tramo final do val do regato de Lago, abrangue a implementación e posterior explotación dunha ampla e nova zona que se dedicará exclusivamente á preengorda e engorda, mantendo e aproveitando as instalacións xa existentes. As novas instalacións situaranse nuns terreos ao sur e oeste do complexo xa existente e lindando ao norte cunha lagoa salina e ao sueste cunha área de marisma. A ampliación proxéctase en dúas fases, prevendo a construción de: - Tres unidades de produción mediante a instalación de 282 piscinas de preengorda e 506 de engorde. - Edificacións auxiliares: edificio de control, de servizos, aparcadoiro, sala de elaboración, almacén, entre outros. - Un sistema de abastecemento de auga ás piscinas mediante canles aéreas que percorren perimetralmente a instalación abastecendo, por gravidade, todos os tanques de cría e derivación desde as canles aos tubos de alimentación de auga de mar ás piscinas. - Un sistema de saneamento para a evacuación das renovacións de auga das piscinas a través dunha arqueta en que conflúen os caudais das piscinas. Desde alí as augas acadan unha única canle soterrada que descargará no vaso decantador. As augas negras procedentes das distintas edificacións condúcense a unha fosa séptica. - Un vaso decantador, deseñado para poder albergar toda a auga de renovación das piscinas a través do que se devolve a auga procedente da factoría ao mar, seguindo o mesmo funcionamento que o vaso decantador existente na actualidade. A conexión do vaso decantador co punto de vertedura realízase a través de canle aberta de sección trapezoidal con coieira sobre area e lámina impermeable de polietileno de alta densidade. - Unha vía perimetral de circulación en dúas direccións de 8 m de largo e 1 km de longo, que permitirá o acceso rápido e directo a calquera punto da instalación e acondicionamento dun ramal existente de acceso ás novas instalacións. Así mesmo, contémplase: - A instalación dun cerramento perimetral de malla semellante á cerca existente. - O recrecemento do noiro en dirección sur xunto ao acceso para ocultar as instalacións correspondentes á zona de engorda da fase I. - Plantación dun escudo arbóreo no perímetro norte e sur sueste. ANEXO II - Resumo das medidas correctoras * Durante a fase de deseño. - Área de ocupación convenientemente seleccionada canto a súa adecuación ao uso e clasificación do solo co Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Xove. - Tipoloxía estrutural deseñada para favorecer a drenaxe por gravidade da rede de evacuación das augas das futuras instalacións. - As explanacións necesarias para a execución do proxecto realizaranse afastadas suficientemente dos bordos da estrada, permitindo a existencia dunha franxa de terreo natural en que plantar árbores, a modo de escudo, que tamicen a percepción da granxa. - Cerramento, a modo de pantalla de ocultación, con material lixeiro, cores verdosas que simulen a vexetación, ben integrado e semellante ao existente na instalación actual. - Integración da nova zona de cultivo nas instalacións actualmente existentes e no ambiente, mediante a plantación de sebes que limiten a visibilidade desde as zonas de tránsito máis próximas. - A saída do efluente conta coa instalación dun vaso decantador cun percorrido sinuoso que favorece a deposición de materiais en suspensión previa á saída da vertedura. - Aplicación dalgún sistema complementario de extracción dos lodos depositados no fondo do decantador e posibilidade de que, unha vez equilibrado o material obtido, aplicalo como corrector de solos degradados. * Durante a fase de construción. - Os labores de roza e de escavación deberán realizarse correctamente separando a terra vexetal das camadas subxacentes co fin de reutilizar o material edáfico nas tarefas de adecuación estética e restauración do medio. - Os empillamentos de solo vexetal faranse en acúmulos de non máis de 3 metros de altura e serán convenientemente regados, mantendo activos os procesos biolóxicos e as condicións bioxeoquímicas. O resto do material será trasladado a vertedoiro. - Na fase de preparación do terreo, control das perforacións e voaduras, no caso de que estas foren necesarias. - Control de escavación na instalación dos fosos de captación e toda a infraestrutura necesaria. Control de actuación e retirada de material sobrante, instalando mallas de retención para evitar arrastres. - Posta en marcha do plan de restauración e revexetación previsto. - Control exhaustivo da instalación da tubaxe de captación con preservación de derramos ou verteduras de materiais tanto na zona do areal como na zona soterrada. - A dotación destas novas infraestruturas realizarase coidadosamente e tendo en conta os efectos dos factores ambientais analizados no estudo ambiental, fundamentalmente, grao de pendente e natureza do solo. - Unha vez finalizadas as obras de instalación procederase ao acondicionamento e rehabilitación das zonas que foron afectadas, restaurando os solos alterados e favorecendo a reinstalación da vexetación orixinal. * Durante a fase de funcionamento. - Execución do plan de seguimento e vixilancia ambiental en todas as súas prescricións. - Estableceranse os elementos de control necesarios no sistema de captación. - Manterase limpa a gradicela de filtración de auga de mar para separar as algas. - Evitarase o uso de deterxentes fostatados para a limpeza dos tanques e instalacións e, se é o caso, desviaranse as augas procedentes da limpeza á fosa séptica para o seu correcto tratamento. * Durante a fase de abandono. - Procederase ao desmantelamento de todas as estruturas, á nivelación do terreo restablecendo no posible a topografía orixinal, á restauración do solo e á revexetación con especies axeitadas. * Sobre o patrimonio. - Informe-memoria da prospección arqueolóxica terrestre-subacuática para este proxecto, co informe favorable emitido da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e no cal se conclúe que non se considera establecer cautelas no desenvolvemento dos traballos propostos pois non se localizou durante a intervención ningún tipo de elemento de interese patrimonial que poida condicionar os traballos propostos. Para os efectos oportunos infórmase que a antedita DIA se atopa nas dependencias da Delegación Territorial de Lugo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (avda. de Ramón Canosa s/n 27863 Viveiro (Lugo)) e na seguinte ligazón: http://www.siam-cma.org/expaval/pdf.asp?id-documento=856
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RES19042005.pdf Galego
RES19042005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles