Diario Oficial de Galicia, 21-06-2006, Núm. 118, Páx. 10001
Resolución do 17 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede a autorización ambiental integrada a Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. para o Centro de Vigo (Pontevedra). (Clave 2005/0233-NAA/IPPC).
Antecedentes de feito.
Primeiro.-O 15 de xuño de 2005 Javier Riera Nieves, con DNI 551914, actuando en nome e representación de Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. solicitou a autorización ambiental integrada para o Centro de Vigo (Pontevedra).
Segundo.-A documentación indicada no artigo 12 da Lei 16/2002, de prevención e control integrados da contaminación, incluíndo o informe de compatibilidade urbanística do Concello de Vigo, presentouse o 28 de xullo de 2005.
Terceiro.-O 6 de outubro de 2005 publicouse no Diario Oficial de Galicia (nº 193) o anuncio do 20 de setembro de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se sometía a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación obxecto desta resolución, para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación e no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Cuarto.-Os días 21 e 28 de novembro de 2005 recibíronse os certificados de información pública emitidos, respectivamente, polo Concello de Vigo e pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Pontevedra. Durante este período tense constancia da presentación de alegacións por parte da Asociación de Afectados pola Ampliación de Zona Franca e a Rolda, contestadas polo Centro en tempo e forma.
Quinto.-Concluído o período de información pública, e en cumprimento dos artigos 17 e 18 da Lei 16/2002, solicitouse informe aos órganos que se considerou que debían pronunciarse sobre as diferentes materias da súa competencia.
Sexto.-Durante o procedemento emitiron informe o Concello de Vigo; a Dirección Xeral de Saúde Pública e de Industria, Enerxía e Minas; as subdireccións xerais de Calidade Ambiental, de Avaliación Ambiental e de Tecnoloxía e Control Ambiental; e o Departamento de Enxeñaría Química da E.T.S. de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.
Sétimo.-O 7 de abril de 2006 realizouse o trámite de audiencia, conforme o estipulado no artigo 20 da Lei 16/2002. Durante este trámite o peticionario efectuou unha serie de observacións en relación coa programación de determinados aspectos relativos á atmosfera e ao solo e augas subterráneas que foron consideradas nesta autorización.
Oitavo.-O 7 de abril de 2006 Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. aboou as taxas para a expedición da autorización ambiental integrada.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A instalación de referencia está afectada pola Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (anexo I, epígrafes 2.6 e 10.1).
Segundo.-De conformidade co disposto no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Dirección
Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (DXCAA) é o órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada.
Terceiro.-A instalación está afectada polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Cuarto.-De conformidade co disposto no capítulo II do Decreto 2414/1961, correspóndelle ao Concello conceder licenza para o exercicio da actividade, polo que, conforme o establecido no artigo 29 da Lei 16/2002, recae neste a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade.
Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo previsto
RESOLVO:
Primeiro.-Concederlle a Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. a autorización ambiental integrada (AAI) co número de rexistro 2005/0233-NAA/IPPC-014 para o Centro de Vigo, cos requirimentos que se fixan no anexo IV desta resolución, así como coas condicións contidas na documentación presentada (resumidas no anexo III) en todo aquilo que non contradigan os anteriores.
Segundo.-Inscribir a Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. Centro de Vigo no Rexistro de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia co nº SC-RP-P-P-00028 como produtora de residuos perigosos para os residuos indicados no punto 5.1 do anexo IV desta resolución.
Terceiro.-Establecer a obriga de que se lle notifiquen a esta DXCAA con carácter anual, nas datas que lle sexan definidas por este organismo, os datos sobre as emisións á atmosfera e á auga, para efectos da elaboración e actualización do inventario de emisións e fontes contaminantes EPER, de acordo co establecido no artigo 8.3º da Lei 16/2002. Así mesmo, a empresa deberá adaptar o contido da información presentada ao inventario PRTR (European Pollutant Release and Transfer Register) que substituirá o actual inventario EPER. Os valores deberán ser xustificados na declaración segundo os termos que sexan definidos por esta dirección xeral, tanto se esta se realiza mediante datos de medición, cálculo ou estimación.
Cuarto.-Establecer un prazo de vixencia desta AAI de seis (6) anos contados a partir do día seguinte a facerse pública esta resolución no DOG. Transcorrido o dito prazo observarase o disposto no artigo 25 da Lei 16/2002.
Quinto.-Establecer a obriga de que o titular lle comunique a esta DXCAA calquera modificación que se pretenda levar a cabo na instalación, indicando razoadamente en atención aos criterios sinalados no artigo 10.2º da Lei 16/2002, se considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, xuntando os documentos xustificativos oportunos. Para estas modificacións aplicarase o sinalado nos artigos 10.4º e 10.5º da citada lei.
Sexto.-Establecer a obriga de que o cambio de titularidade sexa comunicado a esta DXCAA, presentándose documentación que o acredite.
Sétimo.-Determinar a posibilidade de modificación desta resolución tanto de oficio, conforme os supostos establecidos no artigo 26 da Lei 16/2002, como por solicitude motivada do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio.
Oitavo.-Darlle publicidade a esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Noveno.-Notificarlle esta resolución, para os efectos oportunos, a Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.-Centro de Vigo e ao Concello de Vigo.
Fronte a esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 16/2002, ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2006.
Joaquín Lucas Buergo del Río
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I
Datos do expediente
Datos da empresa/instalación.
Razón social: Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.
Denominación da instalación: PSA Peugeot Citroën. Centro de Vigo.
CIF: A36602837.
Domicilio: avenida Citroën 3 e 5. Zona Franca de Vigo.
Concello: Vigo.
Código postal: 36210.
Provincia: Pontevedra.
Representante legal da instalación: Javier Riera Nieves.
DNI: 551914.
Datos do expediente:
Clave do expediente: 2005/0233-NAA-IPPC.
Tipo de solicitude: instalación existente.
Descrición da actividade principal: fabricación e montaxe de automóbiles.
Categoría de actividades IPPC:
* Epígrafe 10.1 (instalacións para o tratamento de superficies con utilización de disolventes orgánicos, consumo ) 200 toneladas/ano).
* Epígrafe 2.6 (instalacións para o tratamento de superficies, volume de cubas ) 30 m).
Códigos NOSE-P:
* 107.01 (Consumo de disolventes orgánicos).
* 105.01 (Produción e transformación de metais).
Coordenadas UTM (dun punto da instalación): X: 521.541; Y: 4.673.126.
CNAE-93-Rev.1: 34.10.
Seguros e fianzas:
Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. dispón dunha póliza de responsabilidade civil ambiental por un importe de 762.250 A que cobre a responsabilidade civil por contaminación accidental derivada da produción de residuos perigosos para a súa actividade de fabricación de vehículos automóbiles, segundo os termos establecidos no artigo 15 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño.
Así mesmo, ten constituída unha fianza ambiental, na forma establecida no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, para responder dos posibles danos que se poidan causar ao medio e do seu custo de restauración nunha contía de 58.564 A.
ANEXO II
Resumo do proxecto
Descrición da actividade.
A actividade principal PSA Peugeot Citroën-Centro de Vigo é a fabricación e montaxe de automóbiles. A posta en marcha das instalacións realizouse no ano 1958 nun cuberto no porto, e no ano 1959 na súa situación actual.
O Centro realiza nas súas instalacións as catro técnicas principais na fabricación dun vehículo: embutición, ferraxe, pintura e montaxe. Os provedores externos e do grupo subministran pezas, compoñentes e materiais ás diferentes etapas do proceso.
Descrición xeral do proceso produtivo.
Embutición:
As bobinas de aceiro galvanizado descárganse dos camións e mediante pontes guindastre trasládanse e almacénanse preto das liñas de corte. Nestas, as bobinas córtanse nos formatos necesarios para conformar cada peza e almacénanse amoreadas en flans.
Cada peza, extraída dos flans, pasa pola liña de prensas. A primeira prensa dálle forma á peza e as outras recórtana, fan os buratos e confórmana totalmente. Estas pezas son almacenadas segundo o tipo para a súa subministración ao seguinte proceso.
Ferraxe:
Nesta zona as pezas fabricadas no proceso anterior son ensambladas e soldadas por robots para constituír a caixa do vehículo. Rematado o proceso, as caixas pasan á zona de control antes de ser enviadas mediante transportador ao taller de pintura.
Pintura:
Tras pasar por un clasificador, as caixas entran no túnel de tratamento de superficies, onde pasan por un proceso de fosfatación, baño e estufa de cataforese. A continuación pasan en liña para a aplicación de cordóns de masilla sobre as xuntas soldadas.
Mediante sistema de pintura automática por dosificador electrostático deposítase o apresto sobre as caixas nas cabinas de pintura, así como as bases, o verniz e a laca; ao finalizar o proceso de aprestos e lacas pasan por unha estufa de secado.
Montaxe:
Nesta zona procédese á colocación e encaixe na carrozaría das distintas pezas que conformarán finalmente o automóbil (vidros, bloque motor, etcétera).
O vehículo montado realiza controis en banco de rodaxe e sobre pista de probas, para corrixir posibles defectos, de ser necesario.
Descrición das instalacións e equipamentos.
O Centro ocupa unha superficie dunhas 66,4 ha, das cales unhas 43 ha son de superficie cuberta desenvolvida.
As principais instalacións e equipamentos son:
Procesos auxiliares.
Depuradora xeral de entrada.
Centrais.
Transformación de enerxía.
Compresores de aire.
Estación depuradora de augas residuais industriais (EDARI).
Mantementos xerais (instalacións e equipamentos).
Servizo médico.
Torres de refrixeración.
Produtos.
Vehículos automóbiles terminados, vehículos en coleccións -os CKD (Completly Knocked Dow) e SKD (Semi-Knocked Dow)- e en pezas soltas PaP (Peza a Peza), destinados a plantas de montaxe en países cunha industria menos desenvolvida.
A produción media anual estímase en 50.000 coleccións e 475.000 vehículos.
Descrición de consumo de recursos naturais.
Recurso Emprego Consumo 2004
Gas natural Caldeiras. Produción de auga sobrequentada.
Proceso, estufas de pintura, incineración.
Servizos, calefacción de naves, cociñas. 20.012.08
0 termias
Enerxía eléctrica 380 V. Forza e iluminación.
440 V. Soldadura.
220 V. Iluminación naves P, M, S. 146.735,0
78 MWh
Recurso Emprego Consumo 2004
Auga potable Procesos.
Persoal.
Cociñas. 432.575 m
Auga industrial Proceso.
Limpezas.
Auga contra incendios. 547.621 m
Combustibles (gasolina e gasóleo) Abastecemento en liña a vehículos fabricados.
Subministración a coches de servizo.
Subministración a vehículos para probas en estrada no exterior. 3.20.000 l/ano
Descrición da situación.
O Centro sitúase ao sudoeste da cidade de Vigo, no polígono da Zona Franca en Balaídos, nunha zona en proceso de expansión na cal se mesturan as actividades industriais que se desenvolven no polígono con vivendas de tipo unifamiliar e colectivo.
ANEXO III
Resumo das mellores técnicas dispoñibles e medidas propostas para a protección ambiental
Na documentación presentada considéranse as seguintes medidas:
Mellores técnicas dispoñibles.
Tratamento de superficies
Proceso Aspecto ambiental MTD aplicadas
Desengraxamento Augas con aceites Augas con escasa proporción de aceite, emprego en proceso de chapa revestida.
Baños esgotados Alongamento da vida do baño por intercambiadores de desengraxamento.
Consumo auga Minimización de consumos e carga contaminante do efluente por adicións en contracorrente.
Enerxía eléctrica Control e seguimento das variables do baño mediante autómatas.
Residuos perigosos Xestión de envases baleiros con xestor/recuperador de envases.
Fosfatación Baños Circuíto pechado, recuperación do produto de fosfatado por filtración.
Enerxía eléctrica Control das variables do baño mediante autómatas.

Pasivado Augas con cromo (VI) Eliminación do proceso de pasivado.
Substitución do baño por unha enxaugadura.
Cataforese Emisións atmosféricas Combustión: emprego de gas natural en estufas.
COV: emprego de pinturas base auga e de pinturas cun alto contido de sólidos.
COV: incineración rexenerativa de gases de estufas de secado de aprestos 02 e de lacas 02 e 03 (estas dúas xa instaladas), e unha incineración recuperativa de gases común para as cabinas de lacas 01, 02 e 03 e a estufa de cataforese (previsión 2006-2007).
Consumo de produtos Minimización de consumos por ultrafiltración. A cataforese non aplicada volve ao proceso.
Risco de produtos Emprego dunha nova xeración de cataforese con redución de contido en chumbo.
Pinturas electroforéticas Ultrafiltración e recuperación da pintura ao proceso.

Recuperación de disolventes de limpeza.
Proceso Aspecto ambiental MTD aplicadas
Lavados Augas contaminadas Recollida, almacenamento e envío a tratamento/depuración en EDARI.
Consumos de augas de enxaugaduras Lavado en fervenza (contracorrente) con dúas etapas: aspersión+ inmersión.
Proceso Arrastres Control de parámetros do proceso (presión, temperatura, niveis, caudais).
Boa colocación e orientación de pezas.
Velocidade de saída das pezas e drenaxe axeitadas.
Enerxía eléctrica Control das variables do proceso (viscosidade, condutividade) mediante autómatas.
Emisións atmosféricas COV: pintura por lotes da mesma cor.
Depuración de augas residuais
Proceso Aspecto ambiental MTD aplicadas
Depuración Augas de proceso con carga contaminante:-aceites,-fosfatos,-sólidos en suspensión,-DQO,-metais. Tratamento físico-químico das augas do proceso: desengraxamento, fosfatación e cataforese. Tratamento fin de liña, anterior á súa vertedura a colector municipal con autorización de vertedura.
Hai que sinalar tamén que o Centro conta cun sistema de xestión ambiental certificado conforme a norma UNE-EN-ISO 14001 certificado.
Tecnoloxías e técnicas integradas.
Melloras tecnolóxicas asociadas ao produto: estas medidas baséanse fundamentalmente en mellorar a tecnoloxía dos motores, estudos de peso/resistencia ao avance dos vehículos e melloras sobre a eliminación de partículas, da combustión e do ruído.
Melloras asociadas ao combustible empregado: estas medidas están relacionadas co control das emisións por evaporación, coa modelización que permita optimizar o control dos parámetros que inflúen sobre a evaporación, e co contido de xofre nos combustibles.
Vehículos fóra de uso: obxectivo de redución do envío de compoñentes do automóbil ao vertedoiro.
Outras técnicas.
Trátase de técnicas relacionadas coa aplicación de tecnoloxías de recuperación de subprodutos para o seu emprego como materias primas e non como residuos, sistemas para a adecuación de efluentes contaminados mediante o tratamento das verteduras, tecnoloxías capaces de empregar os recursos dunha forma máis eficiente ou técnicas relacionadas coas actividades industriais de apoio á fabricación de produtos.
Recuperación de subprodutos: chatarra de embutición, metais férricos, cartón, papel e plástico, madeira e palés de madeira, residuos da bolsa amarela, disolventes e outros residuos perigosos.
Tratamento e control: procesos intermedios de tratamento para asegurar unha calidade de vertedura e o seguimento de instalacións de control de características ambientais (tratamento de balsas de pinturas, depuración de augas residuais industriais, estacións de control da calidade do aire).
Xestión de recursos naturais: minimización de consumos de recursos naturais (enerxía eléctrica, enerxía calorífica e auga) e plan de control de instalacións e consumo de recursos para a mellora da súa xestión.
Tecnoloxías de apoio á fabricación: ferramentas de apoio á xestión (análise modal de fallos e efectos, deseño de enxeñería asistido por ordenador, etcétera), innovación tecnolóxica, xestión do coñecemento e mellora continua (sistemas de calidade e xestión ambiental).
ANEXO IV
Requirimentos da autorización ambiental integrada
1. Sobre a atmosfera.
O Centro conta actualmente cos seguintes focos de emisión á atmosfera:
a) Fontes de emisión localizadas:
* Focos de combustión: asociados ao proceso produtivo da planta (estufa de cataforese, incinerador ganchos, estufas de lacas 03 e 04, incinerador de compostos orgánicos volátiles e estufa de aprestos 01) e ligados a procesos auxiliares (tres caldeiras de auga sobrequentada). As actividades que xeran estas emisións empregan como combustible gas natural.
* Focos emisores de compostos orgánicos volátiles (COV) asociados ao proceso produtivo (cabinas e estufas de aprestos 01 e 02, salas de mesturas 01, 02 e 03 e estufas e cabinas de lacas 01, 02, 03 e 04).
b) Emisións difusas: emisións de soldadura por extraccións de naves e circulación de vehículos polo interior do Centro.
1.1. Valores límite.
-Establécense como valores límite para a emisión de compostos orgánicos volátiles os estipulados no Real decreto 117/2003, do 31 de xaneiro, sobre limitación de emisións de compostos orgánicos volátiles.
A este respecto, e tendo en conta as necesidades temporais de adaptación da instalación, estes valores límite serán de aplicación a partir do 1 de novembro de 2007. Ata esa data, o Centro continuará coa aplicación de MTD mediante a implantación de rexeneración recuperativa na estufa de aprestos 02 e incineración rexenerativa conxunta para as cabinas de lacas 01, 02 e 03 e estufa de cataforese; establecéndose como valor límite 7,2 kg/vehículo.
Contaminante V.L.E. Data de aplicación
7,2 kg/vehículo Ata o 1-11-2007
Compostos orgánicos volátiles 1,9 kg/carrozaría + 41 g/m de superficie de cataforese A partir do 1-11-2007
Estes valores límite de emisión poderán ser revisados no caso dun incremento de produción anual superior ao 20% respecto da produción media estimada.
En todo caso, estes valores límite de emisión quedan supeditados ao mantemento dos niveis de calidade do aire ambiente establecidos regulamentariamente (Real decreto 1073/2002, do 18 de outubro, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxido de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono).
1.2. Sistemas e procedementos para o tratamento e/ou minimización das emisións.
-Co fin de reducir as emisións de COV completarase a instalación de incineradores atendendo ao seguinte calendario:
* Incineración recuperativa das estufas de aprestos 02: antes do final de 2006.
* Incineración rexenerativa por medio dun concentrado dos gases das cabinas de lacas 01, 02 e 03 e da estufa de cataforese: antes da finalización do terceiro trimestre de 2007.
No proxecto destes incineradores, tal e como se prevé, adoptarase como valor límite de emisión de carbono orgánico total (COT) 10 kg/h de media.
1.3. Vixilancia e control ambiental.
1.3.1. Emisións:
-Respecto da emisión de COV observarase o disposto no artigo 6 do Real decreto 117/2003.
Tendo en conta que os sistemas de redución se proxectan para acadar emisións por baixo dos 10 kg/h de medida de COT, efectuaranse os seguintes controis:
* Controis trimestrais por medio dun balance de materias.
* Inspección anual, por OCA, efectuándose polo menos tres lecturas en cada exercicio de medición.
Os resultados destes controis, acompañados de explicación detallada do método seguido para a obtención dos datos, serán remitidos a esta DXCAA dentro do mes seguinte á súa obtención.
-Respecto dos focos de combustión: atendendo ao acordo voluntario subscrito entre o peticionario e o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (LMAG), efectuaranse autocontrois semestrais nos focos de combustión das tres caldeiras e unha inspección anual por OCA na totalidade dos focos de combustión.
-No primeiro informe de seguimento que inclúa os controis efectuados por OCA achegarase o inventario dos focos de emisión xunto cunha táboa coas características das chemineas.
-Contarase cos libros de rexistro preceptivos para os focos emisores de contaminantes á atmosfera. A este respecto hai que sinalar que os libros de rexistro para os focos de emisións de combustión, ao empregar gas natural, terán carácter voluntario.
1.3.2. Inmisión:
-Respecto do benceno: efectuaranse medicións indicativas en dous puntos do contorno do Centro, un punto localizado no Parque de Castrelos (definido polo
Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia) e outro punto na Zona Franca (definido polo Centro produtivo).
As medicións efectuaranse de acordo co Real decreto 1073/2002 (oito semanas distribuídas uniformemente ao longo do ano), coa seguinte cobertura temporal:
* 1ª medición (febreiro 2007): dúas semanas en cada localización.
* 2ª medición (maio 2007): unha semana en cada localización.
* 3ª medición (setembro 2007) e 4ª medición (novembro 2007): unha semana (no caso de que os resultados da 2ª medición fosen rastrexables cos da 1ª) ou de dúas semanas (en caso de dúbida respecto da rastrexabilidade).
Os datos obtidos serán remitidos a esta DXCAA dentro do primeiro mes seguinte ao da súa obtención.
-Trasladarase a estación denominada Estación-1 (ESTE) atendendo aos requirimentos que ao respecto efectúe o LMAG de acordo co Concello de Vigo. Nesta estación, en aplicación do disposto no Real decreto 1796/2003, do 26 de decembro, relativo ao ozono no aire ambiente, implantaranse medidores de ozono. Esta medida deberá executarse antes da finalización do primeiro semestre de 2007.
Os datos recollidos nas estacións de control, unha vez validados, serán transmitidos mensualmente ao LMAG no Formato Oficial de Transmisión de Datos.
1.3.3. Olores:
-Unha vez terminada a última fase da implantación do sistema de redución de COV (outono 2007) efectuarase unha identificación e cuantificación das posibles fontes de olor mediante valoración in situ, por medio de paneis olfatométricos, cuantificando o posible impacto que poidan ocasionar os olores emitidos pola actividade no contorno das súas instalacións.
Os resultados deste estudo serán remitidos a esta DXCAA para a súa valoración e determinación, en función dos resultados obtidos, de medidas ou controis que se realicen posteriormente.
2. Sobre o nivel de presión sonora e vibracións.
2.1. Valores límite.
-A actividade industrial do Centro non poderá emitir nin transmitir niveis de ruído tal que produzan valores de recepción no perímetro do recinto superiores aos establecidos na normativa municipal do Concello de Vigo (BOP do 16 de outubro de 2000), que para as zonas de localización industrial se fixan en:
Horario Valor límite (dbA)
Diúrno (8.00-22.00 horas) 70
Nocturno (22.00-8.00 horas) 55
-Ningún aparello mecánico transmitirá aos elementos sólidos que compoñen a compartimentación do
recinto receptor niveis de vibración superiores aos sinalados no anexo da norma ISO-2631-2.
2.2. Sistemas e procedementos para o tratamento e/ou minimización das emisións.
-As naves contarán cos elementos illantes necesarios para garantir o cumprimento dos niveis de ruído establecidos no punto anterior.
-Calquera actividade puntual programable, que poida supor un incremento nos niveis de presión sonora, realizarase en período diúrno.
2.3. Vixilancia e control ambiental.
-Efectuaranse trimestralmente medicións, en horario diúrno e nocturno, nos seguintes puntos:
Identificación Localización
1 Aparcadoiros de persoal, xunto ao posto 0
2 Portaría principal de entrada
3 Zona Franca, fronte á prensa de chatarra
4 Entrada por portaría de Santo André
5 Zona de entrada de material GEFCO
6 Fronte á nave CKD, en esquina sudoeste
7 Aparcadoiro. Zona de carga de vehículos
8 Pista perimetral. Descarga do tractor
9 Pista perimetral entre naves F e P
10 Zona de control entrada de gas
Como moi tarde o 1 de xullo de 2006 sinalizaranse estes puntos, debendo constar ademais un rexistro coas súas coordenadas UTM.
3. Sobre as verteduras líquidas.
3.1. Valores límite.
-Tendo en conta que a vertedura dos efluentes do Centro se efectúa ao colector municipal, establécense como valores límite os establecidos polo Concello de Vigo na Ordenanza xeral de protección de medio ambiente, punto III ordenanza municipal reguladora das verteduras non domésticas de augas residuais, capítulo II, artigo 7, recollidos na seguinte táboa:
Parámetro Unidade Máx. instantáneo
Temperatura ºC 40
Sólidos en suspensión mg/l 600
Sólidos sedimentables mg/l 5
pH 6 pH 10
DBO5 mg/l 600
DQO mg/l 1.000
Aceites e graxas mg/l 100
Fenois mg/l 5
Deterxentes aniónicos mg/l 12
Aldehidos mg/l 4
Pesticidas mg/l 0,2
Cloruros mg/l 2.000
Sulfatos mg/l 2.000
Parámetro Unidade Máx. instantáneo
Sulfitos mg/l 10
Fluoruros mg/l 10
Cianuros mg/l 1
Amoníaco mg/l 30
Nitratos mg/l 20
Nitróxeno total Kjeldahl mg/l 50
Fosfatos mg/l 60
Aluminio mg/l 10
Arsénico mg/l 1
Bario mg/l 20
Boro mg/l 5
Cadmio mg/l 0,2
Cobalto mg/l 0,2
Cobre mg/l 0,5
Cromo total mg/l 4
Cromo hexavalente mg/l 0,5
Ferro mg/l 10
Manganeso mg/l 2
Mercurio mg/l 0,05
Molibdeno mg/l 0,02
Níquel mg/l 2
Chumbo mg/l 0,7
Selenio mg/l 0,5
Estaño mg/l 5
Zinc mg/l 5
Sulfuros mg/l 5
Prata mg/l 2
Os límites para os metais entenderanse como metais totais e non como metais disoltos.
-Co fin de garantir un réxime de verteduras regular e continuo quedan prohibidas aquelas verteduras periódicas ou espontáneas cando a súa concentración ou caudal excedan durante un prazo de quince minutos en máis de cinco veces o promedio da concentración ou caudal vertido durante a xornada laboral.
Cando resulte necesario para o cumprimento deste condicionamento deberán instalarse pretratamentos de homoxeneización e neutralización, e en particular depósitos de regulación.
-O disposto nos puntos anteriores non afectaría o necesario respecto das demais exixencias contidas na ordenanza.
3.2. Sistemas e procedementos para o tratamento e/ou minimización das verteduras.
-Efectuarase, conforme o proxectado, a segregación dos distintos tipos de verteduras do Centro (augas pluviais, de proceso e domésticas). Estas obras deberán estar finalizadas dentro do primeiro semestre do ano 2007.
-As augas residuais industriais con carga contaminante (procedentes das etapas de desengraxamento, de fosfatación, de enxaugadura de cataforese, de pin
tura, de cabinas de estanquidade, de Tectyl e de limpeza das naves de pintura) condúcense a unha estación de tratamento de augas residuais industriais (EDARI), na cal basicamente se realizan os seguintes procesos:
* Tratamento do chumbo, contaminante principal das augas de cataforese, mediante unha precipitación en forma de carbonato.
* Precipitación conxunta dos metais contaminantes.
* Floculación e decantación primaria.
* Axuste de pH.
* Floculación e decantación secundaria.
A EDARI complétase cunha liña de lamas.
3.3. Vixilancia e control ambiental.
-Efectuaranse análises diarias para o control interno das augas tratadas na EDARI e de calidade da vertedura ao colector municipal. Os parámetros que se analizarán serán os específicos xerados no proceso industrial.
-Efectuaranse análises trimestrais de todos os parámetros exixidos na Ordenanza xeral de protección de medio ambiente, punto III Ordenanza municipal reguladora das verteduras non domésticas de augas residuais, capítulo II, artigo 7.
-Disporase dunha única arqueta ou rexistro individual para a vertedura das augas residuais que recolla todas aquelas que proveñan da actividade, e que deberá estar situada dentro da súa parcela, augas abaixo da derradeira vertedura, nun lugar accesible para os servizos de inspección, libre de todo obstáculo e atoparse en adecuado estado de limpeza para a súa función. As súas dimensións e características deberán ser tales que permitan tanto a toma de mostras como a determinación do caudal vertido, atendendo aos requirimentos establecidos polo Concello.
-A toma de mostras realizarase na arqueta final de vertedura, terá unha duración mínima de unha hora e proporcional ao tempo de vertedura e farase de acordo co estándar internacional ISO 5667-10 ou norma equivalente.
4. Sobre a protección do solo e das augas subterráneas.
4.1. Sistemas e procedementos para evitar a contaminación.
-As superficies das zonas de almacenamento de residuos perigosos están impermeabilizadas e contan cunha rede de drenaxe e recollida de perdas ou derramamentos, de forma que se garanta a súa adecuada xestión.
-As prácticas e operacións de carga e descarga de produtos perigosos realizaranse sobre superficies impermeables provistas de fosos de retención de verteduras accidentais.
-Para os restantes sistemas e procedementos non especificados anteriormente, cumprirase coas medidas indicadas no informe preliminar de situación de solos.
4.2. Vixilancia e control ambiental.
-Os depósitos enterrados, de disolventes e/ou carburantes, serán obxecto de probas periódicas de estanquidade por un organismo de control autorizado, con certificación de resultados, segundo a lexislación para este tipo de recipientes. Estes depósitos enterrados deberán estar construídos con parede dobre e dispoñer de tubo de sonda para detección de fugas, ou de cubeto de retención.
-No prazo dun ano desde a obtención da autorización, deberán instalarse detectores de fugas en todos os depósitos enterrados en servizo ou ben realizar o seu traslado á superficie como depósitos aéreos, exceptuando aqueles depósitos que dispoñan de cubeto de retención.
-Os tanques e depósitos de superficie deberán controlarse visualmente co fin de comprobar a súa estanquidade en todas as operacións de carga e descarga e con periodicidade semanal durante as roldas de bombeiros, debendo quedar constancia deste control por medio dun rexistro.
-Considerando as condicións de localización da instalación, dispoñerase dunha rede de control das augas subterráneas que incluirá, polo menos, os piezómetros indicados a continuación:
Punto de
mostraxe
Descrición Localización
(coordenadas UTM)
X Y
P1 Parque de vehículos 521.150 4.672.584
P2 Leste da pista nº 2 521.813 4.673.317
P6 Pista nº 4. Leste 521.782 4.673.025
P7 Sur do taller de vehículos piloto 521.913 4.672.987
P8 NW da sala de mesturas 521.618 4.673.027
P9 Pista nº 4. Centro 521.528 4.673.042
P10 Norte da sala de bombeo 521.609 4.672.948
P11 SW da sala de mesturas 521.595 4.673.003
P12 Entrada norte nave P 521.480 4.673.021
P13 Sur da nave M 521.195 4.672.802
P15 NW da nave Q 521.020 4.672.698
P16 Portaría leste 521.866 4.673.318
P17 Norte da nave M 521.165 4.673.049
P18 Zona de recuperación de chatarra 521.106 4.673.207
P19 Pista nº 2. Centro 521.678 4.673.318
P20 Portaría principal. Norte 521.530 4.673.318
P21 Norte do edificio informática 521.344 4.673.283
P22 NE depuradora 521.244 4.673.253
-Cada piezómetro estará executado conforme estándares recoñecidos e acadarán o nivel do acuífero na área da instalación.
-No primeiro trimestre de 2007 realizarase unha análise inicial da calidade das augas subterráneas en cada piezómetro. Os parámetros que se analizarán serán: nivel freático, pH, condutividade, COT, TPH, fluoruros, cianuros, metais (Al, Ni, As, Cd, Cr, Hg, Pb e Zn), BTEX e AOX. Os resultados desta análise inicial serán remitidos á DXCAA para a súa avaliación.
-De acordo cos resultados da análise inicial, en coordinación coa DXCAA, establecerase un plan de prevención e control dos solos e das augas subterráneas. Este plan definirá a realización de mostraxes cuadrimestrais sobre cinco puntos (piezómetros de referencia) e a relación de parámetros que se controlarán. Para o resto dos piezómetros realizarase un control anual.
-Unha vez concedida a autorización, e durante os dous primeiros anos, a empresa realizará e remitirá, coa periodicidade establecida, a esta DXCAA os resultados das análises efectuadas en cumprimento do disposto nos puntos anteriores. En función dos resultados acadados durante este período, esta dirección xeral poderá modificar en anos posteriores a frecuencia e a relación de parámetros e puntos que se analizarán.
-Se como resultado das análises realizadas se detectasen zonas de solo ou augas contaminadas, estableceranse, de acordo coa DXCAA, criterios de avaliación de riscos e plans de acción para o seu control.
5. Sobre a produción e xestión de residuos.
5.1. Respecto da produción de residuos perigosos.
-Inscríbese ao Centro no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos para os seguintes residuos:
Tipo de residuo LER
Residuos de pintura e verniz que conteñen disolventes orgánicos ou outras substancias perigosas 080111
Lodos de pintura e verniz que conteñen disolventes orgánicos ou outras substancias perigosas 080113
Suspensións acuosas que conteñen pintura ou verniz con disolventes orgánicos ou outras substancias perigosas (disolventes usados) 080119
Residuos de adhesivos e armazóns que conteñen disolventes orgánicos ou outras substancias perigosas 080409
Solucións de revelado de placas de impresión á auga 090102
Solucións de fixación 090104
Ácidos non especificados noutra categoría 110106
Lodos de fosfatación 110108
Outros residuos que conteñen substancias perigosas (lodos auga cataforese, lodos auga de pintura, lodos auga crómica) 110198
Emulsións e disolucións de mecanizado sen halóxenos (labras) 120109
Aceites minerais non clorados de motor, de transmisión mecánica e lubricantes 130205
Lodos de separadores de auga/substancias aceitosas 130502
Outros disolventes e mesturas de disolventes 140603
Envases que conteñen restos de substancias perigosas ou están contaminadas por elas (envases metálicos, envases mixtos, envases plástico) 150110
Absorbentes, materiais de filtración (incluídos os filtros de aceite non especificados noutra categoría), trapos de limpeza e roupas protectoras contaminadas por substancias perigosas (residuos contaminados con hidrocarburos, absorbentes usados) 150202
Filtros de aceite 160107
Compoñentes con mercurio 160108
Tipo de residuo LER
Transformadores e condensadores que conteñen PCB (*) 160209
Gases en recipientes a presión (*) 160504
Baterías de chumbo 160601
Pilas que conteñen mercurio 160603
Residuos que conteñen hidrocarburos 160708
Residuos cuxa recollida e eliminación é obxecto de requisitos especiais para previr infeccións // 180103
Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio // 200121
Equipos eléctricos e electrónicos desbotados, distintos dos especificados nos códigos 200121, 200123, que conteñen compoñentes perigosos. // 200135
(*) Produción ocasional ata a eliminación total en cumprimento do Real decreto 228/2006, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 1378/1999, do 27 de agosto, polo que se establecen medidas para a eliminación e xestión dos policlorobifenilos, policloroterfenilos e aparellos que os conteñan e eliminación de equipamentos e instalacións C.I. de halón antes do 31-12-2003.
- En todo momento deberá cumprir as prescricións que sobre residuos perigosos se establecen na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos; no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento de execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos; no Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, polo que se modifica o regulamento para a execución da Lei 20/1986 e no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, así como en cantas disposicións fosen ditadas ou se diten na Administración do Estado e na Administración da Xunta de Galicia en materia de residuos. En particular, terá que:
* Cumprir as normas técnicas vixentes relativas ao envase, etiquetaxe e almacenamento de residuos perigosos.
* Entregar os residuos producidos a un xestor de residuos autorizado.
* Levar un rexistro en que conste a cantidade, a orixe, a natureza, o código de identificación, os métodos, os lugares de tratamento e a data de xeración e cesión dos residuos (de acordo co disposto no artigo 17 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, e no artigo único, punto 1, do Real decreto 952/1997, do 20 de xuño).
* Rexistrar e arquivar os documentos de aceptación dos residuos, xunto cos exemplares do documento de control e seguimento da orixe e destino dos residuos, durante un tempo non inferior a cinco anos, de acordo cos artigos 16.2º e 16.3º do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.
* Cumprir as obrigas que se derivan do disposto nos artigos 20, 21 e 41 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, sobre admisión, notificación de traslado de residuos perigosos e documentos de control e seguimento.
* Formalizar unha declaración anual de actividades e presentala antes do 1 de marzo segundo o modelo oficial na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, conforme o establecido no artigo 18 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.
* Presentar cada catro anos un estudo de minimización de acordo co contido establecido na Orde do 11 de maio de 2001.
* Almacenar os residuos por un período máximo de seis meses. Este tempo computarase a partir do momento en que o contedor estea cheo, sempre que se trate de contedores axeitados que permitan o seu pechamento e precintaxe unha vez cheos.
5.2. Respecto á produción e xestión de residuos en xeral.
- Calquera modificación relativa á xestión dos residuos, en canto ás operacións de produción autorizadas, deberá ser comunicada a esta DXCAA para a súa aprobación.
- Os residuos entregaranse a xestores autorizados e inscritos no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Priorizarase a entrega a xestores que realicen operacións de valorización e que se atopen máis preto á planta.
- Os residuos urbanos entregaranse ao Concello ou empresa adxudicataria da xestión de residuos municipais nas condicións fixadas nas correspondentes ordenanzas. No caso que a entidade local xustificadamente obrigue á xestión de algún tipo de residuo desta natureza á empresa, esta xestionaraos a través de xestores autorizados de residuos sólidos urbanos.
- Anualmente xunto coas preceptivas memorias anuais como produtor de residuos presentarase un balance das actuacións de minimización, que cuantifique e avalíe as medidas de redución levadas a cabo e propostas nos estudos de minimización en vigor. Ademais acreditará o correcto estado dos almacenamentos, en especial os dos residuos perigosos. No dito plan figurará, así mesmo, un estudo e medidas de minimización sobre os envases e embalaxes das materias primas e produtos auxiliares.
- O período de almacenamento dos residuos non perigosos non superará un ano cando o seu destino final sexa a eliminación ou dous anos cando o dito tratamento sexa valorización.
- Os traslados dos residuos realizaranse mediante empresas transportistas inscritas no rexistro para o efecto. No caso concreto dos residuos perigosos realizaranse do xeito indicado no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos.
- No caso de executar obras de reforma nas instalacións, e en todo caso na fase de desmantelamento do Centro, a empresa solicitará a inscrición como produtor de residuos da construción e demolición, segundo se establece no Decreto 174/2005, do 9 de xuño.
6. Medidas que se adoptarán en situacións de funcionamento anormais.
- Con carácter xeral, de detectárense anomalías no funcionamento do Centro que deriven no incumprimento das condicións impostas nesta autorización procederase á determinación inmediata da orixe do problema e á súa corrección, acreditando perante a DXCAA que se adoptaron as medidas axeitadas para emendar as causas que o motivaron. No caso de persistir, paralizarase a actividade causante da anomalía.
- Se esta anomalía produce unha situación de emerxencia ou de risco inminente de producirse unha vertedura inusitada, comunicarase automaticamente ao Concello de Vigo tal circunstancia co fin de que adopte as medidas oportunas de protección das instalacións públicas e dos medios receptores. Seguidamente remitirase ao Concello un informe detallado en que se conterán os seguintes datos:
* Características físico-químicas da vertedura.
* Volume da vertedura.
* Duración.
* Lugar da descarga.
* Causas que a orixinaron.
* Medidas adoptadas e correccións para evitar a súa reprodución no futuro.
- Se estas anomalías implican riscos para a saúde das persoas ou poden prexudicar gravemente o equilibrio dos sistemas naturais, suspenderase inmediatamente a actividade, quedando obrigado a comunicalo a Protección Civil da Provincia. En todo caso, as incidencias serán comunicadas inmediatamente a esta dirección xeral.
- Todo o anterior sen prexuízo das responsabilidades en que poida incorrer.
7. Condicións adicionais.
- Proponse manter unha análise continuada da implantación de MTD, tanto das aplicables directamente ao sector como das aplicables aos procesos auxiliares.
- Salvo indicación expresa noutro sentido, as mostraxes, cadea de custodia e análises serán realizadas por organismos de control autorizados ou entidades homologadas seguindo a metodoloxía establecida en normas EN, UNE-EN, ou UNE; e en ausencia destas, conforme normas internacionais ou nacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalente.
- Os resultados da totalidade dos controis serán arquivados no Centro e mantidos durante un período mínimo de cinco (5) anos a partir do final do ano de referencia de que se trate, debendo facilitarllos á Administración en caso de que esta os requira.
- A información de seguimento que se solicita nesta resolución:
* Presentarase ante esta DXCAA un (1) exemplar do documento en papel e catro (4) exemplares en CD.
* Os documentos que se presenten deberán vir asinados polos técnicos competentes responsables da súa elaboración.
* Os exemplares que se presenten en CD deberán ter unha estrutura que permita unha lectura congruente da información.
* Todos os documentos estarán correctamente identificados incluíndo, se fose o caso, o número de revisión que corresponda, e indicando sempre a súa data de elaboración.
* Como os exemplares en CD deben conter a mesma información que os exemplares en papel, ambos deberán identificarse cos mesmos títulos debendo ser a única diferenza o formato en que se presentan.
Ademais presentarase, tomando como inicio o ano 2007 e no primeiro trimestre de cada ano, un estudo resumo con toda a información sobre o control operacional dos aspectos ambientais do Centro definidos nesta AAI, conxuntamente cunha memoria de todas as modificacións non substanciais realizadas no ano obxecto do informe, que incluirá unha análise de MTD.
- O cumprimento das condicións desta resolución non exime o titular da actividade que se autoriza da posible responsabilidade civil, penal ou administrativa polos danos que poidan causar as súas emisións ao medio.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

| NOME DO DOCUMENTO | TÍTULO | DESCARGAR | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |