Diario Oficial de Galicia, 28-07-2025, Núm. 142, Páx. 41675
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
As empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.
Obxecto
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos individuais nos cales unha empresa aborda medidas de impacto nos factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza), especificamente deseñadas ou desenvolvidas para o seu ámbito de actividade, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e a implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, para acadar reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía, e diminucións na xeración de subprodutos ou refugallos, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso noutros procesos produtivos, e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organizacións.
Prazo
Rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
