RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Diario Oficial de Galicia, 29-03-2021, Núm. 59
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal
Obxecto
Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución e proceder á convocatoria para a anualidade 2021.
Prazo
Rematará o 30 de xuño de 2021.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Res 16-03-2021 renove electro_gl.pdf galego
Res 16-03-21 renove electro_es.pdf castelán
Ex Res 16-03-2021 renove electro_es.pdf castelán
Res 16-03-2021 renove electro_gl.pdf galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles