RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento IN500A).

Diario Oficial de Galicia, 26-02-2025, Núm. 39, Páx. 14255
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais, de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 e descritos no anexo XIV, con excepción daqueles solicitantes que, aínda tendo o seu domicilio en áreas definidas como ZDP, soliciten investimentos non fixos para realizar de traballos no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e efectuar a súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo
Un (1) mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 17-02-2025 forestais_gl.pdf galego
Ex Res 17-02-2025 forestais_gl.pdf galego
Res 17-02-2025 forestales_es.pdf castelán
Ex Res 17-02-2025 forestales_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles