Resolución do 15 de xullo de 2005, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de construción dun punto limpo no concello de Ponteareas (Pontevedra) (cofinanciada con fondos Feder).

Diario Oficial de Galicia, 22-07-2005, Núm. 141, Páx. 13164
Resolución do 15 de xullo de 2005, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de construción dun punto limpo no concello de Ponteareas (Pontevedra) (cofinanciada con fondos Feder). 1. Entidade adxudicadora. 1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente. 1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral. 2. Obxecto do contrato. 2.1. Descrición do obxecto: obra de construción dun punto limpo no concello de Ponteareas (Pontevedra) (expediente: 326). 2.2. Prazo de execución: 3 meses. 3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. 3.1. Tramitación: ordinaria. 3.2. Procedemento: aberto. 3.3. Forma: concurso público. 4. Orzamento base de licitación: cento oitenta e oito mil trescentos nove euros con noventa e dous céntimos (188.309,92). 5. Garantía provisional: non se exixe. 6. Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría c. 7. Documentación e información. 7.1. Documentación: Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán estas contratacións estarán á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38). Tamén se poderán obter os pregos relativos a estas contratacións a través da internet no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=5786 Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.cma*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan: -No punto Asunto: obxecto do prego. -Nome da empresa. -Nº de teléfono. 7.2. Información. Teléfono: 981 54 17 49. 8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación. 8.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse, en días e horas hábiles, no prazo máximo de 26 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte. 8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 3.3. dos pregos de cláusulas administrativas particulares. 8.3. Lugar de presentación: a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente. b) Enderezo: San Lázaro, s/n. c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781. d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax 981 54 17 50 no mesmo día. 9. Apertura das ofertas. A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora. 10. Gastos do anuncio: pola conta dos adxudicatarios. Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2005. Justo de Benito Basanta Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
MEDIO AMBIENTE XERAL
CONTAMINACIÓN

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
galego.pdf Galego
castelan.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles